2ºEd.Primaria

O Apalpador

18/12/2019 19:27
Europe/Madrid

Dende as montañas do Caurel, chegounos hoxe unha visita moi especial

 Petou na porta mentres preparábamos os nosos traballos do Trimestre... volveu petar, e sen máis,apareceu pola clase un persoaxe bastante "ruidoso" que nos traía un agasallo

O APALPADOR 

 

 

 

 

Contos que contan

18/12/2019 19:10
Europe/Madrid

Pois hoxe foi o alumnado de 2B quen agasallou aos nenos de 2A coa fantástica historia de Martiño e o pequeno "apuro" que pasou na noite de Reís ...

Se queredes saber máis  preguntade a estes "artistas "

 

Hora de Ler

17/12/2019 19:05
Etc/GMT+1

Hoxe a Hora de Ler foi moi especial para os nenos e nenas de Cova Terreña. Acercámonos ata a aula de segundo de Fontes e nesta ocasión foron os nosos nenos os que contaron e "cantaron"as historias de Cocorico, A princesa do Caurel e de Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis 

Tamén levaron agasallos feitos por eles para agradecer, dalgún modo a boa acollida que nos fixeron

Agardamos poder repetir e compartir máis momentos

 

 

Visita Especial

 

O pasado xoves ,fumos convidados a participar dunha charla moi interesante e educativa xunto cos compañeiros de Fontes Baíña sobre a discapacidade.

Neste caso tratábase da discapacidade visual e ata o Centro viñeron dúas rapazas acompañadas da súa perra guía

Aprendimos moitas cousas e nos dimos conta, grazas a súa experiencia diaria, de que aínda nos queda un longo camiño por percorrer 

PRÁCTICAS NO LABORATORIO

Nestas prácticas tivemos os mellores profesores e as mellores profesoras; os nosos compañeiros e as nosas compañeiras da ESO.

METEOESCOLA NA AULA DE 2º A

 

Durante este curso participamos neste proxecto, con moita ilusión desde o primeiro día.

Deseñamos un espazo onde colocamos: adhesivos de distintos tipos de nubes, de termómetros, de pingas de auga, de sol e de vento; letreiros das estacións e un calendario cos meses do ano.

 Fomos recollendo todos os días lectivos datos sobre a temperatura, precipitacións, vento... Con eses datos elaboramos unhas táboas para estudar estas variables ao longo destes meses.

Este proxecto fomentou no alumnado a responsabilidade, o interese, as ganas de aprender e de investigar.

Iniciáronse en conceptos estatísticos, cando empezamos a elaborar as gráficas e a interpretar os resultados.

A nivel competencial foi a matemática, a competencia básica en ciencia e tecnoloxía e a competencia prender a aprender as protagonistas do proxecto.

CA/AC

     
 

2º A  EDUCACIÓN PRIMARIA

 
 

 

 PARA VER OS VÍDEOS FACEDE CLIC NOS  TÍTULOS DAS

 PRESENTACIÓNS. A DESCARGA É SEGURA

 
 

 

Presentación do proxecto e dos grupos

 

 

Presentación de cargos

 

 

Presentación da unidade didáctica "A poesía" co programa CA/AC

 

 

 

Presentación da estrutura de folio xiratorio

 

 

Presentación da estrutura de lapís ao centro

 

 
 

CLASE NA CAPITANÍA E RECOLLIDA DE INFORMACIÓN 

 
 

 

 

 

 

   

SAÍDA DIDÁCTICA. ECOSISTEMAS

 

A DUNA DA PRAIA LADEIRA E A SÚA CONTORNA

 

 

Seguimos aprendendo a xogar ao xadrez

Alumnos de 4º da ESO seguen ensinándonos a xogar ao xadrez. Por mal tempo, esta vez tivemos que quedarnos na aula pero eso non foi impedimento para pasalo xenial.

Dende aquí, tamén lles agradecemos a estos maiores que veñan no seu recreo a xunta nosa.

Pasámolo xenial!

8ª fase: aprendemos xogando ao xadrez no patio do Cova

Durante o recreo, do día 3 de maio, os alumnos e alumnas de 2º de Educación Primaria participaron na actividade “Aprendemos xogando ao xadrez”. A actividade estivo guiada polos alumnos de 4º de ESO e a profesora Patricia Cabadas.

O xadrez, grazas as súas propiedades lúdicas e intelectuais, converteuse nunha ferramenta educativa que permitiu ao alumnado desenvolver habilidades de pensamento, aumentar as capacidades, fomentar valores e favorecer a inclusión social.

 

Obradoiro no laboratorio

ESTA MAÑÁ ACUDIMOS AO LABORATORIO DO COLE.


PABLO, MANUEL, BÁRBARA, SIRA E DANIEL, QUE SON ALUMNADO DA ESO, AXUDÁRONNOS A FACER DIFERENTES MEDICIÓNS. XOGAMOS A PESAR MASAS E MEDIR VOLÚMENES E PERÍMETROS.

PASÁMOLO XENIAL E DAMOSLLE AS GRAZAS AOS NOSOS "PROFES" DE HOXE QUE O FIXERON MOI BEN.

SE PREMEDES NOS ADXUNTOS PODEDES VER TODAS AS FOTOS.

ENTROIDO 2019

 

  OS BOLOS  
     

      
 

 

  

 

 

           
   
     

RELATOS DO NADAL NAS NOSAS AULAS

HOXE TIVEMOS A SORTE DE ESCOITAR UNS RELATOS DO NADAL REALIZADOS POR ALUMNADO DA ESO. OS NENOS E NENAS DE 2º LLES ENTREGAMOS ALGÚNS PREMIOS AOS GAÑADORES.

GRAZAS POR ACUDIR ÁS NOSAS AULAS PARA LERNOS OS VOSOS TRABALLOS!

SAÍDA AO TEATRO E OUTRAS ACTIVIDADES

O mércores estivemos en Vigo nunha saída didáctica. Acudimos ao teatro para ver a obra "A galiña azul". Pasámolo xenial! Despois, o alumnado de 2º convertémonos en periodistas deportiv@s nun ambiente tan motivador como o Estradio Municipal de Balaídos.

Aquí podedes ver algunhas fotos!

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

 

     

 

VISITA Á "GRANJA KIRIKO"

 

     
     

 

Pasámonolo xenial! 

 

 

 

Prema na imaxe para obter máis información  

 

 

 

     
       

 

ENTROIDO 2018

 

  A DANZA DAS ESPADAS  
     

      
 

 

  

 

 

 

           
   
     

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031