Actividades

DÍA DE ROSALÍA - 2024

No CPI dos Dices comezamos as preparacións para celebrar o Día de Rosalía 2024. O alumnado da ESO está a organizar o mural de exposición que, durante a semana que vén, encheremos con poemas, debuxos, gravados...

Atentos/as ás colaboracións das distintas aulas e grupos!

 

   

 A continuación, podedes ver dous vídeo onde o alumnado de 1º da ESO colabora no Día de Rosalía colgando camelias decoradas e poemas da autora.

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidosdices/system/files/VID20240220121929.mp4

 http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidosdices/system/files/VID20240220132537.mp4

 

Así é como vai quedando o noso mural do Día de Rosalia:

 

 

 

 

O día 20 de abril un grupo de profesoras e profesores do CPI dos Dices e do CEIP Pumar.Urdilde, así como dous representantes do concello de Rois, visitamos a Casa Museo de Rosalía. Estivemos acompañados do escritor e profesor Manuel Lorenzo Baleirón que nos contou aspectos da vida da autora e mais da súa familia. 

A continuación, realizamos parte da ruta "Rosalía nos camiños", que transcorre polos concellos de Rois, Dodro e Padrón. Foi unha xornada ben proveitosa!

 

CLUB DE DEBATE

O 29 de xaneiro varios alumnos e alumnas de 4º da ESO de Oratoria asistiron, na Fundación Barrié de la Maza (A Coruña), ao TDAG (Torneo Debate Académico de Galicia) contra institutos de toda Galicia. 

O 17 de xaneiro, varios alumnos e alumnas asistiron á primeira xornada do Club de Debate, un proxecto de dinamización lingüística organizado por distintos concellos da zona.

Neste caso, foi o noso concello, Rois, o anfitrión e alá nos reunimos, no Multiúsos, rapaces e rapazas de Carballo, Teo, Santiago, Val do Dubra, Ames... para debater sobre un tema proposto.

Velaquí algunhas fotos dos nosos partipantes (e acompañantes).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Por fin, o día 27 de febreiro, celebramos na localidade de Santa Comba a 1ª fase previa do Club de Debate, fase xa eliminatoria. Ao noso centro tocoulle debater co CPR Calasancio de Pontevedra e mais co IES Camilo José Cela de Padrón. Foi unha actividade moi dinámica onde o equipo dos Dices demostrou a súa soltura e habilidade para debater, refutar e contrastar ideas con outros compañeiros e compañeiras. 

Aínda que non pasamos esta fase clasficatoria, si quedamos nun moi honroso 3º posto, a só 6 puntos do 2º clasificado (conseguimos 248 puntos) e demostrando que o centro CPI dos Dices pode medirse con calquera outro centro da contorna. 

Moitísimos parabéns para o alumnado de 3º e 4º da ESO que participou!

 

 

Nas seguintes fotos podedes comprobar o equipo en acción: 

    

A continuación, uns vídeos coas intervencións dos compañeiros e compañeiras: 

 

 https://youtu.be/fr3RDwTAQhw?si=Co-v645Od86sSYup

 

I CONCURSO DE CARTAS DE AMOR E DE AMIZADE

O EDLG convoca este ano o I Concurso de Cartas de Amor e de Amizade, para conmemorar o Día da Candeloria ou, segundo a tradición popular, o día no que casan os paxariños.

Pode participar todo o alumnado do centro, ademais do profesorado e persoal non docente, e valoraranse aquelas cartas que sexan orixinais, divertidas, emocionantes e nunca vistas!

Animádevos a participar, porque, ademais dos premios, é posible que recibades unha carta do voso admirador ou admiradora, amigo ou amiga, namorado ou namorada...

 

Xa está o alumnado decorando o cartel: 

 

 Estas son as cartas que enviastes nestas dúas semanas que había de prazo. A morea máis grande corresponde ao alumnado de Secundaria, pero as demais tamén quedaron bastante cumpridas.

Estade atentos/as porque nos próximos días serán entregadas aos destinatarios/as!

Hoxe, 1 de febreiro, véspera da Candeloria, entregamos as cartas de amor e amizade do alumnado de Secundaria. Moitas grazas a todos e todas os que escribistes as cartas demostrando a vosa especial estima a eses compañeiros e compañeiras cos que compartides tantas vivencias no centro. 

 Por fin chegou o día de entregar os premios! Coincidindo coa colebración do Entroido, o 9 de febreiro, soubéronse os gañadores e gañadoras.

Na categoría de Infantil, toda a clase foi premiada e recibiu un diploma e un agasallo. Na categoría de Primaria e Secundaria, as gañadoras foron dúas alumnas e recibiron cadanseu diploma e cadanseu vale para gastar en libros e/ou material escolar na libraría; e na cateoría de Profesorado e persoal non docente, a gañadora foi a nosa compañeira Fe. Moitos parabéns a todas!

ENTREGA DE PREMIOS DE EXPOSICIÓN ORAL

O día 23 de novembro entregamos os premios de exposición oral, nos que resultaron gañadores 5 alumnos e alumnas de Secundaria. 

O acto celebrouse na entrada do edificio de Secundaria e os diplomas e os premios foron entregados polo director do centro a cada un dos premiados e premiada. 

Moitos parabéns!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer