Secretaría

ADMISIÓN ALUMNADO

ADMISIÓN ALUMNADO 2022-2023

Aberto o prazo de admisión de alumnado do 1 ao 21 de marzo de 2022 (PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO)

NORMATIVA

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro

ORDE do 12 de marzo de 2013 

ORDE do 25 de xaneiro de 2017  

ORDE do 18 de decembro de 2020 

 

PRAZO

  • 1 ao 21 de marzo. Presentación da solicitude de admisión.

  • 26 de abril.  Publicación das listaxes provisionais.

  • 3 días hábiles a partir do seguinte á publicación. Prazo de reclamación das listaxes provisionais.

  • 18 de maio. Publicación das listaxes definitivas.

  • 20 ao 30 de xuño. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria.

  • 25 de xuño ao 10 de xullo. Formalización de matrícula de ESO

 

 

 

Reparto máscaras alumnado

Este ano a Consellería de Cultura, Educación e Universidade reparte novamente máscaras de protección ao alumnado solicitante.

Para evitar exposicións innecesarias, as máscaras son entregadas directamente ao alumnado na aula, sen necesidade de que asistan os seus responsables ao centro educativo.

O reparto farase o luns 10 e martes 11 de xaneiro. Para aquel alumnado que non asista estes días entregaráselle as máscaras correspondentes na conserxería do centro tras solicitalas.

Deixámosvos en "adxuntos" as instrucións de uso e conservacións das máscaras.

Máscaras alumnado curso 2021/2022

 

AXUDAS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO, CURSO 2021/2022

Orde do 28 de outubro de 2021  pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).  Diario Oficial de Galicia do 12/11/2021

Orde do 28 de outubro de 2021

ALUMNADO DESTINATARIO:

  • Todo aquel alumnado beneficiario da axuda para adquirir material
  • Alumnado que pertenza a unha familia cunha reda per cápita menor o igual a 6.000€

 

SOLICITUDES:

1. Todo aquel alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar durante o curso actual non terá que presentar solicitude pois será beneficiario automaticamente.

2. Presentarán solicitude: Aquel alumnado que non fose beneficiario de axuda para adquirir material escolar no curso 2021-22 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Alumnado que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Alumnado matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65% con independencia da renda da unidade familiar.

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

As persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación:

  • Solicitude, Anexo I. Dispoñible no centro educativo, na web do centro e no portal educativo.
  • Anexo II (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

Anexo I e II

  • Copia do Libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e demais membros computables da unidade familiar.
  • No caso de separación ou divorcio deberán achegar sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • Os documentos deberán reflectir a situación persoal en 31 de decembro de 2019.

PRAZO:

10 días hábiles, do 15 ao 26 de novembro, ambos incluídos.

 

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes publicarase unha listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas. Esta listaxe publicarase no interior do recinto escolar o 30 de novembro. Contra a mesma poderase formular alegacións nos dous días hábiles seguintes. O 3 de decembro publicaranse as listaxes definitivas.

 

Nova Convocatoria para a cesión do Equipamento “Suministro de soluciones de puesto educativo en el hogar para centros educativos de Galicia” polo Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital do Goberno de España

O centro abre novamente prazo para a solicitude de equipos con conexión a Internet. O prazo ábrese do 24 ao 31 de xaneiro. Pode presentar as súas solicitudes a través do formulario en liña ou a través do Anexo I en papel.

Convocatoria do 20 de outubro de 2021 para a cesión do Equipamento “Suministro de soluciones de puesto educativo en el hogar para centros educativos de Galicia” polo Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital do Goberno de España dirixido a aquel alumnado que se atope en situación de fenda dixital en canto á conectividade da Internet para poder desenvolver as súas tarefas con normalidade durante o curso 2021-2022.

Ligazón á convocatoria.

Ligazón ao Anexo I en liña.

Ligazón ao Anexo I en formato ficheiro.

Material escolar 2021/2022

Listaxes de material escolar

Ed.Infantil: pendente.

1º Ed.Primaria: ligazon

2º Ed.Primaria: ligazón

3º Ed.Primaria: ligazón

4º Ed.Primaria: ligazón

5º Ed.Primaria: ligazón

6º Ed.Primaria: pendente.

Música: ligazón

Convocatoria de Fondo Solidario de Libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Convocatoria: Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

Prazo: do 21 de maio ao 22 de xuño. Non se admiten solicitudes fóra de prazo.

Solicitudes:

  • Vía electrónica a través da aplicación informática Fondolibros: https://www.edu.xunta.es/fondolibros

  • A través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal co procedemento ED330B.

  • Presencialmente no centro onde cursará estudos no 2021/2022, acompañado de copia do libro de familia e sentenza de separación, de ser o caso.

  • En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Documentación:

  • Modelo de solicitude: Anexos I e II. Facilitaranse impresos ao futuro alumnado de 1º a 4º Ed.Primaria. Para os outros cursos, o alumnado pode solicitar o impreso en conserxería e as familias poden recoller o mesmo na entrada do centro educativo ou descargalo de esta páxina Web.

  • Manual de usuario para a cidadanía.

Axudas que se conceden ao alumnado 2021/2022:

  • Ed.Infantil: non hai axudas ao non ser unha etapa obrigatoria.

  • 1º e 2º Ed.Primaria: axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

  • 3º e 4º Ed.Primaria: cesión do Fondo Solidario de libros de texto e axuda para adquirir material escolar.

Grupos E-Dixgal:

  • 5º e 6º Ed.Primaria: axuda para adquirir material escolar. Non hai libros de texto.

  • ESO: axuda para adquirir material escolar. Non teñen dereito ao Fondo Solidario de Libros. O centro pon á disposición do alumnado o Banco de libros propio. Para acceder ao mesmo deben realizar a petición a través do formulario de solicitude. Os fondos serán repartidos ata fin de existencias:

    • 1º: Alumnado beneficiario da axuda de material.

    • 2º: Rigorosa orde de solicitude a través do formulario.

Requisitos:

  • Ser alumnado do centro no curso 2021/2022.

  • Devolver en bo estado os libros prestados.

Admisión 2021/2022

Aberto prazo de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro dende o 01 ao 22 de marzo de 2021.

Pódese facer a solicitude:

  1. Aa través da Aplicación Admisionalumnado: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
  2. No centro de 1ª opción.

Cursarase unha única solicitude, na que se pode por ata 6 centros por orde de preferencia.

Documentación:

  • Solicitude (en caso de presentación física ver documentos anexos).
  • Copia do DNI da persoa solicitante (alumnado) ou libro de familia. (No caso de denegar a consulta automática achegarase copia do DNI dos membros computables da unidade familiar).
  • Certificado oficial de matrícula, agás alumnado de 3 anos.
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, no seu caso.

A solicitude ten que estar asinada por todos os proxenitores.

COMEZO SECUNDARIA ADIADO

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou hoxe o adiamento nunha semana do inicio de curso en Secundaria, en concreto aos días 23, 24 e 25 de setembro.

No noso centro, o 23 de setembro iniciará o curso o alumnado de 1º e 2º ESO, e o día 24, o alumnado de 3º e 4º ESO por ser festivo local o día 25.

Preme na ligazón para ver a noticia completa:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31889

 

Listaxes definitivas de beneficiarios de axudas adquisición de material escolar e Fondo Solidario de Libros

As listaxes definitivas de beneficiarios están publicadas no taboleiro do patio norte do centro.

O reparto de vales de material escolar farase no mes de xullo, de 9h a 13:30h.

Os libros de texto de 3º e 4º Ed.Primaria realizarase no mes de xullo, de 9h a 13:30h.

Os libros de texto de ESO farase en setembro, pendente do resultado das probas extraordinarias do alumnado convocado.

O alumnado de 1º e 2ºESO non teñen dereito ao FSL ao ser grupos E-Dixgal pero adxudicaráselles libros de texto do fondo propio do centro en base ás solicitudes presentadas.

De non poder achegarse persoalmente a recoller o vale/libros de texto pode delegar noutra persoa cunha autorización por escrito.

Protocolo para entrega de boletíns de cualificacións, recollida e entrega de material e entrega de documentación para a formalización de matrícula 2020/2021

Estimadas familias,

Achégase o fin de curso e quedan aínda moitos trámites por realizar: recollida de material e entrega do que aínda está no centro, devolución de libros de texto e equipos informáticos de empréstito, recollida do boletín de cualificacións, recollida dos impresos para a formalización da matrícula e asignación de cita e formalización da matrícula (1 ao 10 xullo).

Para poder realizar todas estas xestións coa maior fluidez posible e a maior garantía de seguridade deseñamos un protocolo para o cal precisamos a súa colaboración.

Terán que vir ao centro en dúas ocasións. Primeiramente o día asignado segundo o curso co material a devolver (libros de texto, libros da Biblioteca ou do Club de lectura, equipos de empréstito do centro, mochilas viaxeiras,...) e recoller o material propio. Na conserxería do centro entregarase o boletín de cualificacións, documentación para a formalización da matrícula e asignarase cita para entregala.

16 xuño Novo ingreso   22 xuño 1º-3º Primaria
17 xuño 4º Ed.Infantil   23 xuño 2º-4º Primaria
18 xuño 5º-6º Infantil   25 xuño 2º-4º Secundaria
19 xuño 5º-6º Primaria   26 xuño 1º-3º Secundaria

Terán que voltar o día e hora asignado (entre o 1 e o 10 de xullo) para formalizar a matrícula: entregar os impresos cubertos e a documentación solicitada, e entregaráselle a axenda escolar do centro coa que este ano agasallamos a todo o alumnado.

Teñen máis detalle nos documentos adxuntos:

Non dubiden en consultar con nós calquera dúbida nos teléfonos 886120001 e 886120002 ou no correo electrónico cpi.cova.baiona@edu.xunta.es

Libros de texto 2020/2021

Poden consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2020/2021 nos ficheiros adxuntos a esta nova e no taboleiro principal do centro.

Matrícula 2020/2021

O prazo de matrícula é do 1 ao 10 de xullo para todas as etapas educativas. Os impresos de matrícula están dispoñibles no centro e entregaranse co boletín de cualificacións. Tamén pode descargalos nos ficheiros adxuntos.

Contacte co centro para asignarlle unha cita: 886120001

Impresos de matrícula para o curso 2020/2021. Escolla o nivel que cursaría o vindeiro curso:

Participación no Fondo Solidario de Libros de texto e convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Ed.Primaria e ESO para o curso escolar 2020/2021

Con data 19 de maio saíu publicada a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21.

Prazo aberto dende o 20 de maio ata o 19 de xuño, ámbolos dous inclusive. Non se poderán recoller solicitudes fora de prazo.

A solicitude será única para todos os irmáns escolarizados no centro. Deberán achegar fotocopia do Libro de familia na que figuren todos os membros de unidade familiar. En caso de non telo ou que a situación de familiar a 31/12/2018 non coinicda coa reflicta no Libro, terá que presentarse documento acreditativo do número de membros da unidade familiar tales como certificado ou volante de convivencia, sentenza xudicial de separación ou divorcio ou informe dos servizos sociais que acredite a situación familiar. En caso de discapacidade, copia do certificado ou resolución emitida pola SS.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) e tamén nos ficheiros adxuntos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro educativo ou en calquera dos rexistros establecidos na normativa do procedemento administrativo.

Aquelas persoas, que tras solicitar as axudas do Fondo Solidario de Libros, non resulten beneficiarias ao non cumprir os criterios da aplicación poderán optar ao banco de libros propio do centro, suxeito ás existencias dispoñibles.

Tamén teñen dispoñible o impreso no centro e quedamos á súa disposición nos teléfonos habituais do centro: 886120001, 886120002 e 886120004.

O cova queda na casa, pero seguimos pendentes de vós

“O Cova queda na casa” .

No CPI de Cova Terreña estamos a traballar arreo para que o noso alumnado poida continuar formándose coa calidade que merece. Estamos á disposición das familias, facilitando libros, material escolar funxible e material informático ao alumnado que así o precise.

Atendemos as peticións das familias nos teléfonos do centro (886120001-886120006- 886120004) en horario de 8:30h a 14:00h, e tamén no correo electrónico do centro: cpi.cova.baiona@edu.xunta.es

Contamos, tamén, coa colaboración do Concello de Baiona e dos servizos de Protección Civil, aos cales lles agradecemos a entrega dos paquetes que preparamos estes días para o alumnado de 1°Ed. Primaria cos cadernos de traballo e material necesario para seguir as clases dende as súas casas e salvagardando aos nenos e ás súas familias, evitando así numerosos desprazamentos.

Facédenos saber calquera necesidade escolar na que vos poidamos axudar ou poñédevos en contacto coa Concellería de Servizos Sociais no 986385926.

Sodes o noso motor e xuntos formamos unha gran familia. Queremos ver eses sorrisos pronto e seguir medrando con vos!!!

Unha gran aperta.

 Orientacións provisionais da Consellería de Educación

 

Cualificacións da 2ª avaliación, Fin do Trimestre

Estimadas familias:

Chega ao seu fin un trimestre “estraño”. Cando se suspenderon as sesións lectivas apenas quedaban 3 semanas de clase, algunha menos para as sesións de avaliación da metade dos grupos. Ao longo destes días de non asistencia ao centro ofertámoslle ao alumnado actividades non avaliables: actividades de repaso, reforzo ou mesmo introdutorias cara á continuación e reanudación, canto antes, do curso escolar. As tarefas propostas durante o período de confinamento ocasionado polo estado de alarma o foron en base ao traballo previsto durante esas datas axustado ás sesións lectivas semanais, pondo á disposición do alumnado os recursos a través de medios dixitais: páxina web do centro, aula virtual e Abalar Móbil.

O vindeiro venres 3 de abril, ás 10 h, poderedes visualizar os resultados da 2ª Avaliación do alumnado por Abalar Móbil. Estes resultados refírense ao traballado no trimestre ata o 12 de marzo, é dicir, ao traballo realizado presencialmente no centro. Adiántase a publicación dos resultados para que, de ter algunha dúbida sobre as cualificacións, poidades dirixirvos ao profesorado a través dos correos electrónicos facilitados para resolvelas.

Asemade, se fose preciso engadir calquera información adicional, a persoa titora enviaravos a mesma por mensaxe a través de Abalar Móbil.

Chegan as vacacións de Semana Santa, tempo de descanso para o noso alumnado no que poden ler, xogar e pasar tempo de calidade coa familia. Nós seguiremos artellando recursos para mellorar a atención ao alumnado.

Son momentos de incerteza, nos que imos recibindo novas instrucións pouco a pouco, pero compre estar preparados por se a situación se mantén no tempo. Por iso solicitamos que nos comuniquedes as dificultades que poidades ter para, de ser preciso, seguir coa teleformación: equipo informático, conexión a internet,... Por favor, facédenos chegar calquera dificultade que teñades e na que nós vos podamos axudar.

Moitas grazas pola vosa colaboración, polas vosas palabras de alento e agradecemento, son de gran valor para nós. Moito ánimo e coidádevos moito, esperamos vernos moi pronto.

Un saúdo.

O Equipo Directivo.

Admisión 2020/2021

Aberto prazo de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro dende o 01 ao 20 de marzo de 2020. Debido ao peche dos centros, o prazo pecharase unha semana despois do inicio das sesións lectivas.

Recoméndase facer a solicitude a través da Aplicación Admisionalumnado:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Cursarase unha única solicitude, na que se pode por ata 6 centros por orde de preferencia.

Documentación:

  • Solicitude en caso de presentación física (ver documentos anexos).
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • DNI e/ou libro de familia.
  • Certificado oficial do expediente académico, no seu caso.
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, no seu caso.

Tamén pode presentar a súa solicitude por correo electrónico en cpi.cova.baiona@edu.xunta.es ou no buzón do centro educativo empregando a documentación anexa.

Organización do centro durante o peche dos centros educativos desde o luns 16 marzo

Estimadas familias,

Agardamos que todos vos, alumnado, profesorado e familias esteades ben neste momento.

Dende o centro faremos todo o posible para que o noso alumnado siga formándose. Para iso podedes atopar as indicacións das actividades a realizar no apartado Alumnado da nosa páxina Web:   http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicovaterrena/    así como o correo electrónico do profesorado para poder contactar con el. Segundo vaiamos publicando as actividades avisaremos a través da aplicación Abalar Móbil.

Ademais, no apartado Alumnado->Xeral iremos colgando outros recursos adicionais para ir atendendo ao distinto ritmo e preferencias do alumnado que vos poden resultar de interese.

Pola seguridade de todos o centro estará pechado ao público pero non detemos o noso traballo nin vos deixamos sós. Podedes poñervos en contacto con nós no teléfono 886120001 e no correo electrónico cpi.cova.baiona@edu.xunta.es

Estaremos en contacto con todos/as a través da web do centro, de Abalar Móbil e das canles que vos facilitamos.

Xuntos podemos superar isto, só nos piden quedar na casa, e nós estaremos tamén con vós. Moita saúde a todos/as.


Unha aperta do equipo humano do CPI de Cova Terreña.

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031