As propiedades máxicas da quimioluminiscencia

 

Quimioluminiscencia

 

No mes de Decembro estivemos traballando coa luz, pero non coa luz eléctrica, senon coa luz química.

Despois de estudar os principios químicos da quimioluminiscencia e ver tamén o caso particular da bioluminiscencia polas luciferinas, decidimos por as mans na masa.

Primeiro xogamos a ser detectives CSI e analizar a escena dun crime. E  para elo preparamos unha disolución de luminol (qué caro é este produto), e unha de ferricianuro de potasio que faría as vaces de "sangue". Con esta solución manchamos algunhas mesas, e o alumnado do Club de Ciencias tivo que descubrir co uso do luminol en que mesas había restos de "sangue".

Analizamos asimesmo as tripas dos "glowsticks" e a reación das tintas fluorescentes e o bis 2,4, triclorofenil oxalato coa auga osixenada para emitir luz duradeira.

Completamos a actividade facendo unha solución de rodamina e vendo a emisión de luz baixo unha lámpada de luz ultravioleta.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer