Plástica e Visual
OBRADOIRO DE LAND ART
O alumnado de 1º ESO A e B disfrutaron este curso dunha nova actividade: visitamos o obradoiro do escultor Camilo Seira, quen explicounos o seu proceso creativo.
Despois de facer unha actividade de creación de texturas naturais co método do frottage, realizamos un obradoiro de Land-Art.
O resutado da experiencia queda documentado no seguinte enlace:
ACTION PAINTING 2021-22
Esta actividade realizase todos os anos co alumnado de 3º e 4º da ESO.
Neste vídeo pódese ver o que fixo o alumnado neste curso:
Visita fundación ABANCA
Enviado por Susana o Xov, 2021-12-30 18:03Os pasados 16 e 17 de Decembro de 2021, o alumnado de 1º e 3º da ESO da Materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, acudiron a Santiago para realizar dúas actividades:
Por unha banda, todos visitaron a exposición sobre "Mulleres da Vangarda" na Fundación ABANCA.
Despois, 1º ESO fixo unha gymcana artístico-xeométrica polas rúas da cidade vella.
Co alumnado de 3º ESO estivemos pola Alameda sacando fotos e aprendendo a identificar e realizar os diferentes planos e angulacións fotográficas.
Aquí deixo o enlace do vídeo da xornada no Museo:
Programacións didácticas do Departamento de Educación Plástica e Visual 21-22
As programacións didácticas do departamento achéganse no ficheiro adxunto.