blogue deSusana

Visita fundación ABANCA

Os pasados 16 e 17 de Decembro de 2021, o alumnado de 1º e 3º da ESO da Materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, acudiron a Santiago para realizar dúas actividades:

Por unha banda, todos visitaron a exposición sobre "Mulleres da Vangarda" na Fundación ABANCA.

Despois, 1º ESO fixo unha gymcana artístico-xeométrica polas rúas da cidade vella.

Co alumnado de 3º ESO estivemos pola Alameda sacando fotos e aprendendo a identificar e realizar os diferentes planos e angulacións fotográficas.

Aquí deixo o enlace do vídeo da xornada no Museo:

https://youtu.be/wrClFZWxcYQ

 

 

RESULTADO 1º CONCURSO VIRTUAL DE DISFRACES

O xurado reuniuse a deliberar o pasado venres 25 de febreiro. As votacións foron moi complicadas, pois era dificil elexir gañadores na categoría de individual temática a auga, xa que había moita calidade e orixinalidade, tanto en alumnado de infantil coma de primaria.

Ao final, o xurado acordou que non podía determinar qué disfraz era mellor que os demais, e polo tanto, decidíu valorar e premiar o enorme esforzo que todas as familias fixeron para crear os seus disfraces co que tiñan nas casas. Con este veredicto, todas e todos os participantes neste concurso levarán un premio, acorde coas edades dos participantes. Os premios entregaránse ao final do trimestre.

Moitas grazas a todas e todos por participar!

 

VOTACIÓN 1º CONCURSO VIRTUAL DE CABAZAS:

Xa temos o resultado do 1º concurso virtual de cabazas!!!

Antes de nada, dar as grazas a todas as familias participantes, pola gran calidade das cabazas presentadas: vese moito traballo e moita orixinalidade!.

O equipo organizador do concurso estableceu tres categorías: Maquetas, Talladas e Orixinais, e decidiu dar un premio por cada categoría.

Foi moi dificil votar, pois habías moitas cabazas que chamaban a atención e que considerábamos merecedoras de premio, cada unha por un motivo diferente. De feito, nas votacións do profesorado, houbo ata 18 cabazas seleccionadas, a maioría con mais dun voto.

Finalmente, as que obtiveron mais votos nas diferentes categorías foron as dos seguintes alumnos e alumnas:

  • Categoría “Maquetas”: Izan C.V. 2º Educación Primaria.

  • Categoría “Talladas”: Empate entre Izán M. 2º Primaria e Diana 5º Primaria, polo que nesta categoría decídese premiar aos dous finalistas.

  • Categoría “Orixinais”: Idaira e Hugo V. - Infantil e 4º Primaria

Os premios daranse xuntamente cos premios do concurso de relatos de medo, que aínda está en período de participación.

Noraboa aos gañadores e gañadoras!

 

VINDEIRAS CELEBRACIÓNS

As efemérides que quedan por celebrar neste trimeste, de xeito conxunto, son as seguintes:

1- 25 N - Día Contra a Violencia de Xénero: 

Todo o alumnado virá ao colexio vestido de negro. Durante os días previos, farán nas aulas un corazon violeta co nome dunha muller víctima da violencia.

2- Nadal:

O alumnado deseñará unha tarxeta de Nadal nas súas aulas, e con esas tarxetas farase unha montaxe no Colexio.

 

1º CONCURSO VIRTUAL DE CABAZAS - 2020

Para non esquecer as nosas tradicións, organizamos este mes un concurso virtual de Cabazas, e invitamos a todas as familias a enviarnos unha imaxe das súas cabazas decoradas.

Con todas elas montamos un vídeo, para que toda a comunidade educativa poda velas. 

O vídeo atópase na canle do centro, e o enlace é o seguinte:

https://youtu.be/uGSSHZhr-Xg

En breve informaremos dos gañadores!!!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer