3ºEd.Primaria

Proposta actividades Educación Física: 1º,3º,4º,y 5º primaria

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA ESTAR FÍSICAMENTE ACTIVOS DURANTE ESTOS DÍAS

 

O recomendable sería que o alumnado realizase alomenos 60 minutos/día de actividade física moderada-intensa. Tamén se pode dividir o tempo de xogo en períodos de actividade máis curtos, podendo xogar 10-15 minutos por cada hora de inactividade.

 

O ideal sería poder realizar todas estas actividades ao aire libre (na vosa finca, terreno, parcela...), sempre tendo en conta as recomendacións das autoridades.

 

Agora xa as podemos facer no exterior, porque xa temos un horario de saidas

 

A continuación plantéxanse unha serie de xogos, dinámicas e recursos que podedes consultar para empregar o voso tempo de ocio de xeito saudable. Imos a dividilas en actividades de interior (dentro da casa) e actividades de exterior (finca ou similar) para que escollades aquela que mellor vos veña. Pero recordade, todo aquilo que implique movemento sempre é a mellor opción.

 

 

 

INTERIOR:

 

    • Xogos con globos (intentar que non caia, dar o maior número de toques, toques con diferentes parte do corpo...)

    • Recurrir a xogos musicáis como o “Just dance” ou simplemente poñer música e bailar.

    • Crear unha coreografía ca nosa música preferida e gravala.

    • Xogar ao escondite pola casa.

    • Facer circuítos de habilidades (pasar por debaixo de sillas, facer algunha voltereta na cama/sofá, saltar obstáculos...)

    • Plantexar unha búsqueda do tesouro en familia (esconder algo e encontralo nun tempo establecido ou crear un mapa da casa con diferentes pistas para chegar ao tesouro)

    • O "dado-reto". Cun dado, asignamos a cada número unha acción (1=dar 5 saltos co pé esquerdo, 2=dar 3 toques no aire cunha pelota...)

    • Xogos de mesa e puzzles.

    • Elaborar xogos de mesa motrices (crear un taboleiro con casillas e en cada unha establecer un reto que hai que superar para pasar ao seguinte)

    • Facer circuítos de chapas ou soplando tapóns

    • Xogar a "Simón di" (por exemplo: "Simón di" que xiremos tres veces sobre un pé...)

    • Probar o teatro de sombras.

    • Xogos con material reciclado (facer bolos con botellas de plático, xogar ao golf/hockey cos paus de escoba, facer uns aros e encestar, creamos unha diana, facer malabares cunhas pelotas de papel ou crear a nosa indiaca e xogar con ela).

    • Xogar ao twister (podedes crear o voso cunha tea ou papel continuo)

    • Xogar a adiviñar personaxes, accións cotiás ou películas

    • Exercicios de relaxación (facernos masaxes cunha pelota, facer respiracións profundas contando 3-5 segundos en cada unha das fases ou contraer e relaxar diferentes partes do corpo cos ollos pechados).

    • Xogos sensoriais (cos ollos pechados intentar chegar a algunha parte da casa ou adiviñar obxectos mediante o tacto, tamén cos ollos pechados degustar alimentos e adiviñar que é, ou mentres un ten os cascos postos con música os demais teñen que intentar mandarlle unha mensaxe) .

 

 

 

EXTERIOR

 

tamén se poden adaptar algunhas das propostas anteriores

 

    • Podedes xogar ao pilla con familiares, facer circuítos en bicicleta, en patíns/patinetes, etc.

    • Cunha pelota e 2 equipos establecemos obxectivos:  intentar facer 5 pases sen que o equipo contrario a roube, hai que encestar nun caldeiro ou lanzar a pelota a un sitio determinado.

    • Xogos populares como o escondite, os trompos, as canicas, saltar a comba, circuitos de chapas…

    • Búsqueda do tesouro (*)

    • Facer relevos (correr unha distancia, saltando a pata coxa, agarrados da man, transportando obxectos...)

    • Xogar con raquetas ou palas (contra a parede, con bote e sen bote con compañeiro...)

 

 

 

XOGUEMOS CON MATERIAL RECICLADO!

 

 

 

SUAVIBALL

 

 

 

 

 

  • Material necesario: bote de suavizante, deterxente ou lixivia con asa; unha pelota de de tenis, espuma ou papel

 

 

  • Propostas de xogo: lanzar a pelota ao aire e recepcionar, lanzar co bote e recepcionar ou facernos pases.

 

 

 

INDIACAS

 

 

 

 

 

  • Material necesario: bolsa de plástico, papel de periódico ou similar e celo

 

 

  • Propostas de xogo: lánzala ao aire e golpéala con diferentes partes do corpo, dar toques ca palma da man sen que toque o chan ou facer lanzamentos intentando encestar.

 

 

IOGURBALL

 

 

 

 

Material necesario: vaso de iogur, un fío de la e unha pelota pequena de plastilina ou papel.

 

 

 

  • Propostas de xogo: intentar meter a pelota dentro do iogur (probar con ambas mans).

 

 

BOLOS

 


 

  • Material necesario: botellas de plástico, cartóns de leite, latas de refrecos e unha pelota.

  • É recomendable meter dentro das botellas un pouco de auga, terra ou pedras.

 

 

 

Propostas de xogo: facer lanzamentos e intentar derribar o maior número de bolos ou lanzar de diferentes formas, distancias e con distintas puntuacións.

 

MALABARES

 

Material necesario: globos, arroz ou lentellas e unha botella.

 

Proceso de contrución:

 

- Meter 10 cucharadas de arroz dentro dunha botella de plástico.

 

- Inchamos un pouco o globo, e, sen que nos saia o aire, metémolo na boca da botella.- Dámoslle a volta á botella, metemos o arroz dentro do globo e quitamos o aire restante se o houbese.

 

- Cortamos o cuello do globo

 

- Con outro globo (cortamos o cuello previamente) envolvemos o globo de arroz no outro sentido para reforzalo.

 

Proposta de xogos (con 2 malabares): lanzar alternativamente ao aire e collelas, lanzar simultáneamente, lanzar á vez e collela ca man contraria, lanzar e coller as dúas ca mesma man alternativamente…

 

 

 

 

 

 

 

Nestes enlaces encontraredes exemplos de actividades que poderiades practicar na casa.

 

Espero que as miñas propostas vos gusten.

 

 

English 3rd

Good morning!!!

Parabéns a tod@s polo ánimo que estades tendo nesta situación excepcional e por ese esforzo e constancia que estades demostrando na área de Lingua Estranxeira. Congratulations!!!

Seguimos, pois, traballando.

Adxunto 2 documentos de repaso e reforzo e convídovos a facer vós mesmos un terceiro, un ditado de números coa axuda dun familiar.

Ánimo e moitos KISSES. (lembrade : aruthvega@gmail.com)

PROPOSTAS DE PLÁSTICA

Bos días a tod@s!

Adxúntase a proposta semanal dende a área de Plástica. Espero que lles guste e que a disfruten en familia. Facilítase a actividade en dúas linguas.

Un saúdo!

3ºA MATEMÁTICAS. ACTIVIDADES DE AMPLIACIÓN.

Aí déixovos un adxunto con actividades de ampliación.

Ides facendo e para a próxima semana, na sesión de videoconferencia na que traballamos matemáticas, facemos a posta en común. ÁNIMO!!!!

3º Primaria B: Multiplicaciones

Hola!!!!!

Qué tal estais?.

Bueno, hoy os he subido a la página un vídeo.

Para poder verlo:

1-pulsar en ''adxunto''.

2- pulsando con el botón derecho encima de las letras azules que aparecen (el archivo de video) debeis guardar o descargar el archivo para poder reproducirlo.

En él os explico la multiplicación con llevadas. El proceso es muy sencillo, ya lo vereis.

A lo largo de la semana, posiblemente el martes, tendremos videoconferencias, en varios grupos.

Asi, podreis contarme si habeis entendido la forma en la que se hace.

Mañana os pondré alguna actividad de multiplicación, un par de cuentas y otras actividades variadas de problemas de dos operaciones y restas con llevadas.

Lo siento, pero sois muchos los que fallais en esa operación tan sencilla.

Bueno, manteneos en contacto y vereis que todo es sencillo.

Un beso muy grande.

Amparo

Actividades MÚSICA. 1ª quincena mayo.

Queridos alumnos y queridas alumnas.

Espero que esteis bien, tanto vosotros como vuestras familias.

Antes de nada os dejo este enlace para celebrar con vosotros dos acontecimientos que tuvieron lugar estos días: El Día Internacional de la Danza y el Día de las madres. ¡Felicidades!

VIDEO DE DAVID GARRETT. https://youtu.be/E100oGo8d34

A continuación varias tareas que os propongo, para realizar durante estos primeros 15 días de mayo.

Tarea 1:

VIDEO CARLOS NUÑEZ. https://youtu.be/E100oGo8d34

¿Reconoces algunos instrumentos ? Dime cuales ¿Reconoces algún baile?¿De dónde es este tipo de música? Investiga sobre estos instrumentos y me dices un poquito de cada uno por escrito... bombo, carraca, vieira, cucharas, botella, tarrañolas y pandeiro.

Tarea 2:

VIDEO PRESTO /LARGO. https://youtu.be/uJ1ynTMUj0c

Concepto musical presto (rápido) y largo (lento)

Dime 3 cosas que se muevan a la velocidad de "presto" por ejemplo un coche y 3 a la velocidad de "largo" por ejemplo un caracol.

Tarea 3:

VIDEO CLAVE DE SOL. https://youtu.be/O7Vulwv62G4

Aprendo la canción de memoria y practico la clave .¡¡Quiero ver los resultados!! Estoy segura de que me van a sorprender.

Os recuerdo mi dirección de correo para que me envieis los trabajos, o fotos de los mismos, o me consulteis cualquier duda: rjimenez@edu.xunta.es

Por favor, en “ asunto” poned vuestro nombre, los dos apellidos y el grupo- clase al que perteneceis. Gracias.

Cuidaros mucho

Un abrazo.

Rosa.

TAREFAS DE MÚSICA 3º DE PRIMARIA

Estimadas Familias:

Achéganse tarefas de música para o alumnado de 3º de Primaria.

Un saúdo

3º A Cadernos facilitados pola editorial Santillana

Ola familias!

Ata saber as instrucións concretas da Consellería de Educación para este terceiro trimestre, aí déixovos uns cadernos que nos facilitou a editorial Santillana. O alumnado que xa rematara "O plan de traballo II" pode ir facendo estes cadernos.

Nas videoconferencias seguiremos traballando as fichas propostas de repaso.

Unha aperta.

Ligazóns para os cadernos.

3º PRIMARIA:
LENGUA: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202092232_U32_U1
LINGUA: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202092323_U32_U1
MATEMÁTICAS: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202092132_U32_U1

English 3rd

Good morning!!!

Ola a tod@s:

Espero que vos atopedes ben e con ánimo.

Imos seguir estudando e xogando en inglés.Seguiremos a usar Englishcasillas.com/blog no apartado de 3º de Primaria para repasar , reforzar e consolidar nesta ocasión NUMBERS. Na páxina principal de 3º buscade 2 vídeos con 2 cancións e clicade para repasar a pronunciación primeiro e cantamos despois.

1. Cantando del 1 al 20.

2.Cantando por 10´s.

Visualizamos e escoitamos varias veces.Tamén repetimos e cantamos en voz alta. Podemos facer debuxos ou flashcards de cada número ou das decenas e pegalas a modo de posters no noso cuarto para interiorizalos e memorizalos de forma inconsciente con apoio visual.Tamén faremos un listado ou pódennos dicir números ó chou e nós escribilos.....Debemos saber estos conceptos xa , sen ter dúbidas. ánimo, en breve faremos unhas fichas escritas.Mándademe calquera dúbida, os vosos traballos, debuxos.... encántame ver que seguides ben e traballando.

Un saúdo.

Traballo para o alumnado de valores sociais e cívicos de 3ºA

Ola nenos e nenas de valores, déixovos un adxunto titulado

"Hola humanos"

Quero que o leades e dicídeme se vos pareceu interesante.

Se saístes á rúa, contádeme como vos sentistes, despois de tantos días en casa e que normas de seguridade utilizastes.

Como sempre, foto e ao correo.

Tamén, vos deixo colgado este vídeo, para saber como actuar, en caso de dúbida.

Unha aperta

 

Páxina de xogos e Pasatempos de Relixión

Bo día, espero que todos e todas estedes ben:

Como sei que vos gustan moito os pasatempos, quero compartir con vos este enlace a unha páxina web onde podedes atopar unha morea de xogos e pasatempos de Relixión: Ahí podedes atopar sopas de letras, actividades de verdadeiro e falso, atopar as diferenzas, colorear, etc... 

http://recursos.cnice.mec.es/bibliainfantil/

Espero que vos guste!.

Un saúdo:

María.

DÍA DO LIBRO

ESTIMADAS FAMILIAS E ALUMNADO:

Espero que vos atopedes ben de saúde. Para animarvos un pouco, achegamos uns vídeos relacionados co DÍA DO LIBRO que se celebra cada 23 DE ABRIL. Espero que vos gusten.

Van tamén unhas preguntas relacionadas con tema para que poidamos contestar proximamente nunha videoconferencia da que vos enviaremos instruccións; así nos vemos e charlamos un pouquiño.

Ata pronto.

Unha aperta virtual a tod@s!

3ºA GRUPOS DE TRABALLO PARA AS VIDEOCONFERENCIAS

Os grupos de traballo para as videoconferencias.

. Martes e venres de 11:00h a 12:00h.

Adrián, Rodrigo, Gabriela, Alba e Miguel C.

. Mércores de 11:00h a 12:00h e luns de 10:30 a 11:30

Miguel A, Elia, Iris, Artai, Irene e Jael.

. Luns de 11:30 a 12:30 e xoves de 10:30 a 11:30h

Area, Ángela. Jesús, Aida, Leo e Alejandro

 

Nesta primeira videoconferencia de grupos de traballo, empezaremos facendo actividades sobre o Día do Libro, que están colgadas no noso blogue de aula.

http://lapicerosdecolores1.blogspot.com/2020/04/dia-del-libro-23-de-abril.html

Despois seguiremos alternando con sesións de repaso de lingua castelá, lingua galega, matemáticas, ciencias naturais e ciencias sociais.

3ºA GRUPOS DE TRABAJO PARA LAS VIDEOCONFERENCIAS

Os grupos de traballo para as videoconferencias quedan así.

Martes de 11:00h a 12:00h.

Adrián, Rodrigo, Gabriela, Alba y Miguel C.

Miércoles de 11:00h a 12:00h.

Miguel A, Elia, Iris, Artai, Irene y Jael.

Jueves de 10:30 a 11:30h

Area, Ángela. Jesús, Aida, Leo y Alejandro

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031