Novas

Publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido nestre centro para o curso 2023-2024

  Hoxe, 25 de abril de 2023, publicouse a lista provisional de alumnado admitido neste centro para o vindeiro curso 2023-2024.

  Todas aquelas persoas interesadas neste procedemento, poden consultar estas listaxes no taboleiro de anuncios (interior) do centro e na aplicación “admisionalumnado” da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

  Contra esta listaxe poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o Consello Escolar.

 Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 881866890, de 09:00 a 14:00 e de luns a venres.

AVISO IMPORTANTE PARA O ALUMNADO DE 4º ESO

Está aberto ata o 17 de maio o prazo para a solicitude de bolsas para cursar estudos postobrigatorios (Bacharelato e Ciclos Formativos). Toda a información pode consultarse no seguinte enlace:

 

Becas y ayudas a alumnos de niveles postobligatorios (Curso 2023-2024) | Ministerio de Educación y Formación Profesional (educacionyfp.gob.es)

 

Publicación da listaxe definitiva do alumnado con posto reservado para o curso 2023/24

O número de postos dispoñibles no centro é suficiente para atender a todas as solicitudes de reserva de praza de centros adscritos, polo que todas as persoas solicitantes dispoñen de posto reservado para o curso 2023/24.

Pode consultarse a listaxe publicada no taboleiro de anuncios do centro.

 

Reserva de praza para centros de Adscrición

Entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro de 2023, ámbolos dous incluídos, todo o alumnado que así o desexe, poderá presentar solicitude de reserva de praza para o curso 2023-2024, para o IES Macías o Namorado de Padrón, centro ao que está adscrito este colexio.

Toda a información: lexislación, prazos, tramitación, modelos de impresos, etc., esta a disposición dos interesados no seguinte enlace:

Procedemento ED550A sede electrónica

Para calquera dúbida, poderán chamar a este colexio 881.866.890, entre as 09:00 e as 14 horas, de luns a venres.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer