Ciencias Naturais

Programación didáctica curso 2022-23

A programación didáctica do departamento de Ciencias Naturais correspondente ao curso 2022-23 achégase no documento adxunto.

Programacións didácticas do Departamento de Ciencias Naturais 21-22

As programacións didácticas do departamento achéganse no ficheiro adxunto.

O NOSO ALUMNADO CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

O noso alumnado de ESO participaou nunha declaración internacional, para concienciar sobre o esgotamento do planeta , a súa repercusión no cambio climático e as súas consecuencias.

Deixamos aqui o vídeo onde está o manifesto.

 

https://www.facebook.com/climanticaoficial/videos/2450736868544625/

En hora boa polo premio de Climántica!

As alumnas Martina Fuentes Morono e Ona Tobaruela Multó asistirán do 3 ao 7 de Setembro a un Campamento Xuvenil Internacional que terá lugar no CENEAM (Centro Nacional de Educación Ambiental),situado en Valsaín (Segovia) e dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Este campamento, no que ademáis estarán acompañadas por participantes doutras nacionalidades e polo profesor coordinador do proxecto, foi o resultado de seren premiadas  no Congreso Virtual Internacional "Climántica 2015". En concreto o traballo que resultou premiado titúlase "Telexornal Medioambiente" no cal facendo uso de técnicas de "stop motion" abordaron diversos problemas relacionados co medioambiente, tratando ao mesmo tempo de concienciar   á cidadanía sobre distintos aspectos que afectan a conservación da natureza. A calidade dos traballos premiados foi excelente, tal e como quedou reflexado nos medios de comunicación.

Tamén queremos facer unha mención aos outros participantes, como Sabela, Ainara y Lucia, que ainda que non acadaron ningún premio nesta convocatoria, deixaron constancia da súa dedicación nos magníficos proxectos que realizaron.

                                      

Alumnado de 1º e 2º da ESO asiste ao 1º Congreso "Escolas en Acción. Rede Natura 2000" organizado polo CEIDA

 Un ano máis o CPI dos Dices participou no congreso de medio ambiente organizado polo CEIDA co proxecto titulado "O Espazo do Vilán. Unha Xoia na Rede Natura" no cal estiveron traballando ao longo do curso. O congreso celebrouse o 5 de xuño na Cidade da Cultura, coincidindo co dia mundial do medio ambiente, e a él asistiron  para presentar os seus proxectos estudantes dunha decena de centros galegos. No vídeo da actividade podedes ver o desenvolvemento do congreso así como a brillante exposición que fixeron os nosos alumnos do traballo.

Encontros Oceantica

Asistencia dos alumnos de 1º e 2º de ESO do CPPI dos Dices aos Encontros Oceántica celebrados en Vigo en Oct-2013.

 

Mariña e os descartes

Traballo sobre o problema do arrastre e os descartes feito por dúas alumnas do CPI dos Dices de 1º da ESO, para presentalo no congreso OCEANTICA 2014.

 

Congreso Oceántica 2014

Video de presentración do CPI dos Dices e os traballos e as concursantes que se presentaron ao congreso Oceántica 2014

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer