Creando cristais

 

 

Unha ds actividades que fixo o alumnado de secundaria do Club de Ciencias, foi a creación de cristais. Previamente fixemos un estudo sobre en que consistía a cristalización e cales eran as condiciones idóneas para que se formen os mellores cristais.

Comezamos facendo unha disolución sturada de dihidroxenofosfato de amonio, para o cal tivemos que controlar mediante un termómetro que a auga adquirise a temperatura adecuada. Para que os cristais adquirisen unha coloración, engadimos colorante alimentario. Foron os mesmos alumnos os cales partindo das cores de qeu dispoñiamos (amarelo, azul e vermello) crearon as tonalidades deseadas. Tamén engadimos papel de alumninio á disolución para que logo favorezan a cristalización.

Unha vez feita a disolución, vertimos o contido no interior dun taper cuadrado, en cuxo fondo colocamos previamente un cristal pequeno, creado con anterioridade, para que actuase como núcleo de cristalización. Por último, puxemos o taper con moito coidado no interior de un recipiente de porospan co obxecto de ralentizar o enfriamento, e polo tanto o proceso de cristalización, o máximo posible para así poder obter cristais o mellor formados posible.

O resultado e digno das vitrinas dos mellores museos do mundo!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer