ANPA

Páxina de Facebook da Anpa San Isidro do CPI dos Dices

Lembrade que podedes mantervos ao día sobre a nosa actividade seguindo a nosa páxina de Facebook. 

Buscade a páxina "ANPA San Isidro CPI dos Dices" en Facebook e premede no recadro "Me gusta"

Actividades extraescolares

 

 

Estimadas familias:

            Queremos informarvos que para o vindeiro curso 2017 - 2018, as seguintes actividades extraescolares serán xestionadas pola empresa ACTIVIDADES LÚDICAS GALICIA (GRUPO ACTEX): Zumba, Ciencia Divertida, Informática, cociña, Pintura e Xadrez.

Así memo tamén ofertamos a actividade de piscina concertada coas piscinas de Padrón e Brión.

Este curso a actividade de Judo vaise ofertar a través do Concello co mesmo monitor que traballa coa ANPA xa que desta forma sae máis económico para as familias.

Achegámosvos  unha FOLLA DE INSCRICION para cumprimentar e entregar no colexio antes do día 21 de setembro. Tamén podedes envialas vía e-mail á santiago@actex.es ou  anpasanisidro@gmail.com

O sistema de facturación das Actividades Extraescolares é a través de domiciliación bancaria na conta que indiquedes. Os cobros realizaranse do 1  ó 5 de cada mes. Se nalgún momento queredes dar de baixa ó voso/a fillo/a nalgunha  actividade  tedes que facelo antes do día 20 do mes anterior. De non ser así procederase a súa facturación.

Intentarase que as actividades comecen o día 2 de OUTUBRO (polo que vos pedimos rapidez presentando a inscrición para que poidamos formar os grupos o antes posible) e rematarán o 21 de xuño (nese mes o custo será proporcional aos días efectivamente impartidos), no caso de que non se forme grupo dalgunha poñerémonos en contacto coas familias para informarvos doutras alternativas.

Para calquera dúbida sobre este tema podedes poñervos en contacto coa empresa ACTIVIDADES LÚDICAS GALICIA (grupo ACTEX) nos seguintes teléfonos 881947147 ou 691475060 en horario de 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 18:30 ou no enderezo de correo electrónico indicado anteriormente; ou coa ANPA no correo electrónico anpasanisidro@gmail.com.

 

Para  participar nas actividades non é preciso ser soci@ da ANPA, máis os non socios deben abonar unha matrícula da actividade (30€/curso).

 

Seguro de accidentes: todos os participantes en actividades que organice a empresa Actividades lúdicas Galicia, SL (Grupo Actex) terán un seguro de accidentes que vai incluído no prezo da mesma.

 


 

 

INSCRICIÓN ACTIVIDADES EXTRASECOLARES CURSO 2017 - 2018

 

DATOS PERSOAIS E BANCARIOS. *este impreso é suficiente con cubrir un por familia.

 

SOCIO DA ANPA:   SI                  NON

 

NOME E APELIDOS

DNI

TELÉFONO

PAI/TTOR

 

 

 

NAI/TITORA

 

 

 

 

Apelidos, nome e data de nacemento e curso d@s fill@:

1.-_________________________________________Data de Nacemento: _____________Curso:____

2.-_________________________________________Data de Nacemento: ____________  Curso:____

3.-_________________________________________Data de Nacemento: _____________Curso:____

 

Enderezo familiar ____________________________________________________________

Poboación ___________________________________________  C.Postal________________

 

Teléfonos de contacto ( A Anpa utilizaraos pola orde que os poñades)

1.-_____________________ 2.-__________________ 3.- ____________________________

 

 

CORREOS ELECTRÓNICOS _________________________________________________

____________________________________________________________________________

 Este é o método habitual de contacto da Anpa cos seus socios, por favor non esquezades facilitárnolo.

Tódalas comunicacións que fagan referencia ós servizos e Actividades  xestionados por ACTIVIDADES LÚDICAS GALICIA, SL serán enviadas por e–mail polo que  necesitariamos que cubrisen este dato obrigatoriamente,  no caso de non  ser posible, pregamos nos solicite que lle enviemos a información por escrito no apartado de observacións.

OBSERVACIÓNS: __________________________________________________________________

Autorizo á ANPA SAN ISIDRO ou á  empresa con quen contrate os servizosa cargar os recibos correspondentes ás actividades extraescolares nas que estean matriculados os meus fill@s e/ou tutelad@s.

 

TITULAR DA CONTA ___________________________________________________________________________________         

 

  IBAN                ENTIDADE           OFICINA                DC                             Nº CONTA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Sinatura

 

 

 

_X_ Autorizo a posible aparición do meu fillo/a na paxina web da anpa ou na das empresas con quen contrate os servizos,  así como en calquera reportaxe de prensa derivado das actividades extraescolares e servizos.

De conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999 (LOPD) informámoslle que os datos facilitados no  presente documento forman parte da Base de Datos da ANPA SAN ISIDRO  con domicilio Aldea Antequeira, 5, 15911 Os Dices, Rois, onde se pode dirixir por escrito para exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición. Así mesmo lles informamos que facilitaremos todos os datos á empresa coa que contratamos os servizos.

 

 

 

INSCRICIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. CURSO 2017  - 2018

 

Actividades contratadas coa empresa ACTIVIDADES LÚDICAS GALICIA

ZUMBA ( Infantil e Primaria) -   prezo: 10,00 € /mes -  Luns de 16.30 a 17.30

 

CIENCIA DIVERTIDA (Primaria)  – prezo: 10,00 € /mes. Cota de materiais 14€/ano – Martes de 16.30 a 17.30

 

INFORMÁTICA (mecanografía) - prezo: 10,00 € /mes – Martes de 16.30 a 17.30

*Esta actividade realizarase no multiusos de Rois.

 

COCIÑA (Infantil e Primaria) -   prezo: 10,00 € /mes – Mércores de 14.45 a 15.45

*Esta actividade ten unha cota en concepto de materiais de 10 €/cuatrimestre (outubro e febreiro)

 

XADREZ (Primaria) -   prezo: 10,00 € /mes – Xoves de 14.45 a 15.45

 

OBRADOIRO DE ARTE/PINTURA (infantil e Primaria)  – prezo: 10,00 € /mes. Cota de materiais 14€/ano – Xoves de 14.45 a 15.45

 

Outras actividades

 

PISCINA PADRÓN (a partir de 5º de E.I) -  Prezos: E.Infantil 11,00€/mes. E. Primaria 9,00€/mes -  Pago trimestral sendo a ANPA a que cargue o importe correspondente na conta facilitada polas familias. *Sinalar día elixido.

                        Mércores de 17:45 a 18:30

                        Venres de 17:00 – 17:45

 

PISCINA BRIÓN (nenos e nenas de 3 – 12 anos) - Prezo 7,00€/mes. Pago trimestral sendo a ANPA a que cargue o importe correspondente na conta facilitada polas familias. Horarios (cada familia debe indicar o día de preferencia e será a piscina a que estableza o horario e grupo que lle corresponde).

DIA ESCOLLIDO: ____________________

 

*O desprazamento para asistir á piscina de Padrón e de Brión corre a cargo de cada familia

 

DATOS PERSOAIS DO ALUMNO/A

1.-NOME E APELIDOS (alumno/a): _____________________________________________ 2.-DATA NACEMENTO:____________________

3.-CURSO: ___________________________4.-TELÉFONOS DE CONTACTO:___________________________________________________________

5.- E-MAIL:__________________________________________________________________________________________________________________

6.-OBSERVACIÓNS(Alerxias..):__________________________________________________________________________________________________

________________________________________________________________________________________________________________________________

 

ESTA SOLICITUDE PODE PRESENTARSE ATA O 21 DE SETEMBRO. (PEDÍMOSVOS RAPIDEZ NA PRESENTACIÓN PARA PODER CONFIGURAR CANTO ANTES OS GRUPOS)

 

·                    

Por correo electrónico: santiago@actex.es   ou  anpasanisidro@gmail.com    ou entregar no centro.

 

 

convocatoria asamblea xeral

ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DO ALUMNADO “SAN ISIDRO” CPI PLURILINGÜE DOS  DICES

15911- ROIS- A CORUÑA- TFNO. 658978726 / anpasanisidro@gmail.com


 

 

ASAMBLEA XERAL DE SOCIOS/AS

Convócase ás familias do alumnado do CPPI dos Dices-Rois á asamblea xeral que terá lugar nos locais do centro educativo o vindeiro xoves 21 de setembro de 2017 ás 20:30h. coa seguinte Orde do día:

1.- Lectrua e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior

2.- Informe do Director do centro

3.- Estado actual de contas da Asociación

4.- Actividades extraescolares

5.- Renovación da xunta directiva

6.- Rogos e preguntas

Ao mesmo tempo, lembramos que xa se pode pagar a cota anual de 15€ do presente curso escolar nas oficinas de Abanca

Nº de conta: 2080-0328-95-3000041877

Para facilitar a xestión e a contabilidade da mesma rogamos se faga o ingreso a nome do alumno/a (1 soa cota por familia, con independencia do número de fillos/as que teñan no centro) durante o mes de outubro.

Informarvos tamén que o último martes de cada mes a partir das 20h., os membros da directiva estaremos no centro para atender calqueira cuestión e que tamén se dispón dun buzón no centro no que poden deixar as súas consultas ou suxestións, ademáis do teléfono e correo electrónico.

Comprácenos convidar ás familias a colaborar coa asociación, cuxo fin primordial é o de promover a participación no bo funcionamento do centro e organizar actividades lúdicas e extraescolares para o alumnado.

Grazas por anticipado e recibide un cordial saúdo,

Rois, 14 de setembro de 2017

 

 

AS REVALIDAS DA LOMCE

QUE É A AVALIACIÓN DE 3º DE PRIMARIA – 2017 ?

ESTABLÉCESE NA LOMCE, COA MODIFICACIÓN DO SEGUINTE ARTIGO DA LOE:

o   20.3:  dicindo que os centros docentes realizarán unha avaliación individualizada a todo o alumnado ao rematar 3º de primaria, segundo dispoñan as Administracións educativas, na que se comprobará o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación co grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática. (é a única reválida que permanece segundo foi concibida na norma, as outras son só mostrais)

EN GALIZA RECÓLLESE NO DECRETO 105/2014, QUE  ESTABLECE O CURRÍCULO DE PRIMARIA:

o  12.7: dicindo que os centros docentes realizarán unha avaliación individualizada a todos os alumnos e as alumnas ao rematar o terceiro curso de educación primaria, segundo dispoña a consellería de educación. (é unha das poucas comunidades que non discutiu a invasión competancial que supón a LOMCE)

 

ESTE ANO ESTÁ REGULADA NA RESOLUCIÓN DE  25 ABRIL DE 2017 QUE FALA DE:

ÁMBITO                  Terá carácter censual e aplicarase a todo o alumnado de centros docentes galegos, públicos, privados e privado-concertados. (todas as demais reválidas son mostrais)

FINALIDADE          Comprobar o grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.  (o resto das competencias non teñen importancia)

CARÁCTER             Informativo e orientador para o alumnado, familias, docentes, centros e administración educativa; polo tanto debería servir para:

§  Achegar información individualizada de cada alumno ou alumna. (nunca se deu)

§  Achegar información para cada centro relativo ao conxunto do seu alumnado. (se a houbo nunca se difundiu)

§  Achegar información ás familias e á Administración educativa sobre o progreso do alumnado. Ás familias mandóuselle un cadriño con dúas aspas, -un cadriño que non informa de resultados, e menos de progreso- a Administración educativa debe estar ateigada de información.

 

COMPETENCIAS      Comunicación Lingüística e matemática, segundo os estándares de aprendizaxe avaliables para 3º de primaria segundo os anexos I e III do Decreto 105/2014


 

CARACTERÍSTICAS DAS PROBAS:

o  A administración educativa proporcionará os materiais e soporte informático necesario

o  As probas consistirán en cadernos de alumnado para cadansúa competencia e cuestionarios de contexto para as persoas titoras, a dirección, o alumnado e as familias

o  Aplicaranse a todos os grupos de 3º de primaria.

o  Procurarase que sexan aplicadas por mestres-as do alumnado que non lles dean galego, castelán ou matemáticas (ou sexa, música, inglés ou educación física), se non é posible a “comisión de coordinación” seleccionará a quen queira (na práctica isto é que se defendan como poidan)

o  As probas deberían ser corrixidas e gravadas por mestras-es de galego, castelán e/ou matemáticas; se non é posible novamente a “comisión de coordinación” seleccionará a quen queira. (de novo, como poidan)

o   As probas serán o 30 e o 31 de maio; e se por algunha razón non puidesen desenvolverse as probas, por coincidir un día non lectivo ou por circunstancias sobrevidas, a dirección do centro afectado comunicarao á inspección e á comisión local para que se realicen nunha data inmediatamente posterior. Pero terá que facelo cunha antelación mínimo de cinco días hábiles ao inicio da proba. (isto non pode usarse para cambiar as datas se non vai alumnado, porque ten que existir aviso previo)

o   A data límite para corrección e gravación de datos será o 12 de xuño.

o   O alumnado NEAE fará unha proba adaptada á súa realidade, e esa adaptación será responsabilidade da persoa titora, co asesoramento do resto do equipo docente, a persoa orientadora e o profesorado de apoio.

 

COMISIÓNS DE COORDINACIÓN DA AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA

·       Crearase unha comisión de coordinación formada polo director-a, o xefe-a de estudos, o orientador-a e un titor-a de terceiro curso. (na práctica participa todo o mundo)

§  Informarán á comunidade educativa sobre o sentido e finalidade de cadansúa proba. (na maioría dos centros, como moito envían unha circular)

§  Planificará o seu desenvolvemento.

§  Seleccionará os mestres e mestras responsables da aplicación e corrección da proba.

§  Adoptará todas as medidas necesarias para a adaptación das probas ao alumnado NEAE.

§  Custodiará os materiais e garantirá a confidencialidade. (nos centros públicos sen dúbida, nos privados está por demostrar)

§  Garantirá o rigor e a obxectividade en todo o proceso. (o dito dos privados, a eles interésalles o resultado e farán o que sexa necesario para conseguir un “bo e vendible”)

§  Organizará a entregará os informes ás familias, e a difusión da información sobre os resultados entre a comunidade educativa do centro ( nestes anos que levamos canta información se recibiu? ).

§  Colaborará coa Administración educativa e cos servizos de inspección no que se lle requira.


 

INFORMES

§  Os centros obterán un informa individual de resultados de cada alumno-a, con información sobre os seus resultados globais nas competencias avaliadas e que será entregado ás familias; e terá carácter informativo e orientador para os centros, así como para os equipos docentes e familias. (suprimiron este ano a entrega deste informe ao centro no que vaia proseguir a súa escolaridade)

§  O titor ou titora deberá informar ás familias dos resultados desta avaliación (nunca tal se fixo, limitouse á entrega do informe, ese cadriño con dúas aspas)

§  Os centros educativos terán un informe sobre os resultados do centro e de cadanseu grupo, en cada unha das destrezas e competencias avaliadas. (non sabemos se existe este informe)

 

ANÁLISE DE RESULTADOS NOS CENTROS EDUCATIVOS

§  Os claustros e consellos escolares farán unha análise de resultados, de terceiro e sexto, e “reflexionarán internamente” para establecer as accións de mellora que incorporarán á PXA. (non se coñéce ningún caso)

§  Se a reválida é desfavorable, os equipos docente deberá adoptar medidas, que se fixarán en plans de mellora colectivos ou individuais, en colaboración coas familias e mediante recursos de apoio educativo. (como non se coñecen casos de análise de resultados, malamente os hai de plans de mellora)

 

ALUMNADO NEAE

§  Con carácter xeral fará a mesma proba que o resto do alumnado, “adaptando as condicións ás súas necesidades”, adaptando tempos e formatos e facilitándolles medios materiais e axudas técnicas.

§  alumnado que leve menos dun ano escolarizado en Galicia e que careza de competencia lingüística abonda, contará con asesoramento, pero os seus resultados non computarán para o cálculo dos datos globais. (non vaia ser que os datos globais saian mal, pero eses nenos-as están aí, non?)

§  alumnado que teña adaptación curricular avaliarase de acordo con esa adaptación, e os seus resultados non computarán para o cálculo dos datos globais. (Idem)

§  As adaptacións anteriores terá que facelas o titor-a, o orientador-a , e os PT e AL; quen tamén aplicarán e corrixirán as probas.

 

DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

o   Os datos de carácter persoal estarán nun ficheiro custodiado pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación.

o   As familias terán o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición a que se conserven eses datos, este dereito poderase exercer diante da SXT da Consellaría de Educación, da seguinte maneira:

§  Enviando unha comunicación a: Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 2, 15781 – Santiago de Compostela.

o   A través dun correo electrónico a sxt.cultura.educación@xunta.es

Para que dicimos en ANPAS GALEGAS que serve esta proba:

·       Para incrementar o traballo administrativo dos centros escolares xusto durante a fin do curso.

·       Para provocar un estado de tensión estéril nos escolares de 3º  de primaria.

·       Para obter resultados falsos, porque están contaminados pola descontextualización e pola dependencia da situación puntual na que se obteñen.

o   Para desprezar publicamente o traballo constante dos titores e titoras destes cursos avaliados, xa que os resultados do centro e do alumnado non se valoran por un curso completo senón por un exame puntual no que non se permite a súa participación.

o   Para desprezar ás familias, porque só estamos presentes para “recibir información”, como se non participaramos na educación dos nosos fillos, a través do contacto co seu profesorado, pero tamén mediante o traballo directo e permanente cos nosos fillos e fillas.

o   Para crear clasificacións de colexios, de grupos, de alumnado, de profesorado, de equipos docentes, de barrios, de zonas xeográficas …; e a consecuencia inevitable das clasificacións son os guetos, porque quen poida escapará dos “malos colexios” e crearanse grupos falseados dende o punto de vista social, tanto de “favorecidos” como de “desfavorecidos”, rompendo o principio de equidade que debe gobernar a escola pública; pero tamén rompendo dun golpe coas xa escasos logros conseguidos na inclusión da diversidade.

o   Para considerar de menor importancia aquelas competencias que non van ser avaliadas, o coñecemento do medio, a música, a plástica, a educación física. E isto traerá como consecuencia que estas materias “de segundo nivel” irase abandonando para traballar máis aquelas “das que se poida tirar máis rendemento”·.

o   Para desprezarnos a nós mesmos; a nosa contorna, a nosa organización vital, os nosos valores e costumes non teñen importancia e non se avalía o seu coñecemento e interiorización. En terceiro a competencia matemática valorarase en castelán, e a nosa lingua só serve para ser auto avaliada; o único para o que serve o galego é para falar galego, pero sempre que non falemos de cousas “importantes”.

o   Para gastar inutilmente os nosos recursos públicos: logo de anos de recortes, agora imos gastar para avaliar cómo estamos logo de estar recortados. Un absurdo.

o   Para xustificar calquera medida posterior: unha proba realizada por uns nenos e nenas de oito ou once anos, que están fóra do paraugas protector do seu titor ou titora, pode dar como resultados calquera cousa ou a contraria.


 

DECÁLOGO DE MOTIVOS POLOS QUE ESTAMOS EN CONTRA DAS REVÁLIDAS DA LOMCE

 

1.         CLASIFICACIÓN DOS CENTROS E COMPETICIÓN (MAL ENTENDIDA) ENTRE OS MESMOS, xa que de publicarse os resultados só conseguirán prexudicar ás escolas de contornas socioeconómicas desfavorecidas, como corroboran diferentes estudos publicados.

 

2.         NEUTRALIZACIÓN de novas iniciativas metodolóxicas dos centros que apostan por proxectos educativos que respectan os ritmos de aprendizaxe e desenvolven os currículos prestando gran atención ás intelixencias múltiples, xa que o modelo de reválida privilexia os contidos, ignora moitas das competencias clave e introduce obstáculos no progreso da formación do alumnado.

 

3.         SELECCIÓN TEMPERÁ, xa que o énfase debería poñerse nas dotacións orzamentarias destinadas a paliar os problemas que unha proba ben deseñada podería contribuír a detectar, e non centrada nos resultados do alumnado, clasificando aos estudantes en “bos e malos”, tentando evitar o acceso destes últimos aos estudos post-obrigatorios.

 

4.         COMPETENCIA MAL ENTENDIDA, xa que centrará os esforzos das escolas na obtención de bos resultados na reválida, e non na necesaria cooperación entre elas.

 

5.         PERVERSIDADE E FALTA DE OBXECTIVIDADE, xa que só se terán en conta algunhas competencias, e dentro destas sobre todo os contidos, e non aspectos moi relevantes como o pensamento crítico, a creatividade, a propia iniciativa, as características individuais de cada persoa, a competencia social e cidadá...

 

6.         DESCONFIANZA E CONTROL INAPROPIADO aos centros e os docentes, cuestionando a súa capacidade para realizar o seu traballo,  non mencionando en ningún punto a importancia da formación continuada.

 

7.         INVOLUCIÓN, inspirándose en modelos superados e non nos mellores modelos vixentes en Europa, e centrando os obxectivos de moitos cursos na superación duns exames de dubidosa relevancia, en detrimento de case todos os aspectos importantes no proceso de ensino-aprendizaxe.

 

8.         INEFICACIA, dado que moitos organismos e informes, como o National Research Council de Estados Unidos (2011), expoñen que os sistemas semellantes ao que propón a reválida na LOMCE son ineficaces e non contribúen á mellora da formación do alumnado no futuro; por contra, co tempo os resultados das probas poden mellorar porque o traballo docente e a aprendizaxe das rapazas e rapaces céntranse na realización das probas.

 

9.         IMPOSICIÓN, xa que non se levou a cabo ningún tipo de debate científico, social e político, necesarios para chegar a un consenso, e as reválidas foron aprobados coa maioría de todos os sectores da comunidade educativa en contra.

 

10.     DESCOORDINACIÓN, IMPROVISACIÓN E FALTA DE INFORMACIÓN por parte da Administración que aconsellan a non realización das probas.


 

 

POR ISO EN ANPAS GALEGAS REXEITAMOS TODAS AS REVÁLIDAS DA LOMCE

1.       Rexeitamos as avaliacións externas cuxo obxectivo principal non sexa a detección de ámbitos de mellora no sistema educativo de cara a proporcionar aos centros, aos docentes, ao alumnado e ás familias os medios necesarios para a formación integral do alumnado e o desenvolvemento do seu labor.

2.       Rexeitamos as avaliacións externas que non se baseen na observación sistemática e prolongada no tempo de indicadores relevantes, senón que se reduzan a observacións parciais e puntuais. Así mesmo, rexeitamos a clasificación dos centros, ou a asignación de medios materiais ou humanos aos mesmos, en función dos resultados de avaliacións externas que non cumpran os necesarios requisitos.

3.       Rexeitamos as avaliacións externas cuxo deseño non estea consensuado cos sectores da comunidade educativa e as organizacións procedentes: profesorado, nais e pais, alumnado, ANPAs, organizacións sindicais...

4.       Rexeitamos as probas externas que non sexan integramente aplicadas, supervisadas e avaliadas por funcionarios públicos, tanto nos centros públicos como nos privados.

 

E POLO TANTO

 

·         ANIMAMOS ÁS FAMILIAS A SUMARSE Á INSUBMISIÓN Á REALIZACION DESTAS PROBAS SOBRE OS NOSOS FILLOS E FILLAS, non os enviando ao colexio durante as horas, ou días, da súa realización.

·         Chamamos ás familias para que manifesten o seu rexeitamento, a través da presentación do escrito que se acompaña.

·         Expresamos publicamente o noso rexeitamento como confederación, e invitamos a todas as federacións e a todas as anpas a que o fagan así en todos os foros que teñan ao seu alcance, páxinas web, redes sociais, taboleiros de anuncios, difusión aos seus socios, etc.

·         Esiximos nova e constantemente a derrogación da LOMCE, non queremos esa Lei, e non pararemos de dicilo.

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer