ANPA

O CPI dos Dices conta con Auxiliar de conversa en Lingua Inglesa

Lucia, a auxiliar de conversa en lingua inglesa, reforzará a aprendizaxe da lingua inglesa en todas as etapas educativas que se imparten no noso centro. O seu labor consiste en apoiar e mellorar as competencias do noso alumnado co seu traballo nas materias que se imparten en inglés dentro do proxecto de plurilingüismo, as seccións europeas e tamén na materia de lingua inglesa.

PROXECTO DE XORNADA ÚNICA

Poñemos a disposición de toda a comunidade educativa do CPI dos Dices este proxecto de xornada única aprobado polo Claustro e o Consello Escolar e o de actividades extraescolares proposto para o remate da xornada lectiva.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer