DESPEDIDA DA XEFA DO DEPARTAMENTO
Despois de levar 21 años neste centro educativo, deixo o CPI dos Dices con gran tristeza e con gran alegría.
Alegría, porque os cambios son necesarios na vida das persoas, e 21 anos, son moitos anos.
E tristeza, porque foron moitos os bos momentos vividos coas compañeiras e compañeiros, e sobre todo, coas alumnas e cos alumnos.
Coido que moitas veces, en lugar de ser eu a profesora, foron as miñas alumnas e alumnos quenes me ensinaron a min. E eses aprendizaxes, foron os mais importantes, porque fixeron de min mellor persoa e mellor docente.
De pequena, non tiña ningunha intención de dedicarme a esta profesión. Despois de tantos anos, estou convencida que non a cambiaría por nada. Esta experiencia fixome crecer e deume moitas satisfaccións.
Botareivos moito de menos.
Unha aperta moi grande.
Susana R. A.