blogue deprofe1

En hora boa polo premio de Climántica!

As alumnas Martina Fuentes Morono e Ona Tobaruela Multó asistirán do 3 ao 7 de Setembro a un Campamento Xuvenil Internacional que terá lugar no CENEAM (Centro Nacional de Educación Ambiental),situado en Valsaín (Segovia) e dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Este campamento, no que ademáis estarán acompañadas por participantes doutras nacionalidades e polo profesor coordinador do proxecto, foi o resultado de seren premiadas  no Congreso Virtual Internacional "Climántica 2015". En concreto o traballo que resultou premiado titúlase "Telexornal Medioambiente" no cal facendo uso de técnicas de "stop motion" abordaron diversos problemas relacionados co medioambiente, tratando ao mesmo tempo de concienciar   á cidadanía sobre distintos aspectos que afectan a conservación da natureza. A calidade dos traballos premiados foi excelente, tal e como quedou reflexado nos medios de comunicación.

Tamén queremos facer unha mención aos outros participantes, como Sabela, Ainara y Lucia, que ainda que non acadaron ningún premio nesta convocatoria, deixaron constancia da súa dedicación nos magníficos proxectos que realizaron.

                                      

Alumnado de 1º e 2º da ESO asiste ao 1º Congreso "Escolas en Acción. Rede Natura 2000" organizado polo CEIDA

 Un ano máis o CPI dos Dices participou no congreso de medio ambiente organizado polo CEIDA co proxecto titulado "O Espazo do Vilán. Unha Xoia na Rede Natura" no cal estiveron traballando ao longo do curso. O congreso celebrouse o 5 de xuño na Cidade da Cultura, coincidindo co dia mundial do medio ambiente, e a él asistiron  para presentar os seus proxectos estudantes dunha decena de centros galegos. No vídeo da actividade podedes ver o desenvolvemento do congreso así como a brillante exposición que fixeron os nosos alumnos do traballo.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer