Plástica e Visual

CANLE DEFINITIVO DE COMUNICACIÓN DO DPTO. DEBUXO

A partir do 1 de Abril creáronse unhas Google Class para os tres grupos de alumnos que cursan a materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual.

Nesa canle atópanse explicados os traballos que se tiveron e conta para a nota da 2ª avaliación de cada curso. 

As notas da 2ª avaliación son provisionais, todo o alumnado que lle quedou pendente enviar traballos, pode facelo ata finais de Maio de 2020. Tanto para recuperar unha mala nota como para subir a nota.

O alumnado pode poñerse en contacto coa profesora a través das Google class ou empregando o seguinte correo: suenrois@hotmail.com

Polo momento, non se vai colgar mais información nesta canle.

 

ACLARACIÓN TRABALLO 2ª AVALIACIÓN

ACLARACIÓN TRABALLO 2ª AVALIACIÓN NO ARQUIVO ADXUNTO

TRABALLO DE PLASTICA E VISUAL PARA O TEMPO DE ALARMA

ORGANIZACIÓN DO TRABALLO E ENTREGAS DURANTE O ESTADO DE ALARMA.

 

1º ESO:

1- A entrega dos traballos “Circulo Cromático de 6 cores”, “Xeometría 9” e “Xeometría 10”, se fará do seguinte xeito: Se lle fai unha foto a cada traballo (incluido a parte de atrás co nome), e se envían ao correo electrónico seguinte: “suenrois@hotmail.com”, indicando o nome do alumno, o curso e o traballo que se está a enviar. Estes tres traballos teñen que correxirse para a nota desta avaliación.

 2- O exame que se ía facer, deberán preparalo nestas dúas semanas coas fotocopias que se lles entregou e o libro dixital. Este exame non entrará nesta evaluación, pero se fará en canto se reanuden as clases.

 3- Co Bloc poderase facer o mesmo que cos traballos: Se lle fai unha foto a cada traballo , e se envían adxuntos nunha mesma mensaxe ao correo electrónico seguinte: “suenrois@hotmail.com”, indicando o nome do alumno, o curso e que se trata do BLOC. Estes exercicios son 5:

-Composición cos tipos de liñas e pintada con acuarelas

-Descripción da foto persoal.

-Rosetón de 6 circulos.

-Trenzas feitas na cuadricula

-Simetría feita na folla da cuadrícula

 

4- O exercicio que se ía traballar a próxima semana, o “círculo cromático de 12 cores” con témperas, traballarase na casa, seguindo as instruccións que se colgarán na canle de video do centro nos vindeiros dias.

 

3º ESO:

1- A entrega dos traballos, “Man realista” e “Comic” se fará do seguinte xeito: Se lle fai unha foto a cada traballo (incluido a parte de atrás co nome), e se envían ao correo electrónico seguinte: “suenrois@hotmail.com”, indicando o nome do alumno, o curso e o traballo que se está a enviar. Estes dous traballos teñen que correxirse para a nota desta avaliación.

 

2- O traballo da “descripcion obxectiva do cadro” se rematará na casa, pero polo de agora non se inclue para entregar nesta avaliación. Se entregará en canto se reanuden as clases.

 

3- O traballo da explicación do cadro estilo “Pollock” que se fixo no taier colectivo, e que se tiña que facer en formato dixital, se algúen non o entregou, pode envialo ao mesmo correo electrónico.

 

4- O exame que se ía facer, deberán preparalo igual, co libro de texto que se lle prestou a cada alumno e alumna, e coas instruccións que se deron na clase. Este exame non entrará nesta evaluación, pero se fará en canto se reanuden as clases.

 

5- Co Bloc poderase facer o mesmo que cos traballos: Se lle fai unha foto a cada traballo , e se envían adxuntos nunha mesma mensaxe ao correo electrónico seguinte: “suenrois@hotmail.com”, indicando o nome do alumno, o curso e que se trata do BLOC. Estes exercicios son:

PARA 3ºA:

-Debuxos de movemento

-Distorsión

-Cadaver exquisito

PARA 3º B:

-Montañas

-Debuxos de movemento

-Distorsión (SE colgará en el canal de video del colegio un video explicativo. Este traballo quedou pendente de facer neste grupo)

-Cadaver exquisito

 

6- O exercicio dos fogos que se comezou o último día non se fará na casa, por non ter repartido o material.

 

7- Para o seguinte exercicio práctico, se prepará un video explicativo durante a vindeira semana, e posiblemente estea colgado no canle de video do colexio para o luns 23.

 

 4º ESO

1- O exercicio do logotipo se pospón o seu remate ata que se reanuden as clases.

 

2- O traballo de “análise de encuadres no cine” rematarano cada alumno na súa casa, no formato que desexe: ou ben fai unha grabación coa sua voz (non a imaxe) e as imaxes en movemento que seleccionou, ou ben prepara un documento escrito con imaxes (con procesador de texto ou presentacion), e se envía á dirección de correo electrónico: “suenrois@hotmail.com” . De facer un documento escrito, e recomendable que se envíe un pdf, para evitar os problemas de compatibilidade de formatos. Tamén haberá que vixiar o peso do documento, pois o email ten un límite por mensaxe-

Este traballo hai que envialo antes do martes 24 de marzo para que poda ser correxido.

 

3- Os traballos anteriores xa deberían estar todos entregados. Se algén no entregou algo, poderase facer unha foto de cada traballo, e enviala ao correo electrónico seguinte: “suenrois@hotmail.com”, indicando o nome do alumno, o curso e o traballo que se está a enviar. Recordando as penalizacións existentes polos retrasos.

 

 PARA TODO O ALUMNADO

Calquera pregunta e dúbida sobre algún traballo, pódese consultar na dirección de correo electrónico indicada, que se revisará todos os días lectivos polas mañanas.

 

Se recomenda estar atentos a esta paxina web, por si nunha semana hai novedades con respecto as canles de comunicación.

 

Tendo en conta as isntruccións dadas polo goberno, non se plantexa, en principio a posibilidade de que as familias leven os traballos ao centro.

NOVA PAXINA DEPTO. DEBUXO

O Departartamento de Debuxo crea no curso escolar 2018-19 unha canle de información para mostrar as creacións artísticas do alumnado do noso colexio e informar de todas aquelas manifestacións artísticas que sexan de interese:

trátase dunha páxina en facebook: A illa das Musas. CPI dos Dices

(https://www.facebook.com/A-illa-das-Musas-CPI-dos-Dices-372162806646740/?modal=admin_todo_tour)

ACTION PAINTING DIA 4

Hoxe volveron a estar traballando na nosa pintura colaborativa o equipo de Nerea, Paola e Victoria.

Nas sesións anteriores os equipos estiveron botando pintura e movendo o lienzo para que a cor fora ocupando o espacio baleiro.

Nesta sesión comezamos a traballar no proceso de texturizar o noso cadro. Para iso estivemoslle botando area de cuarzo coloreada e diversas masillas de relieve, empregando coma utensilios culleres, garfos e coitelos.

O resultado foi o seguinte:

ACTION PAINTING DIA 3

Hoxe luns estiveron traballando na nosa pintura colaborativa Eva, Andrea, Samuel e Alejandro. e pasáronno moi ben!Risa

EXPOSICIÓN TRABALLOS FOTOGRAFÍA 4º ESO - CURSO 2014-15

O Alumnado de Plástica estivo traballando durante o segundo trimestre coa fotografía. 

Tiveron que facer unha distorsión do seu retrato, e tiveron que poñer imaxes a unha canción da súa elección. Os resultado de ambos exercición foron moi bos.

Aquí van unhas imaxes da exposición cos seus traballos.

TRABALLO COLABORATIVO EN DODRO

Ainda que non e algo feito no noso centro, quero mostrar aqui un exemplo do que eu considero un traballo colaborativo entre departamentos e feito exclusivamente polos alumnos. Un video do alumnado do cppi de dodro.

disfrutadeo

 

https://youtu.be/LUj0kZzFWpY

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer