2ºEd.Primaria

English 2nd

Good morning:

Bos días my pupils, espero e desexo que sigades ben.

Imos seguir traballando, repasando e reforzando contidos, nesta ocasión a través de:

http://englishcasillas.blogspot.com

Entrade no apartado de 2º de Primaria, buscade un vídeo CLOTHES VOCABULARY, visionádeo, despois buscade unha canción SING A SONG ABOUT CLOTHES, cantádea,e, finalmente PLAY THE GAMES, tedes 2 actividades Clothes Matching 1 e Clothes Matching 2.

Calquera dúbida , fichas anteriores, ou comentario que querades facer sigo en contacto con tod@s a través do meu correo, lembro: aruthvega@gmail.com

Unha aperta e lembrade: Stay at Home.

Regresamos despois de Pascua

Ola campeones!

Xa estamos de volta. Comenzamos o Terceiro Trimestre, e mentres agardamos poder estar todos xuntos de novo, deixo actividades para esta semana

Trátase dun repaso das sumas e restas.

Comprensión lectora dun xeito divertido :)

E un conto

Non é necesario IMPRIMIR NADA, as actividades serán feitas nas libretas ( de mates e lengua) e o venres enviaráse unha foto ás profes cos exercicios para a súa corrección. Para iso empregarase ás direcciónos de correo electrónico das titoras

Un bico forte

Eva e Mónica 

 

 

Actividades MÚSICA.

Prezado alumnado.

Espero que todos e todas esteades ben.

A profe Mili mándavos uns abrazos de despedida e eu moitos bicos de benvida e ánimos  nesta situación que estamos vivindo.

Os seguintes enlaces a uns vídeos serviranvos para traballar a escoita activa, a memoria visual, a discriminación auditiva e a observación e sobre todo para gozar coa música e relaxarvos un pouquiño.

https://www.youtube.com/watch?v=e0pecj7ZCcQ

Canción: “Lavado de manos”. Neste divertido vídeo, Elmo e Clara recórdannos a importancia de lavar ben as mans. Despois de escoitar a canción e cantala, podedes inventar outra coreografía, debuxar estos personaxes, elaborar carteis publicitarios fomentando hábitos hixiénicos, xogar a cambiar a letra da canción por outra creada por vós, etc.

https://www.youtube.com/watch?v=AB7WKhHtVDU

Canción: “ Negra Sombra”. Música tradicional galega.

Este fermoso vídeo acércanos ás nosas costumes e a lugares que pronto percorreremos de novo. Escoitade a canción, intentade identificar as paisaxes e a voz feminina. Tamén podedes investigar sobre a temática e a autora galega na que está baseada esta canción.

Coidádevos moito.

Unha aperta.

Rosa.

Manualidades Religión para Semana Santa

Estimadas familias:

Aquí vos deixo unhas manualidades por si queredes facer durante esta Semana Santa un pouco "especial". 

Nos vos esquezades de disfrutar das vacacions!!!

Palma de Ramos sinxela: https://www.youtube.com/watch?v=k86GKOp_phg

Decoración Domingo de Ramos: https://www.youtube.com/watch?v=wr3WcGGXIGM

Deixovos outras ideas nos adxuntos.

Un saúdo e coidadevos moito!

María.

Felices vacacións

Rapaces, o estades facendo moi ben, agora toca "descansar"da actividade académica

Desfrutade, se podedes, da lectura, os animais domésticos ou de granxa (se tedes), da familia, os irmanciños, a música etc

Moitas grazas, de novo, a tod@s os que me falástedes por mail. MOITOS BICOS

Vémonos pronto

Eva

Un día menos

Veña rapaces, xa queda menos :)

 

 

 

Derradeiras actividades do trimestre

Benqueridos nenos e nenas,

Deixámosvos unhas últimas actividades para estes últimos días de trimestre. Estádelo a facer moi ben e sabemos que aínda o vades a facer mellor.

  • O tempo e a paisaxe
  • Os animais

Coidádevos moito e verémonos pronto.

Hora de Ler

 

Deixo o enlace á páxina de Kalandraka tv, onde atoparedes unha chea de actividades e contos fantásticos para desfrutar coa lectura

http://kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=1&video=Olalla%20Gonzlez%20-%20Garbancito#PD_Olalla%20Gonzlez%20-%20Garbancito

 

Bicos doces

Eva

Actividades semana 30 de Marzo / 2A

Ola familias, deixo actividades para a vindeira semana. Agardo que estedes todos ben , e desexando poder vernos pronto


MATEMÁTICAS

Numeración: 17,18 e19

Cálculo: Estudar as táboas do 2 e do 3

Resolución de problemas: 14, 15 e 16

LINGUA

Competencia Lectora: 11 e 12

Escritura: 8

Obradoiro de xogos: tarefa 5 e 6

O Luns poñeréi un tema de Ciencias Sociais

Un bico moi forte

Eva

2A

25/03/2020 19:38
Europe/Madrid

Proposta de  actividade

#euquedonacasa

 

https://drive.google.com/file/d/1uwLR0RwcuSyJo0pDoOpCXxLLtOP6_D7v/view?usp=drivesdk

English 2nd

Good morning!

Bo día e unha aperta moi forte antes de nada e moito ánimo para continuar ante esta situación que seguimos a vivir pero que pasará máis pronto que tarde,seguro!

Engado máis actividades, Reinforcement, Consolidation e Extension ( por esta orde) do topic correspondente e recordo o meu correo para seguir en contacto ante calquera dúbida ( aruthvega@gmail.com), ademáis dunha ficha máis lúdica de Arts and Crafts. Tamén engado algunha suxestión como facer flashcards do vocabulario, un póster, listas de palabras...

Un saúdo e lembrade: Stay at home!

Educación Física

 Como vexo que esta situación vaise prolongar no tempo, deixo uns pdfs con exercicos que poden facer os/as nenos/as.

Así mesmo o xogo da Oca adaptado que pode facer toda a familia.

Un saúdo.

 

MÚSICA

Esperando que esta situación non se alongue moito e podamos voltar a normalidade, mentres, para seguir traballando Música, os deixo unhas actividades de repaso.

Audición. La marcha del león de Camille Saint-Saëns (El carnaval de los animales):

Aquí os dejo dos musicogramas diferentes para que intentéis seguir la pieza “La marcha del león”.

 https://www.youtube.com/watch?v=sur0g-mQS8A

https://www.youtube.com/watch?v=zfSIvQsJIpw

Repasamos los instrumentos de percusión:

 

Repasamos el ritmo:

https://aprendomusica.com/const2/09negraysilencio/negraysilencio.html

https://aprendomusica.com/const2/04dictadoRitmico/04dictadoritmico.html

Un saúdo.

Mili.

Correo de contacto: quedatencasamusica7@gmail.com

Actividades Relixión (2º Primaria)

TRABALLO RELIXIÓN (2º Primaria)

Nestas semanas que temos por diante debemos ter esperanza en que todo o que estamos a facer  vai ter a súa recompensa. XUNTOS IMOS LOGRALO!!!!

Aquí vos deixo algunhas ideas para poder continuar co proceso educativo neste momento que nos toca vivir.

 

1.- Debúxate sendo superheroína ou superheroe. Busca un nome xeitoso e pensa ben na roupa que levarás. Non esquezas a túa capa!

2.- Pensa e escribe cales son os teus poderes (podes pensar en cousas que axuden aos adultos cos que estás: poñer a mesa, recoller o cuarto, xogar sen molestar aos pais que traballan na casa…)

3.- Colga o debuxo cos teus superpoderes no corredor, na porta da túa habitación ou mesmo na fiestra para que todo o mundo saiba da túa valía!!!

 Tamén deixo un enlace por si queredes facer algunhas actividades interactivas: https://relijuanjo.blogspot.com/2012/04/recursos-interactivos-editorial-anaya.html

E un xogo de memoria sobre Semana Santa On line: http://es.hellokids.com/c_24421/juegos-gratuitos/memori/juego-de-memoria-semana-santa

Se tedes algunha dubida, podedes contactar comigo no correo: mariafernandez@edu.xunta.es

Un saúdo e coidádevos moito:

María.

 

Inglés 2º

-Actividades relacionadas co topic actual ( JOBS ) e calquera de repaso dos anteriores ( SCHOOL, CLOTHES e ANIMALS ). Teñen para elo posters realizados e levados para casa ademáis de Portfolio enviado a finais do 1º Trimestre.
-Exercicios nas seguintes webs: mundoprimaria.com / edufichas.com / dibujosparacolorear.eu
-Xogos interactivos: gamestolearningenglish.com
-Música: Nursery Rhymes máis Traditional Songs: Supersimplesong e Chu Chu TV.
 
aruthvega@gmail.com

2A proposta

Estimadas familias:

Clan lanza hoxe, lunes día 16 de marzo, EduclanUnha iniciativa que ofertará ás familias recursos educativos de calidade durante o período de suspensión das clases lectivas presenciáis .

Tamén vou propoñer unha serie de Apps españolas que están ofertando de balde, os seus contidos Premium para axudar a que os nosos nen@s sigan aprendendo dende ás casas.

Academons Primaria: http://bit.ly/Academons_Gratis

Ta-tum: do grupo Editorial Edelvives, ofertando acceso gratuito ata Xulio para o fomento da lectura    http:bit.ly/Edelvives_Tatum

Smartick: App malagueña de repaso das matemáticas http://bit.ly/Smartick_15

Celebriti Edu: oferta más de 50.000 xogos para Primaria e Secundaria de balde ata fin de curso

AMCO : Acceso a xogos de Matemáticas e Lengua  https://amconews.es/eduzland/

Tamén, na medida do posible faremos fichas de :

Matemáticas:

Numeración : Fichas 15 e 16

Cálculo : fichas 15 e 16 facendo fincapé no cálculo mental e na práctica da suma e da resta

Resolución de problemas : fichas 12 e 13

Lengua:

Facer o tema 8

Lingua :

Competencia Lectora: Tarefa 9 e 10

Escritura : tarefa 5 e 6

Recordo que os nen@s da clase teñen ritmos de aprendizaxe distintos

Estas pautas son xerais, se algún neno ou nena ten xa feita algunha das fichas propostas, pasará á seguinte 

Moito ánimo, e non descuidemos as rutinas e a importancia da lectura diaria.

 

Recordo ás familias , que dadas ás circunstancias extraordinarias, estas actividades non serán avaliables. Para a segunda avaliación, usaremos as probas recollidas , o traballo diario na aula e a evolución das aprendizaxes de cada nen@, xa que traballamos nunha metodoloxía de AVALIACIÓN CONTÍNUA

Seguimos en contacto tanto por abalar como a través do mail

Un bico

Eva

Tarefas durante a suspensión da actividade lectiva para 2ºB

Prezadas familias,

Ante a situación creada pola alerta sanitaria , quero, ante todo, transmitirvos tranquilidade.

As actividades están pensadas tendo en conta as dúas próximas semanas. Se se prolongará a situación, nos poñeríamos en contacto con vós a través do correo electrónico ou por abalar  móbil. Calquera dúbida podedes escribir ao correo: monicagomezestevez@edu.xunta.es.

Todos os días que lean o libro que máis lles guste durante 20minutos, como facemos no cole.

Segundo vaia subindo calquera outra actividade lúdica, avisaremos por abalar móbil.

MATEMÁTICAS

1. Numeración: fichas: 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22 e 23.

2. Cálculo: ficha 15 (estudar tabla do 2) e ficha 16 (estudar tabla do 3). (Incluído o cálculo mental destas dúas fichas para practicar sumas e restas)

3. Resolución de problemas: ficha 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18 e 19.

4. Medida: ficha 6.

LENGUA

pàxinas: 116, 117,118, 119, 120, 121, 122, 123, 124 e 125.

LINGUA

1. Competencia lectora: tarefa 9, 10, 11 e 12.

2. Escritura: tarefa 5, 6 e 8.

3. Obradoiro de xogos: tarefa 5 e 6.

 

Ánimo e coidádevos moito. Un saúdo. Mónica

 

 

 

Ficamos na casa: correo electrónico

Pois non queda outra... ficamos na casa.

E para poder estar todos xuntos moi pronto, debemos seguir as recomendacións que nos vaian dando.

Por ti, por min, por tod@s, sairemos da casa só o estrictamente necesario, mantendo as medidas hixiénicas necesarias e respetando a distancia de seguridade.

Xa voltará o tempo de darnos bicos Risa

Entrementres vos deixo o meu correo electrónico para calquera dúbida:

vidalarmada@edu.xunta.es

Nos próximos días, intentaréi poñer actividades, sempre lúdicas para facer cos nen@s na casa. É moi importante que os nen@s manteñan, na medida do posible, as rutinas (de sono, comida, lectura, autonomía, etc.)

BICOS A MOREAS

Vémonos

Eva

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930