5ºEd.Primaria

O papel da MULLER na CIENCIA.

 

No salón de actos do noso cole puidemos visitar a exposición " O papel da muller na Ciencia ", organizada pola profesora de Física e Química, Begoña Baltar.

Tivemos a sorte de que as súas alumnas e alumnos de 3ºESOB nos fixeran de guías. 

 

 

                                       Era todo interesante!

Aprendemos dun xeito moi divertido, escoitando as explicacións que nos daban.  

Para cubrir unhas enquisas sobre a exposición, puxémonos en grupos e axudáronnos a entendelas.

                   NORABOA !

                                     Gustounos moito esta actividade!

Entroido no Patio Escolar

Neste Entroido, baixo a temática "o patio escolar", no terceiro ciclo de primaria decidimos ir disfrazados/as do xogo do Twister, chamándonos os/as "Twisteiros/as".

Empregáronse varias sesións da área de Plástica e algunhas de titorías para que o propio alumnado elaborase o seu disfraz. Traballando xeometría, empregando escuadra, cartabón, compás,... fixeron o taboeiro do xogo ( que sería o sombreiro/ tocado) e recortaron e coseron para realizar o traxe.

As familias colaboraron, como todos os anos, en facilitar a vestimenta que complementaba o disfraz. Tamén, unha vez máis, foron as nenas e os nenos voluntarios de sexto os encargados de coreografiar a comparsa do terceiro ciclo. Elexiron a música e prepararon o baile. Mágoa que o día da celebración soaran mal as cancións. 

A nosa noraboa ao alumnado! Continuaron bailando ata o final da súa actuación aínda que a música non lles marcaba ben os tempos. 

Pasamos unha mañá moi divertida entre tantos disfraces orixinais!

Fichas do Parchís. Educ. Infantil:

Bolos. 1º Ciclo Primaria:

Alumnado do International Cova School. 2º Ciclo Primaria:

E moitos máis!

Destacamos estas incribles papeleiras:

 

No " fin de festa "  gozamos coa música en directo do noso marabilloso coro e conxunto instrumental:

Poesía para o alumnado de 5ºEd.Primaria, proxecto Caligrama 2000

O alumnado de 5ºEd.Primaria gozou dunha actividade de poesía impulsada pola Concellería de Educación do Concello de Baiona e a Deputación de Pontevedra dentro do proxecto Caligrama 2000.

Xunto co poeta e educador David Fernández Rivera traballaron a poesía nas súas distintas vertentes, potenciando aspectos tan importantes coma as relacións persoais, a capacidade de expresión, a interpretación do mundo e a comprensión da arte e a cultura, achegándoo ás súas vidas.

Ligazón á nova en Telemariñas.

Xornada Literaria "Enredando Verbas"

O alumnado de 5ºA Ed.Primaria organizou a I Xornada Literaria do CPI de Cova Terreña en torno ás súas poesías e coa colaboración de recoñecidos poetas coma Caíno, Koki, Ratel e a contacontos Trini, nova recollida en prensa, na cal atrevéronse tamén a cantar escollendo coma letra un poema de Caíno.

 

Plan Director - Charlas da Garda Civil

Nesta semana contamos coa colaboración da Garda Civil, a través do Plan Director, para formar ao alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria e alumnado de ESO do noso centro sobre:

  • Acoso Escolar
  • Drogas e Alcol
  • Violencia de xénero

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930