Novas

Publicación das listaxes definitivas de solicitudes na participación no fondo solidario de libros de texto


A listaxe cos libros concedidos ao alumnado pode consultarse no taboleiro de anuncios.

Por outra banda, as familias beneficiarias dos vales de axuda para a adquisición de libros e/ou material escolar poden pasar polo centro a recollelos en horario de 9:00h a 13:00h.

Apertura do prazo de solicitude para participar no Fondo Solidario de adquisición de libros de texto e material escolar curso 24-25

O martes 21 de maio de 2024 abre o prazo de solicitude para participar no Fondo Solidario de adquisición de libros de texto e material escolar curso 24-25. Para acceder a toda a información relativa ao procedemento hai que facer clic na seguinte imaxe ou pode consultar o taboleiro de anuncios no centro:

Publicación da resolución das solicitudes de admisión para o curso 2024-2025

Infórmase de que está publicada no taboleiro de anuncios do centro a resolución das solicitudes de admisión para o curso 2024-2025.

Aberto o prazo para Solicita Bolsas MEC

Infórmase á comunidade educativa da apertura do prazo para solicitar bolsas MEC. O prazo de presentación de solictudes vai do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares)

Para obter información sobre os detalles de como facer a solicitude fai clic na seguinte imaxe

 

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS

Reservas admitidas para o curso 2024-2025 de alumnado procente de centros adscritos.

Todas as solicitudes presentadas no noso centro para o vindeiro curso escolar foron admitidas. A listaxe poden consultala no taboleiro de anuncios do centro.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer