Xeografía e Historia

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 8 de marzo

Co gallo do Día Internacional da Muller (8 de marzo) o alumnado de 4º de E.S.O. asistiu como convidado, polo Centro de Información á Muller de Baiona, á proxección do documental "Las Constituyentes" e charla coloquio con Dona Nona Inés Vilariño Salgado, deputada da lexislatura constituínte 1977-1979, no I.E.S. Primeiro de Marzo.

Dona Nona Inés Vilariño Salgado

O obxectivo desta actividade é que os nosos alumnos/as tomen conciencia da longa loita das mulleres polos seus dereitos e da súa escasa participación na elaboración do noso texto constitucional.

Ningunha muller formou parte da ponencia constitucional. A Constitución de 1978 tivo sete país pero ningunha nai e as mulleres como grupo (27) tampouco tiveron excesivo protagonismo no proceso constitucional. Pero as súas aportacións teñen un gran valor se pensamos nas difíciles condicións nas que a maioría delas tivo que traballar.

Asemade a Constitución de 1978 marcou un auténtico punto de inflexión no recoñecemento dos dereitos dos españois, e tamén no recoñecemento dos dereitos da muller. No Capítulo II Dereitos e liberdades, no artigo 14 recoñécese que:

“Os españois son iguais ante a lei, sen que poda prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social”.

Velaquí a dedicatoria de Dona Nona Inés Vilariño.

Grazas Nona pola túa compaña!!!

Exposición "O relevo e as súas formas" na Praza de Abastos

A Praza de Abastos de Baiona ten o pracer de acoller unha mostra sobre as diversas formas do relevo que nos atopamos na superficie da codia terrestre e tamén no fondo dos océanos, a formación do relevo: volcáns e os océanos e os continentes.
Os traballos expostos abarcan principalmente maquetas feitas polo alumnado de 1° E.S.O. do Centro Público Integrado de Cova Terreña, durante o primeiro trimestre, baixo a supervisión da profesora de Xeografía e Historia, Dona Loreto Raya.


Lugar: andar superior do edificio da Praza de Abastos de Baiona.
Duración da exposición: do 15 de xaneiro ao 1 marzo.

SAÍDA DIDÁCTICA "COÑECE A TÚA VILA"

O día 21 de decembro os/as alumnos/as de 2º e 3º de E.S.O. realizaron unha saída didáctica polo entorno da vila de Baiona.

Dita saída está relacionada cos contidos curriculares e co lema escollido polo centro: "Patrimonio material e inmaterial de Baiona".

Agradecer a concelleira de educación, a guía da oficina de turismo e a monitora da Casa da Navegación a súa colaboración na posta en marcha desta actividade.

PRIMEIRO PREMIO NO CONCURSO OCEANS OF PLASTICS

O pasado 19 de decembro, catro alumnos/as de 4º de ESO A, resultaron gañadores do Concurso de ideas innovadoras do proxecto da FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología) “Oceans of plastics”. Un concurso escolar organizado polo Campus do Mar que busca crear unha sensibilización e unha concienciación en canto a problemática dos plásticos no medio mariño.

O xoves 11 de xaneiro procedeuse á entrega dos premios, ás 11:30h, no salón de actos do CPI de Cova Terreña, coa asistencia dos gañadores, as profesoras participantes no proxecto, alumnado de 4ºESO, familiares dos gañadores, representantes da ANPA, secretario da asociación de praceiros (sede temporal da exposición), concelleira de Educación e membros do equipo directivo do centro.

Os nosos parabéns polo voso traballo!

Neste enlace podedes acceder a máis información sobre o concurso.

Neste enlace podes ver a nova en Valmiñor TV.

EXPOSICIÓN DE MAQUETAS DO RELEVO TERRESTRE 1º E.S.O.

O alumnado de 1º de E.S.O. A e B ten o pracer de convidalos a visitar a exposición " O relevo e as súas formas", os días 8 e 9 de xaneiro, no salón de actos do CPI de Cova Terreña.

Os traballos expostos abarcan principalmente maquetas feitas polo alumnado de 1º de E.S.O. do Centro Público Integrado de Cova Terreña, durante o primeiro trimestre, baixo a supervisión da profesora de Xeografía e Historia, Loreto Raya.

 

A exposición trasladase ao primeiro andar da Praza de Abastos de Baiona, para súa difusión entre a cidadanía. Podedes visitala do 15 de xaneiro ao 1 de marzo de 2018. 

O vindeiro mércores 31 de xaneiro estarán todas as maquetas no mercado!!! 

Agradecemos aos praceiros/as a súa implicación e boa acollida!!!

EXPOSICIÓN CONSTRUÍNDO NOVAS MIRADAS

Co   gallo   do   ​ Día   Mundial   do   Medio   Ambiente   (5   de   xuño),   o   alumnado   de   ​ 3o   de   ESO   do  Centro   Público   Integrado   de   Cova   Terreña   ten   o   pracer   de   convidalos   á   inauguración   da  exposición   ​ Construíndo   Novas   Miradas   que   terá   lugar   o   vindeiro   ​ luns​ ,   ​ 5   de   xuño​ ,   ás   12:00  horas, na Praza de Abastos de Baiona.
 
Mediante   esta   exposición   queren   darvos   a   coñecer   o   seu   proxecto   interdisciplinar,   un  proxecto   consistente   na   elaboración   de   animais   mariños   (corvo   mariño,   quenlla,   congro,  raia,   peixe   espada,   camarón),   feitos   con   materiais   de   refugallo   recollidos   nas   praias   da  vila,   cos   que   intentan   ​ comunicar   sensacións   e   pensamentos   e   tamén   ​ concienciar   sobre  a acumulación de produtos de plástico no medio ambiente da súa vila​ . 
 
As   obras   realizadas   estarán   expostas   ao   público   no   interior   da   ​ Praza   de   Abastos   de  Baiona​ ,  dende o luns ​ 5  ao 19 de xuño​ . 

SAÍDA DIDÁCTICA A ALLARIZ DENTRO DO PROXECTO TERRA

O pasado de 2 maio o alumnado de 3º de ESO realizou un percorrido polo centro histórico de Allariz, e visitou o Museo do Coiro, o Museo da Moda e o Museo do Xoguete. Pola tarde realizou unha serie de actividades no Centro de Educación Ambiental do Rexo (CEA) a cargo do monitor da Fundación Gonzalez Ferreiro.

SAÍDA DIDÁCTICA "CELANOVA, PEDRA E POESÍA"

 

O alumnado de 3º e 4º de ESO fixeron unha saída didáctica interdisciplinar a Celanova, unha vila coñecida polos seus monumentos, dun gran valor artístico e histórico: Mosteiro de San Salvador, Capela de San Miguel, Torre das Campás, Casa familiar de M. Curros Enríquez, Conxunto medieval de Vilanova dos Infantes e poboado castrexo de Castromao. Pero tamén, por ser o berce de escritores tan ilustres como Celso Emilio Ferreiro e Xosé Luis Méndez Ferrín, aos que está adicado un museo enclavado na casa natal do literario Curros Enríquez.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031