Plástica e Visual
Programación didáctica curso 2022-23
A programación didáctica do departamento de Debuxo dos cursos LOMCE correspondente ao curso 2022-23 achégase no
documento adxunto.
DESPEDIDA DA XEFA DO DEPARTAMENTO
Despois de levar 21 años neste centro educativo, deixo o CPI dos Dices con gran tristeza e con gran alegría.
Alegría, porque os cambios son necesarios na vida das persoas, e 21 anos, son moitos anos.
E tristeza, porque foron moitos os bos momentos vividos coas compañeiras e compañeiros, e sobre todo, coas alumnas e cos alumnos.
Coido que moitas veces, en lugar de ser eu a profesora, foron as miñas alumnas e alumnos quenes me ensinaron a min. E eses aprendizaxes, foron os mais importantes, porque fixeron de min mellor persoa e mellor docente.
De pequena, non tiña ningunha intención de dedicarme a esta profesión. Despois de tantos anos, estou convencida que non a cambiaría por nada. Esta experiencia fixome crecer e deume moitas satisfaccións.
Botareivos moito de menos.
Unha aperta moi grande.
Susana R. A.
CONTRATO PROGRAMA 2021-2022
Ao longo deste curso, o alumnado que participou voluntariamente no Contrato Programa Innova, realizou varios obradoiros sobre creación Audiovisual, que lles dotaron de ferramentas para abordar o diseño de guión, rodaxe e edición de documentos audiovisuais.
Para a práctica desta formación, o alumnado colaborou co Club de Lectura de Banda Deseñada "A Banda do BD", realizando diversos documentos audiovisuais nos que os participantes no Club de Lectura de BD, recoméndannos as súas lecturas.
Aqui temos os enlaces aos documentos:
CONTRATO PROGRAMA 2020-21
Ao longo do curso 2020-21, un grupo de alumnas de 3º ESO participou voluntariamente durante todo o curso nun proxecto de investigación sobre o 8 de Marzo, durante o cal realizaron multitude de tarefas.
Froito dos seu intenso traballo, acabamos de editar este curso 2021-22 o vídeo resultado do seu proceso de investigación .
Este vídeo está accesible na seguinte enlace:
Con este vídeo participamos no concurso de videcreaión artística escolar "OLLOBOI 2022"
PERFORMANCE E INSTALACIÓN CO MOTIVO DO 25-N
Para conmemorar o día contra a violencia de xénero, coma ven sendo tradición, o Dpto. de Debuxo realizou unha actividade con todo o alumnado da ESO que cursa a materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual
Nesta ocasion, e debido as restriccións froito da normativa Covid, realizouse unha instalación no patio do colexio na que todas e todos puxeron o seu gran de area.
O resultado desta actividade artística e reivindicativa pode verse no seguinte enlace a nosa canle de vídeo:
Tamén pódense ver outras perfomances feitas polo departamento en anos anteriores nos seguintes enlaces:
CURSO 2020-21:
CURSO 2019-20:
CURSO 2018-19: