3ºEd.Primaria

3ºA Videoconferencia

Que gusto vervos e escoitarvos!

Houbo algún problema de conexión a ver se para o luns conseguídelo e estamos todas e todos.

Quedamos que imos facer grupos de traballo, e unha vez á semana mantemos unha reunión por videoconferencia para resolver dúbidas e falar.

Seguimos comunicándonos polo correo.

Unha aperta

Fichas matematicas 3\B Primaria

Hola mis queridísimos niños y niñas!!!!

Aquí seguimos, confinados, pero trabajando y siendo valientes, para poder superar todo este lío tan gordo.

Hoy os subo cuatro fichitas de mates, muy fáciles. Seguro que nuestro querido Pasmao, que por cierto, se quedó en Fontes, sería capaz de hacerlas, y rapidito!.

No teneis prisa, pero no dejeis de trabajar un poquito al menos todos los días.

No necesitais copiarlas, bueno eso ya lo sabeis, y las podeis hacer en la libreta de mates o en cualquier cuaderno o papel que os venga bien.

Como siempre, el numero de la ficha, y el número de cada ejercício, con las operaciones a la vista.

Tengo una cuenta de correo electrónico nueva y potente para comunicarme con vosotros y con vuestros padres, es la siguiente : amparoocprofe@gmail.com

Espero vuestros trabajos y también vuestros correos para charlar un ratito.

Mañana es viernes, recordais que al bajar de Fontes hacíamos la fiesta del bus?, pues antes de comer cantad como si estuviéramos en él. Yo, por supuesto, también lo haré.

Un beso enorme y un millón de achuchones de mimos .

Os echo mucho de menos.

Amparo

Fichas matematicas 3\B Primaria

3º A. Videoconferencia

Bos días familias.

Lembrade que o venres, día 17 e o luns, día 20 ás 11:00 h faremos as videoconferencias como acordaramos por ABALAR. Xa vos mandei polo correo un titorial para levala acabo.

Un saúdo e vémonos pronto.

TAREFAS DE REPASO - 3º B

Estimadas Familias:

Para o alumnado que o precise, facilitamos unhas tarefas de repaso. Se teñen algunha dificultade, póñanse en contacto con nós e intentaremos axudarlles.

Cóidense moito.

Un saúdo!

English 3rd

Good morning:

Bos días my pupils, espero e desexo que sigades ben.

Imos seguir traballando, repasando e reforzando contidos, nesta ocasión a través de:

http://englishcasillas.blogspot.com

Entrade  no apartado 3º de Primaria, buscade un vídeo: WHAT TIME IS IT? O´CLOCK & HALF PAST, visionádeo, practicamos escribindo as horas nun papel (podemos tamén debuxar os reloxos como fixéramos na aula) .despois buscamos e facemos PLAY THE GAMES,exercicio 9. What time is it?.

Xa sabedes que agardo os vosos traballos, comentarios ou dúbidas ,lembro a miña dirección de correo: aruthvega@gmail.com

Unha aperta e lembrade: Stay at Home.

ACTIVIDADES EDUCACIÓN ARTÍSTICA

Estimadas familias:

Para facer máis levadeiro este confinamento, dende a área de EDUCACIÓN ARTÍSTICA, enviámoslles unhas suxestións, actividades lúdicas para compartir en familia.

MÚSICA:

1.  VÍDEO LAVADO E MANShttps://youtu.be/e0pecj7ZCcQ

Actividades propostas: despois de escoitalo, memorizar letra e melodía, debuxar as personaxes, cambiar a letra e facela persoal....

2. VÍDEO FOLCLORE GALEGO: https://youtu.be/AB7WKhHtVDU
 
Actividades propostas: escoitalo, identificar as paisaxes (son da zona), identificar a voz feminina e investigar en base a que autora famosa está feita a letra da canción.
 
 
PLÁSTICA (SECCIÓN BILINGÜE) :
 
Adxúntase arquivo cunhas ideas para facer manualidades divertidas en familia, se o consideran oportuno, relacionadas co día do libro.
Coidénse moito. Un saúdo.
O Equipo Docente
 
 

Manualidades Religión para Semana Santa

Estimadas familias:

Aquí vos deixo unhas manualidades por si queredes facer durante esta Semana Santa un pouco "especial". 

Nos vos esquezades de disfrutar das vacacions!!!

Palma de Ramos sinxela: https://www.youtube.com/watch?v=k86GKOp_phg

Decoración Domingo de Ramos: https://www.youtube.com/watch?v=wr3WcGGXIGM

Deixovos outras ideas nos adxuntos.

Un saúdo e coidadevos moito!

María.

PLANIFICACIÓN TRABALLO DENDE O 30 DE MARZO

Bos días Familias!

Esperamos que esteades todos ben de saúde. Achegamos o que serían as seguintes actividades a realizar polo alumnado de 3º B.

Se tivesen algún problema ou algo non entenden, non dubiden en contactar con nós.

Un agarimoso saúdo

O Equipo Docente

Valores sociais e cívicos 3ºA e 3ºB

   

                     

EDUCANDO EN VALORES

 

   
 

 As profes Mili e Pili propóñenvos unha misión, lede o adxunto e

descubrirédelo!.

Tamén podedes decorar este reto.

Ánimo e coidádevos moito. Unha aperta

      

Plan de traballo II para o alumnado de 3ºA

Bos días familias.

Vou cargar novas tarefas, dado que esta situación parece que se vai a prolongar no tempo.

Estas novas tarefas son dos temas dos libros de texto, para ir avanzando aos poucos.

Como non tedes os cadernos das distintas áreas, podedes facer as tarefas nun caderno que teñades por casa.

Todas as familias tedes, xa desde principio de curso, os usuarios e contrasinais dos libros de texto de Santillana e o outro día mandeivos por abalar móbil as de SM, para ciencias sociais e ciencias naturais.

Se houbese algún problema non dubidedes en poñédevos en contacto comigo, xa tedes o meu correo.

As tarefas van explicadas nos seguintes adxuntos.

Coidádevos moito. Un saúdo.

ENTREGA DE TRABALLOS 3º B

Estimadas familias:

Ante a previsión de que o confinamento se vai a prolongar, queremos transmitirvos que estamos á vosa disposición para todo o que precisedes; se considerades oportuno, nos podedes envíar aquelas tarefas que desexedes que sexan revisadas.

Se vos reenviaría de novo un escrito a cada un coas correcións precisas.

Indicamos os direccións de correo eléctronico:

- MATEMÁTICAS : tatioc@edu.xunta.es

- LINGUA GALEGA,LINGUA CASTELÁ e CCSS

 ana_fernandezv@edu.xunta.es

Ao longo desta semana se vos enviará  de novo a cada familia as licenzas dos libros dixitais para facilitar o traballo. Calquer problema técnico nos dubidedes en consultarnos.

En breve se colgarán na web de centro máis actividades para aqueles ou aquelas que o precisen.

Reciban un cordial saúdo 

O Equipo Docente

English 3rd

Good morning!

Bo día e unha aperta moi forte antes de nada e moito ánimo para continuar ante esta situación que seguimos a vivir pero que pasará máis pronto que tarde,seguro!

Engado máis actividades: Reinforcement, Consolidation e Extension (por esa orde) do topic correspondente e recordo o meu correo para seguir en contacto ante calquera dúbida ( aruthvega@.gmail.com), ademáis dunha ficha máis lúdica de Arts and Crafts. Tamén engado algunha suxestión como facer flashcards do vocabulario,un póster, listas de palabras....

Un saúdo e lembrade: Stay at home!

MÚSICA

Esperando que esta situación non se alongue moito e podamos voltar a normalidade, mentres, para seguir traballando Música, déixovos unhas actividades de repaso.

Audición. Los Canguros de Camille Saint-Saëns (El carnaval de los animales):

Aquí os dejo un musicogramas para que intentéis seguir la pieza “Los canguros”.

https://www.youtube.com/watch?v=v3Yw0bORcPU

Repasamos ritmos:

https://aprendomusica.com/const2/04dictadoRitmico/04dictadoritmico.html

https://aprendomusica.com/swf/dictadoRitmico1.html

Repasamos las notas:

https://aprendomusica.com/swf/jugandomusica/jugandoNotas.htm

Un saúdo

Mili

Correo de contacto: quedatencasamusica7@gmail.com

Actividades Relixión (3º Primaria)

TRABALLO RELIXIÓN (3º Primaria)

Nestas semanas que temos por diante debemos ter esperanza en que todo o que estamos a facer  vai ter a súa recompensa. XUNTOS IMOS LOGRALO!!!!

Aquí vos deixo algunhas ideas para poder continuar co proceso educativo neste momento que nos toca vivir.

  • Que vos parece se xogamos ás superheroínas e aos superheroes?. É moi sinxelo! Fíxate nestes pasos:

 

1.- Debúxate sendo superheroína ou superheroe. Busca un nome xeitoso e pensa ben na roupa que levarás. Non esquezas a túa capa!

2.- Pensa e escribe cales son os teus poderes (podes pensar en cousas que axuden aos adultos cos que estás: poñer a mesa, recoller o cuarto, xogar sen molestar aos pais que traballan na casa…)

3.- Colga o debuxo cos teus superpoderes no corredor, na porta da túa habitación ou mesmo na fiestra para que todo o mundo saiba da túa valía!!!

Aquí tedes un enlace por si queredes facer algunhas actividades interactivas: https://relijuanjo.blogspot.com/2012/04/recursos-interactivos-editorial-anaya.html

Tamén vos deixo un enlace para facer sopas de letras on line. Tedes 2 niveis de dificultade: Buscade as que teden relación co que traballamos durante este curso: nome dos apóstolos, etc...:  http://es.catholic.net/juegoscatolicos/juego5.php

E unha paxina cun montón de xogos para que non vos aburrades: https://relicasasnuevas.blogspot.com/p/juegos.html

Se tedes algunha dubida, podedes contactar comigo no correo: mariafernandez@edu.xunta.es

Un saúdo e coidádevos moito:

María.

TRABALLO DE LINGUAS

Estimadas familias:

Adxunto un escrito con consellos para as linguas e un material para mellorar a competencia comunicativa dos nosos fillos e fillas.

Aproveito a ocasión para pasarvos unhas láminas de Naturais e Sociais; hai algunha con sinais que podedes empregar no tema que estamos tratando.

Unha aperta!

 

Recomendacións CCSS 3º B

Estimadas familias:

Adxunto unhas suxerencias no caso que precisedes ampliar o Tema 4 de CCSS.

Non dubidedes en contactar a través do correo electrónico para calquera dúbida ou suxestión. Seguimos traballando, aínda que de maneira diferente.

Coidádevos moito!

Un saúdo!

Recomendacións Lingua Estranxeira

Achégase un documento con recomendacións para traballar contidos da área de Lingua Estranxeira (Inglés) mentres dure esta situación.

Un saúdo,

aruthvega@gmail.com

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930