Novas

Publicación da resolución das solicitudes de admisión para o curso 2024-2025

Infórmase de que está publicada no taboleiro de anuncios do centro a resolución das solicitudes de admisión para o curso 2024-2025.

Aberto o prazo para Solicita Bolsas MEC

Infórmase á comunidade educativa da apertura do prazo para solicitar bolsas MEC. O prazo de presentación de solictudes vai do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares)

Para obter información sobre os detalles de como facer a solicitude fai clic na seguinte imaxe

 

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS

Reservas admitidas para o curso 2024-2025 de alumnado procente de centros adscritos.

Todas as solicitudes presentadas no noso centro para o vindeiro curso escolar foron admitidas. A listaxe poden consultala no taboleiro de anuncios do centro.

 

Situación comedor escolar.

Estimadas familias.

No día de onte recibistes unha notificación do centro sobre o comedor escolar que quero explicar de forma detallada.

O luns 16 ás 14:45 comunícanme dende persoal non docente e sen deixar manobra que o noso cociñeiro cesaría nas súas funcións o martes 17 e que non contariamos con este persoal ata que se resolvera a nova persoa que ocuparía a praza, que pode ser de ata dúas semanas. Tras solicitar unha persoa que cubra a praza de forma provisional contéstanme que iso non se pode facer, porque non existe unha persoa á que substituír.

Durante a mañá de onte contactei con diferentes persoas da administración e ningunha dou solución de ningún tipo máis que agardar, algo que nos parece totalmente inadmisible e lamentable.

Pola tarde, como xa sabedes reuniuse o Consello Escolar e tendo en conta o aspecto económico tomamos as seguintes decisións.

1. No día de mañá o alumnado comerá normalmente como veu facendo sempre.

2. A partires do xoves o menú consistirá nun bocadillo con sobremesa.

3. Iniciar todos os contactos posibles e poñer en marcha diferentes medios de presión públicos para que a situación se arranxe o antes posible.

Hoxe mércores, despois de chamar por teléfono, enviar correos electrónicos e presentar diferentes escritos por sede electrónica, en varias ocasións e a diferentes servizos (persoal non docente, xefe de servizo de persoal non docente, vicesecretaría xeral técnica, subdirección de recursos humanos, servizo de apoio a servizos educativos, comedores escolares...) o xefe de servizo de persoal non docente garánteme que o venres estará resolto e o luns teremos cociñeiro ou cociñeira no centro.

Tras reunirme co equipo directivo e comunicarme coa ANPA para tomar unha decisión ante esta información decidimos:

1. O centro asumirá con recursos propios a mala xestión da administración para garantir que o resto da semana o alumnado do CPPI dos Dices poida comer en condicións decentes. Polo tanto, haberá menú xoves e venres tamén, pero será algo máis sinxelo que o que estaba previsto.

2. Esta situación excepcional non a poderemos manter durante máis tempo a nivel económico. Se a palabra dada non se cumpre, o luns teremos que proceder ao plan inicial de bocadillos.

3. Se o venres non temos adxudicado un cociñeiro para o luns procederemos a convocar ás familias para unha manifestación con medios de comunicación no centro coa finalidade de esixir publicamente que nos asignen un cociñeiro ou cociñeira.

Calquera tipo de cambio que se produza estes días procederei a comunicárvolo.

Novamente desculpas.

O director.

 

 

Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas na participación no fondo solidario de libros de texto.

A listaxe cos libros concedidos ao alumnado pode consultarse no taboleiro de anuncios

do centro.

 

 

 

Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas na participación no fondo solidario de libros de texto.

A listaxe co número de libros concedidos ao alumnado pode consultarse no taboleiro de anuncios do centro.

Segundo se recolle na ORDE do 10 de maio de 2023 que regula o procedemento, as persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días hábiles seguintes á publicación da listaxe provisional (13 e 14 de xullo de 2023).

Apertura do prazo para solicitar admisión de persoal colaborador do comedor escolar.

As nais/ pais/ titores legais/ acolledores familiares do alumnado deste centro de ensino que desexen ao longo do curso 2023/24 colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin se atopan na Dirección.
O prazo para presentar permanecerá inicialmente aberto ata o 8 de setembro de 2023, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2023.
Durante o curso escolar 2023/24 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

Documentación para a solicitude dos servizos complementarios

Os documentos para facer as solicitudes dos servizos de transporte e comedor escolar e son os seguintes:

Servizo de Comedor:

Servizo de transporte escolar:

 

Por razóns organizativas a data límite de entrega de solicitudes é o 21 de xullo de 2023.

Prazos de matrícula

 Estimadas familias, Informámosvos que, por motivos organizativos, os días de recollida de sobre de matrícula serán os seguintes:

4º ESO: martes 27 de xuño

3º ESO: mércores 28 de xuño

2º ESO xoves 29 de xuño

1º ESO venres 30 de xuño.

En horario de 9:00 a 14:00

Os sobres de matrícula entregaranselles xunto aos boletíns de notas o luns 26 de xuño.

Para o alumnado que se incorpora a 1º de ESO procedente de outros centros, os sobres de matrícula están dispoñibles no centro. 

Formalización de matrícula curso 23-24

 

 Infórmase da próxima apertura dos prazos de formalización de matrícula, na táboa detállase a documentación que se precisa para cada ensinanza. O alumnado que cursa estudos no centro recibirá o último día lectivo un sobre con toda a documentación que precisa para formalizar a matrícula. Para o alumnado que procede de outros centros  a documentación necesaria recóllese na seguinte táboa.

 

 

Educación infantil e primaria

 

 

  • Prazos: Do 20 ao 30 de xuño.

  • Documentación alumnado procedente de outros centros:

  • Modelo oficial de solicitude ANEXO III-1

  • 3 fotos tamaño carné

  • Certificado/Informe médico

  • Acreditación da tutela do menor, no caso de existir sentenza xudicial firme.

  • Autorización uso da imaxe/actividades

  • Cuestionario coñecer lingua materna

  • Copias cotexadas (*) de:

- Libro Familia

- Tarxeta sanitaria

- Cartilla vacinas

- DNI país/titores e do alumno (si o tivese)

(*) En caso de presentar orixinais non será preciso que as copias sexan cotexadas.

  • Certificado de empadroamento colectivo e con antigüidade dun ano

(concello)

 

Educación secundaria

 

 

  • Prazos:Do 23 de xuño ao 7 de xullo.

  • Documentación alumnado procedente de outros centros:

  • Modelo  de solicitude (dispoñible no centro)

  • 3 fotos tamaño carné

  • Certificado de matrícula

  • Certificado/informe médico

  • Acreditación da tutela do menor, no caso de existir sentenza xudicial firme.

  • Copias de:

- Libro Familia (cotexadas)

- Tarxeta sanitaria

- DNI dos país/titores

- DNI do alumno (obrigatorio para os maiores de 14 anos)

(*) En caso de presentar orixinais non será preciso que as copias sexan cotexadas.

  • Certificado de empadroamento colectivo con antigüidade dun ano

(concello)

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer