5ºEd.Primaria

Continuamos creando. 25 maio.

Prezado alumnado.

Esperamos que todos e todas esteades ben.

Antes de nada agradecervos as fermosas propostas para o Logo do noso proxecto. Aínda que era unha actividade voluntaria, esforzástesvos moito para que “ Espazos e Miradas” teña cada vez máis identidade. Ao longo desta semana comunicarémosvos o Logo gañador.

Lembrade gardar no cartafol nomeado como Portafolio “Espazos e Miradas” todas as tarefas, actividades, fotos, vídeos, etc relacionados co proxecto. Será parte da vosa “ maleta do tempo”, con recordos desta situación que estamos vivindo. Falaremos máis polo miúdo desta “ maleta” na vindeira semana, que xa estaremos no mes de xuño, coincidindo coa recta final deste curso.

Nos arquivos adxuntos podedes ver algunha das tarefas que estamos desenvolvendo e que gardaredes neses “espazos”.

Xa temos o seguinte vídeo coas vosas creacións artísticas!

“ Miradas” dende as vosas ventás, “ Espazos” deseñados con creatividade e pinceladas de surrealismo. Versos, caligramas, onomatopeias... dan sonoridade aos fermosos traballos que realizades. Parabéns!

2º Vídeo: https://youtu.be/7uN-REoNzzE

Continuaremos tamén con actividades de repaso, reforzo e afianzamento das distintas materias. Informarémosvos sobre as mesmas no contacto diario que temos con vós. Tamén sobre os cambios que se realicen dos horarios de chats e vídeoconferencias.

 

Unha aperta.

Coidádevos moito.

Profesorado implicado no proxecto.

"Espazos e Miradas". 18 maio.

Prezado alumnado.

Esperamos que todos e todas esteades ben.

 

Hoxe celébrase o Día Internacional dos Museos.

Con algunhas das fotos, dos cadros e versos do alumnado dos catro grupos do ciclo, preparamos o 1º Vídeo do proxecto “ Espazos e Miradas”.

Convidámosvos a unha visita a este “museo” virtual para “ mirar” e gozar con algunhas das vosas creacións.

                              Miradas dende a ventá

                              Espazos a fotografar.

 

                              Silencios, sonoridade,

                              versos con creatividade!

 

Enlace: 1º Vídeo " Espazos e Miradas"

 

Oxalá vos guste. Está feito con todo o noso agarimo.

A este 1º vídeo seguiranlle moitos máis, para publicitar o voso traballo e compartir cos demais os vosos sentimentos e as vosas emocións.

O noso proxecto medra día a día. Imos darlle identidade, crear unha imaxe que o identifique.

A proposta plástica para esta semana é a elaboración dun LOGO para o noso proxecto, “ Espazos e Miradas”. Escolleremos o que mellor nos represente. Enviade unha foto moi moi ben feita! A técnica é libre, podedes empregar os materiais que queirades. Sorprendédenos!

Enviade a foto da vosa proposta ás “ manciñas” LOGO, que están no tema 1 de Plástica antes do vindeiro venres 22. Ánimo!

 

A proposta musical para esta 2ª quincena de maio ( do 18 ao 29) son as seguintes actividades:

Tarea 1: definir os seguintes términos musicais: metrónomo, banda, coro, orquesta,

Tarea 2: presentar os acontecementos destacados da vida de Beethoven en forma de viñetas (máximo una páxina)

Un enlace para que vos axude: Beethoven

Os deberes de música enviádellos á profe Rosa ao correo rjimenez@edu.xunta.gal Escribide en "asunto" o voso nome, apelidos e grupo-clase.

 

Rematamos cun vídeo para celebrar as Letras Galegas.

                                             "Adiós ríos, adiós fontes.

 

Lembrade: Seguiremos desenvolvendo actividades de repaso, reforzo e afianzamento das distintas materias. Informarémosvos sobre as mesmas no contacto diario que temos con vós e a través das canles de comunicación que empregamos normalmente.

 Unha aperta.

Coidádevos moito.

Profesorado do proxecto.

 

 

Ímonos de Festa

ÍMONOS DE FESTA!!!

Boas nenos e nenas:

Queremosvos propoñer unha actividade de Relixión, un pequeno xogo...

Durante esta tempada, pasamos por festas Cristiás que non poidemos celebrar como facíamos habitualmente (Semana Santa, Pascua, etc..).

Igual que na Relixión Cristiá, hai outras relixións que teñen tamén as súas festas, e este ano celebráronse dun xeito diferente.

Como xa levamos tempo na casa e temos ganas de sair e celebrar algo, imos ver si aproveitamos esta situación para aprender algo dalgunhas festas que se celebran noutras relixións e crenzas e facemos a nosa "versión" da festa co que temos a mán...

Escollimos 4 festas que se celebran nestas datas. So tedes que poñerlle imaxinación e crear algo na casa (unha comida, un espazo ambientado, unha manualidade, unha vestimenta, etc..) que teña relación con esa festa..

Logo podedes facer unha foto e enviala a: relitamenquedanacasa@gmail.com

ou compartila no álbum creado na mesma conta: https://photos.app.goo.gl/rdf2YX3gziERVe3X7

Non vos esquezades de poñer o nome e o curso, se non, non imos saber de quen é a imaxe!

Ao final deste confinamento faremos unha exposición onde poidamos ver as vosas ideas para estas celebracións.

Tedes toda a información no arquivo adxunto.

Ánimo!!!

"Espazos e Miradas". 11 maio.

Prezado alumnado.

Esperamos que todos e todas esteades ben.

Seguiremos, unha semana máis, desenvolvendo actividades de repaso, reforzo e afianzamento das distintas materias. Informarémosvos sobre as mesmas no contacto diario que temos con vós e a través das canles de comunicación que empregamos normalmente.

O noso proxecto “ Espazos e Miradas” , xa está dando os primeiros froitos.

      Parabéns polo voso esforzo e creatividade!

Nos arquivos adxuntos podedes ver algunha das tarefas do proxecto.

Unha aperta.

Coidádevos moito.

Xogos Populares EF. 5º Primaria

 

PROPOSTA DE TRABALLO PARA O TERCEIRO TRIMESTRE

 

 

 

O traballo que tendes que facer para presentar antes do día 01/06/2020, é o seguinte:

 

explicación detallada dun xogo popular.

 

Vale calquera xogo dos que non precisan maquiniñas ou aparatos tecnolóxicos para poder xogar.

 

Tampouco son aqueles que normalmente consideramos como deportes: fútbol, balonmán, tenis…

 

Son eses xogos que sempre podemos xogar, e que os nosos pais e avós tamén coñecen.

 

Moitos deles xóganse cantando, ou teñen cancionciñas que os acompañan.

 

Hainos para xogar en equipos e tamén para xogar individualmente.

 

O voso traballo é atopar un calquera dos moitos que existen, e explicalo detalladamente.

 

Pódedes facelo do xeito que mellor os conveña: con debuxos, sin fotos, escrito no ordenador, escrito a man, longo ou curto.

 

O que importa é que o xogo quede claramente explicado, que calquera poida entender como se xoga e poida facelo.

 

Se o xogo precisa de algún material, tamén hai que explicar como é e como o usamos.

 

Calesquera dúbida podedes consultarma no meu correo: amparoocprofe@gmail.com

 

E recordade: vale calquer xogo “popular”

 

 

Proposta actividades Educación Física: 1º,3º,4º,y 5º primaria

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA ESTAR FÍSICAMENTE ACTIVOS DURANTE ESTOS DÍAS

 

O recomendable sería que o alumnado realizase alomenos 60 minutos/día de actividade física moderada-intensa. Tamén se pode dividir o tempo de xogo en períodos de actividade máis curtos, podendo xogar 10-15 minutos por cada hora de inactividade.

 

O ideal sería poder realizar todas estas actividades ao aire libre (na vosa finca, terreno, parcela...), sempre tendo en conta as recomendacións das autoridades.

 

Agora xa as podemos facer no exterior, porque xa temos un horario de saidas

 

A continuación plantéxanse unha serie de xogos, dinámicas e recursos que podedes consultar para empregar o voso tempo de ocio de xeito saudable. Imos a dividilas en actividades de interior (dentro da casa) e actividades de exterior (finca ou similar) para que escollades aquela que mellor vos veña. Pero recordade, todo aquilo que implique movemento sempre é a mellor opción.

 


 

INTERIOR:

 

    • Xogos con globos (intentar que non caia, dar o maior número de toques, toques con diferentes parte do corpo...)

    • Recurrir a xogos musicáis como o “Just dance” ou simplemente poñer música e bailar.

    • Crear unha coreografía ca nosa música preferida e gravala.

    • Xogar ao escondite pola casa.

    • Facer circuítos de habilidades (pasar por debaixo de sillas, facer algunha voltereta na cama/sofá, saltar obstáculos...)

    • Plantexar unha búsqueda do tesouro en familia (esconder algo e encontralo nun tempo establecido ou crear un mapa da casa con diferentes pistas para chegar ao tesouro)

    • O "dado-reto". Cun dado, asignamos a cada número unha acción (1=dar 5 saltos co pé esquerdo, 2=dar 3 toques no aire cunha pelota...)

    • Xogos de mesa e puzzles.

    • Elaborar xogos de mesa motrices (crear un taboleiro con casillas e en cada unha establecer un reto que hai que superar para pasar ao seguinte)

    • Facer circuítos de chapas ou soplando tapóns

    • Xogar a "Simón di" (por exemplo: "Simón di" que xiremos tres veces sobre un pé...)

    • Probar o teatro de sombras.

    • Xogos con material reciclado (facer bolos con botellas de plático, xogar ao golf/hockey cos paus de escoba, facer uns aros e encestar, creamos unha diana, facer malabares cunhas pelotas de papel ou crear a nosa indiaca e xogar con ela).

    • Xogar ao twister (podedes crear o voso cunha tea ou papel continuo)

    • Xogar a adiviñar personaxes, accións cotiás ou películas

    • Exercicios de relaxación (facernos masaxes cunha pelota, facer respiracións profundas contando 3-5 segundos en cada unha das fases ou contraer e relaxar diferentes partes do corpo cos ollos pechados).

    • Xogos sensoriais (cos ollos pechados intentar chegar a algunha parte da casa ou adiviñar obxectos mediante o tacto, tamén cos ollos pechados degustar alimentos e adiviñar que é, ou mentres un ten os cascos postos con música os demais teñen que intentar mandarlle unha mensaxe) .

 

 

 

EXTERIOR

 

tamén se poden adaptar algunhas das propostas anteriores

 

    • Podedes xogar ao pilla con familiares, facer circuítos en bicicleta, en patíns/patinetes, etc.

    • Cunha pelota e 2 equipos establecemos obxectivos:  intentar facer 5 pases sen que o equipo contrario a roube, hai que encestar nun caldeiro ou lanzar a pelota a un sitio determinado.

    • Xogos populares como o escondite, os trompos, as canicas, saltar a comba, circuitos de chapas…

    • Búsqueda do tesouro (*)

    • Facer relevos (correr unha distancia, saltando a pata coxa, agarrados da man, transportando obxectos...)

    • Xogar con raquetas ou palas (contra a parede, con bote e sen bote con compañeiro...)

 

 

 

XOGUEMOS CON MATERIAL RECICLADO!

 


 

SUAVIBALL

 

 

  • Material necesario: bote de suavizante, deterxente ou lixivia con asa; unha pelota de de tenis, espuma ou papel

 

 

  • Propostas de xogo: lanzar a pelota ao aire e recepcionar, lanzar co bote e recepcionar ou facernos pases.

 

 

INDIACAS

 

 

  • Material necesario: bolsa de plástico, papel de periódico ou similar e celo

 

 

  • Propostas de xogo: lánzala ao aire e golpéala con diferentes partes do corpo, dar toques ca palma da man sen que toque o chan ou facer lanzamentos intentando encestar.

 

 

IOGURBALL

 

 

 


 

Material necesario: vaso de iogur, un fío de la e unha pelota pequena de plastilina ou papel.

 

 

  • Propostas de xogo: intentar meter a pelota dentro do iogur (probar con ambas mans).

 

 

 

BOLOS

 


 

 

 

 

 

  • Material necesario: botellas de plástico, cartóns de leite, latas de refrecos e unha pelota.

  • É recomendable meter dentro das botellas un pouco de auga, terra ou pedras.

 


 

Propostas de xogo: facer lanzamentos e intentar derribar o maior número de bolos ou lanzar de diferentes formas, distancias e con distintas puntuacións.

 

 

MALABARES

 

Material necesario: globos, arroz ou lentellas e unha botella.

 

Proceso de contrución:

 

- Meter 10 cucharadas de arroz dentro dunha botella de plástico.

 

- Inchamos un pouco o globo, e, sen que nos saia o aire, metémolo na boca da botella.- Dámoslle a volta á botella, metemos o arroz dentro do globo e quitamos o aire restante se o houbese.

 

- Cortamos o cuello do globo

 

- Con outro globo (cortamos o cuello previamente) envolvemos o globo de arroz no outro sentido para reforzalo.

 

Proposta de xogos (con 2 malabares): lanzar alternativamente ao aire e collelas, lanzar simultáneamente, lanzar á vez e collela ca man contraria, lanzar e coller as dúas ca mesma man alternativamente…

 

 

 

 

 

 

 

Nestes enlaces encontraredes exemplos de actividades que poderiades practicar na casa.

 

Espero que as miñas propostas vos gusten.

 

Continuamos co proxecto " ESPAZOS e MIRADAS"

Prezado alumnado.

Esperamos que todos e todas esteades ben.

Unha semana máis continuaremos repasando e afianzando contidos das distintas materias e tamén desenvolvendo o noso proxecto.

Como novidade, informámosvos da creación dunha materia nova na plataforma E-Dixgal que nomeamos “ Espazos e Miradas” e na que iremos subindo todos os materiais e as tarefas relacionadas con este proxecto.

Transmitirvos que estamos moi contentos ao comprobar que traballar deste xeito está sendo motivador para que queirades ser uns e unhas marabillosos investigadores, escritores, poetas, artistas e científicos mentres estades desenvolvendo as distintas tarefas que vos propoñemos.

Parabéns!

Unha aperta.

Coidádevos moito.

Profesorado do proxecto.

Traballando desde as nosas casas.

Prezado alumnado:

Ao longo deste trimestre,  repasaremos e afianzaremos contidos das distintas materias e tamén desenvolveremos o proxecto:

ESPAZOS e MIRADAS”

Espazos… Miradas… , estas dúas palabras adoitan ter moitos e variados significados dentro desta situación que nos está tocando vivir.

 

Este proxecto, con carácter globalizador e interdisciplinar,  promove o traballo colaborativo entre profesorado do voso grupo-clase. Estará debidamente titorizado, e as tarefas que vos propoñemos atoparédelas especificadas e subidas na plataforma E-Dixgal. Detallarémolas, polo miúdo, no contacto diario que temos con vós. 

Tarefas:

Lingua Castelá.  Diario de un confinamiento. “Desde mi ventana”.

A elaboración deste Diario significa a creación dunha  valiosa testemuña sobre as vivencias de cada un.

Lingua Galega. Versos que contan historias. 

Lendo, escribindo, e gozando coa poesía, soñaremos novos espazos.

VALORES. Reflexionamos para seguir medrando.

Resiliencia, autocontrol, empatía, cooperación… palabras que nos fan sentir, palabras que provocan miradas diferentes.

CCNN. Investigando para comprender.

Virus? Bacteria? Epidemia? Pandemia? Aparato respiratorio? Hábitos de hixiene? Buscaremos respostas.

Continuaremos o proxecto Salvavidas, “ Doa, é Doado!” , do Plan Proxecta.

CCSS. Viaxando por este acontecemento do século XXI. 

Xeografía e adaptación/produción das empresas co Covid-19.

MATEMÁTICAS.Un bo ingrediente.

No espazo da nosa cociña, a miúdo, botamos man das matemáticas. Medimos, pesamos, facemos cálculos e estudamos proporcións para elaborar receitas en familia. 

INGLÉS. World situation.

World Health Organization & Covid-19. Let's learn about it!

PLÁSTICA. Novas miradas cambiando espazos.

Arte compartida en familia.

MÚSICA. No dejes de soñar.

Espazos sonoros e de silencio entre miradas.

RELIXIÓN. As miradas e os espazos da época de Xesús.

 

 

Como xa vos dixemos, todas as tarefas enmarcadas no proxecto “ Espazos e miradas”, irémolas desenvolvendo, pouquiño a pouco, ao longo destas semanas. 

Unha aperta.

Coidádevos moito.

 

 

 

 

Ola de novo!

Prezado alumnado.

Esperamos que todos e todas esteades ben.

Ao longo desta semana, mentres esperamos instrucións para este trimestre, seguiremos en contacto diario con vós, no mesmo horario de chat.

A profe Mili mándavos uns abrazos de despedida e a profe Rosa moitos bicos de benvida e os seguintes enlaces a uns vídeos. Serviranvos para traballar a escoita activa, a memoria visual, a discriminación auditiva e a observación.

https://www.youtube.com/watch?v=e0pecj7ZCcQ

Canción: “Lavado de manos”. Neste divertido vídeo, Elmo e Clara recórdannos a importancia de lavar ben as mans. Despois de escoitar a canción e cantala, podedes inventar outra coreografía, debuxar estos personaxes, elaborar carteis publicitarios fomentando hábitos hixiénicos, xogar a cambiar a letra da canción por outra creada por vós, etc.

 https://www.youtube.com/watch?v=AB7WKhHtVDU

Canción: “ Negra Sombra”. Música tradicional galega.

Este fermoso vídeo acércanos ás nosas costumes e a lugares que pronto percorreremos de novo. Escoitade a canción, intentade identificar as paisaxes e a voz feminina. Tamén podedes investigar sobre a temática e a autora galega na que está baseada esta canción.

Coidádevos moito.

Unha aperta.

Panchi, Pepe, Santi, Rosa e Merce.

Manualidades Religión para Semana Santa

Estimadas familias:

Aquí vos deixo unhas manualidades por si queredes facer durante esta Semana Santa un pouco "especial". 

Nos vos esquezades de disfrutar das vacacions!!!

Palma de Ramos sinxela: https://www.youtube.com/watch?v=k86GKOp_phg

Decoración Domingo de Ramos: https://www.youtube.com/watch?v=wr3WcGGXIGM

Deixovos outras ideas nos adxuntos.

Un saúdo e coidadevos moito!

María.

NOVAS TAREFAS. 30 de marzo.

Prezado alumnado.

Antes de nada queremos darvos a noraboa pola vosa actitude á hora de traballar telemáticamente desde as vosas casas. O feito de que diariamente estemos en contacto uns cos outros nas sesións de chat, tendo momentos para as risas e as confidencias, fai que esta situación sexa máis levadeira para todos. Gracias.

Desde este luns, 30 de marzo, seguiremos traballando con algunhas das actividades da semana pasada e con propostas novas que vos mencionamos a continuación.

L. Castelá. Tema 8

Páx. 1. Lemos a lectura “Ejemplar especialmente pesado”. Actividades 1, 2, 7 e o Reto e as interactivas 3, 4, 5 e 6.

Páx. 2. Palabras primitivas e compostas. Prefixos e sufixos. Actividades 1, 2, 8 e as interactivas 3, 4, 5, 6 e 7.

Páx. 3. Os contos e as novelas. Actividades 1, 2, 3, 4, 5 e o Reto.

Páx. 5. Ortografía da r e rr. Actividades 1, 5 e o Reto e as interactivas 2, 3 e 4.

Continuamos mellorando a nosa ortografía coas actividades que atoparedes no Anexo de ortografía de aulaPlaneta no Tema 7 do libro de LC.

L. Galega. Tema 8

Páx. 1. Lemos a lectura “Querido diario”. Actividades 1, 2, 3 e o Reto e a interactiva 4.

Páx. 3. O ensaio. Actividade 1. Autores de posguerra e do exilio. Escolle un dos cinco autores que aparecen no libro e fai unha pequena presentación del. Actividades 1 e 2.

Páx. 4. Os determinantes: indefinidos e numerais. Actividades 1 e o Reto e as interactivas 2, 3 e 4.

Páx. 5. Palabras con h. Actividades 2 e 3 interactivas.

Melloramos a nosa ortografía coas actividades do Apéndice de ortografía de aulaPlaneta que atoparedes no Tema 7 do libro de LG.

C. Sociais. Tema 6

Páx. 8. Facer o Avalíate (9 preguntas), o Reforza (5 preguntas) e tamén a actividade 2 do Amplía.

Actividade sobre Sectores económicos, proposta e explicada nun documento que se achega no libro de CCSS.

C. da Natureza.

Xa que estamos estreando a primavera, imos aproveitar para repasar as plantas.

Tema 2 do libro de CCNN.

Páx. 2: Ler con atención e facer un resumo ou esquema das características das plantas e dos tipos de plantas. Facer a activ. 1 (individualmente).

Páx. 3: Nutrición das plantas.

Páx. 4: A reprodución sexual: plantas con flores. Ler e facer o resumo. Activ. 1 e 2.

Matemáticas. Afianzando contenidos.

* Cuadernos de trabajo SANTILLANA 5º: Saber Hacer.

Repasaremos los números decimales y resolución de problemas .

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202015253_U32_U1_U101_U2>

Valores. Tema 3

 Páx. 5: Os dilemas morais. Actividades 1 e 2

Mediación. Ler o documento do libro e ver os vídeos premendo nos enlaces:

https://www.youtube.com/watch?v=hJyU5Fcl4pM&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=jDjkM2VuUfo&feature=youtu.be

Facer o Reto.

Inglés.

Hello guys!

This week we are going to review:

- The present simple ( It’s very important)

- The comparative adjective ( lo vimos en la unit2)

- There is/ there are ( “ Hay...” en singular/ plural, de la unit 1)

Follow these steps... ( Sigue con atención estos pasos...)

1.- Vais al siguiente enlace: http://englishcasillas.blogspot.com/p/5-primaria.html

 ( os abre directamente en 5ºde primaria, lo pone en la parte superior)

2.- Buscáis el primer contenido a repasar. Present Simple, es lo primero que aparece.

Hacéis Act. 1, Act 2 ( ejercicios 1, 2, 3, 4, 5 y clicáis en DONE al terminar.

El ejercicio 5 no lo trabajamos en clase pero es fácil, sobre plurales.

3.- El siguiente repaso es el de Comparative Adjectives. Está un poco más abajo en la misma página.

Haced las actividades 3 y 5 ( hay 2 juegos también)

4.- Por último, vamos a repasar There is y there are . Buscad este apartado un poco más abajo.

Haced los ejercicios 1 y 2 de la actividad 1 y la actividad 2 completa.

PD: REMEMBER!

We can talk everyday from 12:00 to 12:30 ( 5ºA)

                            from 12:30 to 13:00 ( 5ºB)

PD: Si queréis, podemos ir haciendo juntos algunos ejercicios .

Take care!

Música.

Continuamos con las actividades propuestas la semana pasada.

Recordad seguir las indicaciones que os doy en cada ejercicio.

Correo de contacto: quedatencasamusica7@gmail.com

Plástica.

Seguimos coas mesmas actividades, debuxando con líneas.

Tedes no tema 1 uns arquivos con exemplos dos debuxos que podedes facer.

Seguro que nos gustan máis os vosos!

Ide gardando todas as vosas obras para que despois formen parte da carpeta de plástica.

 

Continuaremos facilitando información sobre as tarefas a realizar, e que subimos á plataforma E-Dixgal, polas canles que xa coñecedes: mensaxería, chat e correos de contacto.

                             quedatencasa5A@gmail.com

                                  quedatencasa5B@gmail.com

Coidádevos moito.

Un saúdo.

Panchi, Pepe, Santi, Mili, Merce e Jessica ( auxiliar de conversa)

 

 

ACTIVIDADES desde 23 de marzo

Prezado alumnado.

Seguimos en contacto a través do chat diario e da mensaxería do E-Dixgal para secuenciar as actividades que propoñemos, dar as instruccións que se precisen e responder ás dúbidas que se plantexen. Esta plataforma tamén nos permite facer seguimentos e dar instruccións personalizadas segundo as necesidades que se detecten.

Traballaremos desde o luns 23 nas distintas actividades que vos propoñemos.

Lingua Castelá. 

- Páx 7 :Avalíate y Refuerza tema 7.

- Realización das actividades do documento “ Actividades repaso LC” Entrada no enlace do tema 7 de LC.

- Expresión escrita. Redacción tema libre. Pódese inventar algunha historia que teña relación co noso confinamento na casa para deixar  voar a nosa imaxinación.

- Comprensión lectora. Actividades diversas dende a plataforma.

Lingua Galega. 

- Facer unha lectura cada día do documento “Lecturas de Galego”: Rex, Salvar os bosques, Vantaxes e inconvenientes do automóbil e Unha casa con problemas. Realizar as actividades propostas para cada lectura.

- Repasamos a ortografía facendo todas as actividades do tema “Apéndice de ortografía” de aulaPlaneta. Entradas no enlace que veredes no tema 7 de LG.

Ciencias da Natureza. Tema7.

- Páx 4 : Dietas equilibradas. Ex 1, 3 e nunha táboa recoller menú da semana para posterior análise.

- Páx 5: Etiquetas. Investigación sobre conservación, etiquetado e orixe dos alimentos.

  Traballo sobre varias etiquetas que teñamos no nosos fogar: caducidade, orixe, ingredientes...

- Páx 6: Alimentación inadecuada. Búsqueda de información sobre obesidade, anorexia, bulimia...

- Páx 7: Avalíate, reforza e Amplía.

Ciencias Sociais.Tema6.

- Páx 2: Características da poboación. Reto e ex 3.

- Páx 3: Movementos migratorios. Reto e ex 1 e 3 ( individualmente).

- Páx 4: Distribución da poboación. Ex 1 e 2.

- Páx 5: Lectura do capítulo Poboación en España.

- Páx 6: Lectura do capítulo Poboación en Galicia. Activ. 1

- Páx 7: Lectura do capítulo Actividades produtivas e económicas de España e de Galicia. Activ. Interactiva 2.

 

Matemáticas. Tema7.

- Terminar todas las actividades propuestas en el documento “ Ejercicios y problemas Tiempo”.

- Páx 5: Reloj digital, reloj analógico. Ex 1 y 2 . Actividades documento “El reloj y las horas”

- Páx. 6: Hacer el Evalúate (Es necesario operar en la libreta para contestar las preguntas 1, 2, 3 y 4)

              Hacer el Refuerza y el Amplía (se hacen individualmente, no es posible en grupo)

Inglés. 

Son todas de repaso de unidad 3, “At the school canteen”. Os dejo el pdf con estas actividades en ese tema de Nétex, también. 

1. Ficha “Present Simple Exercise”. Repasa cómo se forma este tiempo verbal.(-s o -es en 3ª persona singular sólo en afirmativas,” don’t” o “doesn’t” en negativas y “Do” o “Does” en interrogativas

2. Time. Haced las fichas con los números 45, 46 y 47 (la 48 no)

3. Tabla con emoticonos de caras para completar. Ponte a tí en el primer hueco vertical (ME) y el nombre de otras 3 personas ( familia o amigos) en los tres huecos restantes. En la parte superior escribe el nombre de 5 comidas. Se trata de que les hagas las preguntas (DO YOU LIKE...?) y pongas las caras correspondientes según las respuestas.

4. Fichas “THE MAGIC CAT”. Son unas actividades muy sencillas sobre comidas.

5.- RECIPE “Pasta with bacon and tomato sauce”. Ayudándote de un diccionario, traduce esta receta en la libreta/folio.

6.-Enlaces English webs interesantes para jugar y aprender.

Déixovos uns enlaces con xogos e outras actividades. No tema 4 tedes tamén uns adxuntos. 

https://agendaweb.org/

http://www.funenglishgames.com/

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/es

http://www.eslgamesworld.com/

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-de-ingles

Valores

Seguimos traballando coas actividades propostas anteriormente.

Música.

Tema 1. “Con ritmo”: seguir las indicaciones que os doy en cada ejercicio.

- Pág. 11.

Ejer. 14. Podéis utilizar objetos o el propio cuerpo para hacer los acompañamientos.

- Pág. 12. Leer la información sobre el piano.

Ejer. 15.

- Pág. 13. Leer la información sobre “La música en la publicidad”. Aquí os dejo los enlaces de las canciones a las que hacen referencia:

Anuncio Pepsi (la calidad de imagen es mala, tener en cuenta que es una anuncio del 88): https://www.youtube.com/watch?v=po0jY4WvCIc

Versión original: https://www.youtube.com/watch?v=Zi_XLOBDo_Y

Anuncio Nesquik: https://www.youtube.com/watch?v=ClPO1DB0F2A

A continuación crearás tu propio anuncio. Elige el producto que quieres anunciar y la música teniendo en cuenta las preguntas del recuadro rojo.

Tema 2. “Con emoción”: seguir las indicaciones que os doy en cada ejercicio.

- Pág. 14 y 15. Leer la información sobre “Timbre”, “Intensidad”, “Duración” y “Altura”. A continuación escucha las audiciones para responder las preguntas.

Correo de contacto: quedatencasamusica7@gmail.com

Plástica

Ademais de seguir coa actividade de artística que tedes na web e no tema 1 de Plástica, podedes empezar a tarefa que puxemos no apartado Proxectos, Seccións Bilíngües, na web e no tema 1 de Plástica tamén. 

Line Drawing Lesson.

Let’s Draw like Picasso!

O enlace ao apartado de Seccións Bilíngües onde están os ficheiros adxuntos a esta actividade.

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicovaterrena/node/129ficheiros 

 

Lembrade sempre que os exercicios, as actividades, etc que fagades en libreta ou folios debedes  ir  gardandoos ben clasificados. Comprobade tamén que os cartafoles creados no voso escritorio os teñades ben nomeados.

Continuamos co mesmo horario de chat co profesorado.

Lembramos correos de contacto: quedatencasa5A@gmail.com

                                                  quedatencasa5B@gmail.com

Un saúdo

Panchi, Pepe, Santi, Mili, Merce e Jessica.

SEGUIMOS TRABALLANDO

Prezadas alumnas e prezados alumnos.

Despois destos días de adaptación ao traballo na casa, enviámosvos propostas de actividades de materias que tiñan só unha hora á semana de carga lectiva. Preferimos esperar un tempo prudencial para subir estas tarefas e non saturarvos de información os primeiros días. Ánimo. Estades facendoo moi ben.

Artística: Música e Plástica.

La música programática(escenas narradas con música) tuvo su momento de mayor esplendor en el romanticismo y tiene como objetivo evocar ideas o imágenes extra-musicales en la mente del oyente.

Durante estas semanas trabajaremos con dos obras de Mussorgsky. La propuesta que os hacemos es que escuchéis las piezas y “narréis” en forma de dibujo (cuadro) lo que la música os evoca.

El dibujo se hará en folio o, si es posible, en cartulina tamaño folio.

Las obras son “ El mercado de Limoges” y “ Bydlo”

El mercado de Limoges:

Comienza brevemente la trompa, a la que se le añaden la cuerda, madera y percusión, creando un ambiente de mercado.

https://www.youtube.com/watch?

El cuadro representa el bullicio formado por las vendedoras del mercado con sus charlas y discusiones.

 Bydlo:

 El trombóm acompañado por los contrabajos y fagots, interpreta suavemente el tema principal. Cada vez con más fuerza intervienen los violines acompañados por toda la orquesta. Mientras los timbales marcan el compás.

https://www.youtube.com/watch?

El cuadro representa una carreta típica polaca tirada por bueyes. En la música de Mussorgsky, la carreta se acerca lenta y pesada, y se aleja gradualmente.

No tema 1 de Plástica tedes un pdf con indicacións máis detalladas sobre esta actividade.

Un saúdo.

Mili e Merce.

Valores. Tema 3

- Páxina 4. Actividades 1, 2  e 3. Abride os enlaces para ver os vídeos nas actividades 1 e 3.

- Facer o reto da páxina 4.

- Páxina 5. Actividades 1 e 3.

Un saúdo.

Panchi e Pepe

Desexando que pasedes estes días o mellor posible. O contacto directo e diario que temos con vós de 10:00 a 13:00h ( ás veces ata ás 14:00h) fai que a comunicación sexa áxil e fluída. Seguiremos así!

Actividades Relixión (5º Primaria)

TRABALLO RELIXIÓN (5º Primaria)

Nestas semanas que temos por diante debemos ter esperanza en que todo o que estamos a facer  vai ter a súa recompensa. XUNTOS IMOS LOGRALO!!!!

Aquí vos deixo algunhas ideas para poder continuar co proceso educativo neste momento que nos toca vivir.

Tamén deixo un enlace por si queredes facer algunhas actividades interactivas: https://relijuanjo.blogspot.com/2012/04/recursos-interactivos-editorial-anaya.html

Tamén vos deixo un enlace para facer sopas de letras on line. Tedes 2 niveis de dificultade. Buscade as que teden relación co que traballamos durante este curso: libros da Biblia, etc...: http://es.catholic.net/juegoscatolicos/juego5.php

E este xogo chámase "Descubrime", é o xogo do aforcado. Buscade tamén o apartado doslibros da Biblia: http://es.catholic.net/juegoscatolicos/juego4.php

E unha paxina cun montón de xogos para que non vos aburrades: https://relicasasnuevas.blogspot.com/p/juegos.html

Se tedes algunha dubida, podedes contactar comigo no correo: mariafernandez@edu.xunta.es

Un saúdo e coidádevos moito:

María.

TRABALLANDO DENDE AS NOSAS CASAS

Bo día!

Para que poidades continuar traballando na casa ao longo destes días, seleccionamos unha serie de actividades de distintas materias tendo en conta o número de sesións semanais correspondentes.

 Lingua Castelá. Tema 7

 - Páx 4: El adjetivo. Ex Nº 1,2,3,4,5, e 6.

 - Páx 5: Ortografía, uso de la G y la J. Esquema e ex Nº 1,2,3,4,5,6,7, e 8.

 - Páx 3: Literatura. Mitos, Leyendas y fábulas. Ex 3 e Actividades de comprensión lectora.

- Páx 7: Avalíate y refuerza.

- Microrrelato.

 

Lingua Galega. Tema 7

- Páx 4: Os determinantes demostrativos e posesivos. Actividades repaso.

- Lecturas ( documento “Lecturas en galego”).Exercicios comprensión lectora.

- Páx 7 Avalíate e reforza.

- Páx 7 Ampliación sobre Castelao.

 

Matemáticas. Tema 7

- Actividades documento “ Ejercicios tema del Tiempo”.

- Páx 3 : Expresiones complejas e incomplejas. Ex Participante 1 y ex 2 ( a,b,d)

- Páx 4 : Operaciones con medidas del tiempo. Ex 1. Problemas Ayuda a Sabela.

- Páx 5: Reloj digital, reloj analógico. Ex 1 y 2 . Actividades documento “El reloj y las horas”

 

Ciencias da Natureza. Tema 7

- Páx 4 : Dietas equilibradas. Ex 1, 3 e nunha táboa recoller menú da semana para posterior análise.

- Páx 5: Etiquetas. Investigación sobre conservación, etiquetado e orixe dos alimentos.

Traballo sobre varias etiquetas que teñamos no nosos fogar: caducidade, orixe, ingredientes...

- Páx 6: Alimentación inadecuada. Búsqueda de información sobre obesidade, anorexia, bulimia...

- Páx 7; Avalíate, reforza e Amplía.

 

Ciencias Sociais. Tema 6

. Páx 2: Características de la poboación. Reto e ex 3.

- Páx 3: Movementos migratorios. Reto e ex 1 e 3 ( individualmente).

- Páx 4: Distribución da poboación. Ex 1 e 2.

- Páx 5: Lectura do capítulo Poboación en España.

 

Inglés. Tema 3 “ At the school canteen”

- Lesson 5. Rematade, se non o fixéchedes, as actividades 1, 2, 3, 4 , 5 e 6.

- Lesson 6. Repasade e estudade os “ Food quantifiers” e facede as actividades 3 e 4.

- Lesson 7. Actividades 7, 8 e 9.

- Lesson 9. Test e Booster activities. Estas actividades facédeas na smart classroom.

 Seguide practicando o Present Simple e a hora. En axenda web tedes moitas actividades así como nos links da unidade.

 

Lembrade que para ampliar a información da cada tema tendes recursos de unidade, con galería de imaxes e glosario coas palabras clave , ademais de recursos de apoio como as ligazóns de novas e vídeos.

Ademais de poder comunicarnos pola mensaxería da plataforma E-Dixgal, estaremos en contacto diario para resolver as dúbidas que poidan xurdir no seguinte horario:

5ºA.

 De 10:00 a 12:00h.- Panchi. Chat no tema 7 de Lingua Castelá

 De 12:00 a 12:30h.- Santi. Chat no tema 3 de Inglés.

5ºB

 De 10:00 a 12:00h.- Pepe. Chat no tema 7 de Lingua Castelá.

 De 12:30 a 13:00h.- Santi. Chat no tema 3 de Inglés.

 

O titor e a titora, nos seus chats , tamén poden facervos chegar avisos/ novas doutras materias.

 

Correos de contacto:

quedatencasa5A@gmail.com

quedatencasa5B@gmail.com

 

Unha aperta. Coidádevos moito.

 

 

 

QUEDAMOS NA CASA

Quedamos na casa, por ti, por min, por tod@s!

Estos días subiremos, a través da plataforma E-Dixgal, as posibles tarefas a realizar e tamén enlaces de interese para poder profundizar na adquisición dos diversos contidos.

Comprobade todos os días se hai novas na mensaxería e nas materias.

Estamos en contacto!

Bicos.

 

 

 

Información ás familias.

Prezadas familias.

Ante a situación creada pola alerta sanitaria queremos, ante todo, transmitirvos tranquilidade. As aulas de 5º e 6º somos E-Dixgal e contamos con ferramentas suficientes para poder contactar co noso alumnado, enviar tarefas e aclarar as dúbidas  que poidan xurdir. Empregaremos a mensaxería, o chat e a axenda dixital da plataforma.

Unha aperta.

Titores/as de quinto e sexto.

O alumnado de 5ºEd.Primaria estrea a nova dotación E-Dixgal

O alumnado do centro de 5ºEd.Primaria estrea a nova dotación de miniportátiles Lenovo ThinkPad recibida da Consellería de Educación, Universidade e FP nas novas aulas asignadas.

O alumnado está situado na planta baixa, preto da súa entrada ao centro pola porta nº6 dende o patio escolar. Estas aulas foron renovadas sendo dotadas con tarima, novas estanterías e agora, dentro da reforma integral do centro, con iluminación led e novas ventanas, buscando a mellor ubicación do alumnado segundo as súas características.

A nova dotación de miniportátiles recibida no centro foi destinada ao alumnado de 5ºEd.Primaria quen a empregará durante os próximos cursos escolares, ata 2ºESO, tras asinar o contrato de cesión entre as familias e a Consellería.

O centro informou ás familias sobre o seguro voluntario que poden contratar por se o equipo sufrise danos non atribuíbles ao seu uso cotián.

 

 

III Xornadas poéticas, Os días verso

O venres o alumnado de 5º Ed.Primaria deleitounos coas III Xornadas Poéticas "Os días verso". Nesta ocasión contamos con Clara López como poetisa invitada acompañada de Marcos Viso, ilustrador do seu poemario Os días lebre.

O alumnado fixo unha actuación emotiva mesturando guiños á poetisa con música e poesía.

Noraboa ao alumnado e aos seus titores Mercedes Coto e Carlos Freire.

Día Mundial da Poesía

Hoxe, 21 de marzo, celebramos nas aulas o Día Mundial da Poesía. Lemos os poemas que viñan nos marcapáxinas cos que nos agasallou o Equipo de Dinamización Lingüística.

                                      Ata recitamos en inglés!

 Foi moi divertido ver que tiñamos poemas diferentes. Que ilusión ler versos de Caíno Vasconcellos, Antonio García Teijeiro e  Clara López, entre outros!

                Decoramos os marcapáxinas. Quedaron ben fermosos!

                                        GRACIAS! NORABOA pola actividade!

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031