Comedor Escolar

AVISO ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA COMO COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS/AS DO COMEDOR ESCOLAR AO LONGO DO CURSO 2020/21.

 As nais, os pais, os/as titores/as legais do alumnado escolarizado neste centro e que desexen colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, ao longo do curso 2020-2021, poderán solicitar a súa participación:

    • Cubrindo o modelo persoalmente no centro, para o que deberá solicitar cita previa no teléfono 881866890. 

    • Ou descargando o modelo directamente da Web e enviándoo cuberto ao email   comedordosdices@gmail.com

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 11 de setembro de 2020, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso ata o 21 de decembro de 2020.

 Durante o curso escolar 2020-2021 só se contará coa colaboración das persoas que presentasen a solicitude nos prazos sinalados.

PAGO TELEMÁTICO COMEDOR

No documento adxunto están os pasos e instruccións para facer o pago

telemáticamente.

PROTOCOLO COMEDOR 2019 -2020

PUBLÍCASE O PROTOCOLO DE COMEDOR, APROBADO POLO CONSELLO ESCOLAR CELEBRADO O DÍA 1 DE OUTUBRO 2019

COMEDOR ESCOLAR

 

Estimadas familias, de novo reiteramos a vosa colaboración, xa que seguimos precisando de máis colaboradores/as para o comedor escolar.

O prozo para presentar solicitudes está aberto ata o vindeiro 11 de setembro. Esperamos a vosa participación.

Grazas.

A dirección

 

 

AUTODECLARACIÓN PARA O COMEDOR

Todas as familias que acadaron praza para o comedor escolar para o vindeiro  curso 2019/20 deberán cubrir o anexo de autodeclaración e entregalo no centro antes do 11/09/2019.

Prema no arquivo adxunto para descargar o anexo de autodeclaración. Tamén pode recollelo na secretaría do centro en horario de 9.00 a 13:30 dende o 2 de setembro de 2019.

LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS NO COMEDOR 2019 - 2020

Listas de provisionais de comensais admitidos no comedor para o curso 2019 - 2020.

Subsanado o erro de 4º da Eso

O prazo para presentar reclamación rematará o martes 23 de xullo de 2019

Colaboradores Comedor

No seguinte arquivo faise publico a solicitude de colaboradores para o comedor escolar para o curso 2019 - 2020

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer