VOTACIÓN 1º CONCURSO VIRTUAL DE CABAZAS:
Xa temos o resultado do 1º concurso virtual de cabazas!!!
Antes de nada, dar as grazas a todas as familias participantes, pola gran calidade das cabazas presentadas: vese moito traballo e moita orixinalidade!.
O equipo organizador do concurso estableceu tres categorías: Maquetas, Talladas e Orixinais, e decidiu dar un premio por cada categoría.
Foi moi dificil votar, pois habías moitas cabazas que chamaban a atención e que considerábamos merecedoras de premio, cada unha por un motivo diferente. De feito, nas votacións do profesorado, houbo ata 18 cabazas seleccionadas, a maioría con mais dun voto.
Finalmente, as que obtiveron mais votos nas diferentes categorías foron as dos seguintes alumnos e alumnas:
-
Categoría “Maquetas”: Izan C.V. 2º Educación Primaria.
-
Categoría “Talladas”: Empate entre Izán M. 2º Primaria e Diana 5º Primaria, polo que nesta categoría decídese premiar aos dous finalistas.
-
Categoría “Orixinais”: Idaira e Hugo V. - Infantil e 4º Primaria
Os premios daranse xuntamente cos premios do concurso de relatos de medo, que aínda está en período de participación.
Noraboa aos gañadores e gañadoras!