Xeografía e Historia

PROXECTO CREAMOS A NOSA CIDADE IDEAL

Na clase de Xeografía e Historia seguimos traballando na preparación da nosa cidade ideal. Esta vez tocounos a elaboración dun lapbook e dunha maqueta que mostrará de forma visual e vistosa información sobre a nosa cidade ideal (funcións urbanas, tipo de plano, estrutura interna, trama urbana, número de habitantes, densidade de poboación, coordenadas xeográficas, clima, etc).

Todos nos puxemos mans á obra e traballando en equipo, con moita paciencia e cariño conseguiremos o gran produto final.

Mañá xoves, día 20 de xuño, ás 12:30h, inauguramos a exposción dos nosos produtos finais,  na biblioteca municipal.

Nota de prensa Valmiñor TV da inauguracións dos produtos finais. PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO!!!!

No documento adxunto podes visualizar imaxes do proxecto que está a desenvolver o alumnado de 2º ESO A e B.

Saída didáctica á estación arqueolóxica Outeiro dos Lameiros

No día de hoxe, o alumnado de 1º de ESO visitou un museo ao aire libre, a Estación Arqueolóxica Outeiro dos Lameiros, e coñeceu da man do arqueólogo e historiador baionés, Xosé Lois Vilar, as prospeccións arqueolóxicas realizadas nos anos 80 na zona dos Lameiros, que é unha portela entre O Outeiro do Ceboleiro polo sur e O Outeiro dos Lameiros polo norte.

Neste xacemento arqueolóxico apareceron unha gran variedade de superficies gravadas, coñecidas co nome de petróglifos, con motivos figurativos-esquemáticos e tamén abstractos (coviñas, reticulados, estreliforme, circos, escaleiriforme, etc).

 

 Preme no documento adxunto para visualizar as imaxes da saída ...

Visita á exposición LAPBOOK de países de Europa

Para conmemorar o día de Europa, o  9 de maio, o alumnado de 6ºB de Primaria, realizou uns traballos en LAPBOOK sobre diversos países europeos que  nos invitaron a coñecer no salón de actos.

Durante as sesións lectivas da materia de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia de 1º e 4º de ESO coñecinmos da man do alumnado de 6º B, moitos aspectos da xeografía, das tradicións e costumes, da gastronomía , …, dalgúns  países da Unión Europea.

Coñece as túas institucións: Xunta e Parlamento de Galicia

O 9 de abril, o alumnado de 2º da ESO do CPI Cova Terreña visitou as sedes das institucións autonómicas que representan aos galegos e galegas, a Xunta de Galicia e o Parlamento de Galicia, e recibiu de primeira man información sobre o desenvolvemento das principais funcións de cada unha das institucións, nos lugares onde estas desenvolven as súas competencias.   

Os alumnos/as tiveron a oportunidade de asistir a unha sesión plenaria, na que o vicepresidente do Parlamento de Galicia realizou unha mención ao alumnado e profesorado acompañante na visita didáctica.

Asemade, o alumnado realizou unha xincana polo centro histórico de Santiago, organizada polo profesor de Educación Física.

O tempo non foi un impedimento para que os rapaces e as rapazas desfrutaran da actividade ao aire libre.

No ficheiro adxunto podes visualizar as imaxes da saída.

Saída didáctica ao PACC Lansbrica e á granxa ecolóxica A Cernada

O 11 de abril, o alumnado de 1º da ESO do CPI Cova Terreña visitou o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa e desfrutou dun dos seus obradoiros "arqueolansbrica", no que se converteron en arqueólogos/as por un día.

Tralo xantar, tivemos a oportunidade de visitar a granxa A Cernada, en Palas de Rei, e desfrutar da compaña de Ana e das súas agarimosas vaquiñas. 

Ana, a granxeira de A Cernada preparounos unha sorpresa, nada máis e nada menos que unha riquísima merenda: batido de amorodos, batido de iogur, queixo fresco e biscoito!!!. 

Repoñendo forzas para a volta

Os titores de 1º de ESO (Arantxa e Antonio), as profes de Bioloxía e de Xeografía e Historia (Ana e Loreto) e os alumnos/as de 1º ESO agradecemos a vosa hospitalidade.

Grazas  por darnos a oportunidade de dar a coñecer o gran traballo que realizan os nosos/as gandeiros/as!!!

Charla-coloquio COÑECE AS TÚAS INSTITUCIÓNS

 

O vindeiro xoves, día 4 de abril, o alumnado de 3º de ESO participará nunha charla-coloquio organizada pola Presidencia do Parlamento en colaboración coa Asociación de Ex Parlamentarios/as, que ten como obxectivo que os/as alumnos/as de Educación Secundaria coñezan de preto o traballo que se desenvolve no Parlamento de Galicia.

Inteveñen

Preme para realizar a visita virtual ao Parlamento de Galicia

Nota de prensa Telemariñas e ValmiñorTV

Nesta sesión divulgativa que tivo como obxectivo que o alumnado de 3º de ESO coñecera de preto o traballo que se desenvolve nesta institución, exdeputados/as explicaron as funcións desta cámara, a súa composición e órganos e contestaron ás preguntas do alumnado asistente. A charla complementouse cunha proxección audiovisual, que fixo un percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia. Neste acto participaron os exdeputados Don Manuel Barros Puente (PSdeG), Dna. Olaia Fernández Davila (BNG) e D.Manuel Pérez Álvarez (PPdeG).

 

Charla A MULLER NO FRANQUISMO

Dende o departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia convidámoslles á charla sobre "A Muller no Franquismo" a cargo de Dona Uxía Otero González, que terá lugar o vindeiro luns 1 de abril, ás 16:10h, no salón de actos do centro, cunha duración estimada de 90 minutos.

Uxía Otero González (Cervo, 1992) é graduada en Historia (USC,2014) e Máster Interuniversitario en Historia Contemporánea (USC,2015). Na actualidade cursa o Programa de Doutoramento en Historia Contemporánea e é beneficiaria do programa de Formación de Profesorado Universitario (FPU) no Departamento de Historia da Universiddae de Santiago de Compostela (USC).

Agradecemos de antemán a vosa asistencia.

 

A exposición "Construíndo novas miradas", no Museo do Mar de Galicia

A exposición “Construíndo novas miradas” está actualmente no Museo do Mar de Vigo, recoñecendo o seu valor didáctico e de concienciación medioambiental. Esta mostra foi realizada polo alumnado do CPI Cova Terreña de Baiona dentro do Proxecto Terra no curso 2016/2017. Consistiu na elaboración de animais mariños con materiais de refugallo recollidos nas praias da vila, nas saídas que fixeron aos areais de Os Frades e A Concheira.

Preme para saber máis ...

Pódese visitar ata finais de febreiro.

 

Encontro entre culturas

 

O pasado 10 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º da ESO tivo a oportunidade dunha sesión impartida por Dona Matilde Aristizabal Tapias, profesora do CCEE Reyes Católicos de Bogotá, durante máis de trinta anos. A sesión, que versou sobre as relacións históricas entre América Latina e España, foi unha oportunidade magnífica para coñecer a outra versión da historia do descubrimento, colonización e posterior independencia das colonias hispanoamericanas.

 

Saída didáctica ao PAAR de Campo Lameiro

Os alumnos e alumnas de 1º de ESO visitaron hoxe, día 7 de novembro, a área arqueolóxia e o centro de interpretación de arte rupestre de Campo Lameiro (Pontevedra). Asemade, desfrutaron dunha exhibición de lume e levaron a cabo un obradoiro de cerámica neolítica.

Efecto champagne e eclosións volcánicas no Cova

Queda un días para rematar as clases e temos preparadas distintas actividades:

O mércores 20 no recreo: Eclosións volcánicas.

Parabéns polo voso traballo e implicación !!!! Toca disfrutar das merecidas vacacións.

Mulleres destacadas de onte e antonte na Economía do Val Miñor

Xa podedes acceder aos traballos de Economía do alumnado de 4º B !!!

- Traballo individuais: Mulleres vinculadas aos sectores económicos do Val Miñor.

- Traballos grupais: Estudo dos negocios no casco urbano de Baiona.

 

I Concurso SOMOS UNHA METEOESCOLA. 1º ESO

O alumnado de 1º de ESO participou no I Concurso para aprendiz de meteorólogo/a, organizado polo departamento de Xeografía e Historia.

Os alumnos e as alumnas elaboraron manualmente un diagrama ombrotérmico, no que representaron as precipitacións (totais mensuais) e as temperaturas (medias mensuais) dun espazo xeográfico da Terra. Asemade tiveron que analizalo e interpretalo, segundo un cuestionario previo, entregado pola profesora a cada un dos grupos.

A actividade serviunos para valorar a adquisición de coñecementos sobre meteoroloxía e das competencias específicas asociadas á materia.

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 18 maio. Centro Arqueolóxico SALINAE. 1º ESO

Con motivo do Día Internacional dos Museos (18 de maio), os alumnos e alumnas de 1º de ESO visitaron o Centro Arqueolóxico SALINAE e coñeceron a historia da única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizadade todo o Imperio Romano.

A salina foi descuberta en 1998 durante as escavacións da construcción do Centro de Saúde da Rúa Rosalía de Castro (Vigo).

O percorrido polas súas instalación permitiunos coñecer a instalación salineira, entender o seu funcionamento e como os romanos producían o sal na superficie das cubetas. Asemade, descubrimos os diferentes usos que os romanos lle deron o sal: para fabricar púrpura, como salario, como condimento, como alimento, como conservante, etc.

Aproveitamos a nosa estadía en Vigo para visitar distintos puntos de interese: o cárcere vello, a praza de Compostela, a Excolexiata, o monumento a Curros Enriquez, o monumento a Julio Verne, os restos do baluarte de A Laxe, a praza do Berbés e a imprenta Compañel.

Nesta imprenta Compañel, situada no centro histórico de Vigo, publicouse o 17 de maio de 1863 Cantares Galegos de Rosalía de Castro. O Día das Letras Galegas comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares Galegos, de Rosalía de Castro.

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO CUN OBRADOIRO DE ESCRITURA SUMERIA. 1º ESO

Os/as alumnos e alumnas de 1º de ESO B e a súa profesora de Xeografía e Historia Loreto Raya gozaron cunha interesante actividade, consistente en imitar aos antigos escribas sumerios e realizar cada un unha taboíña de arxila con imaxes moi simples, chamadas pictogramas, e inscricións cuneiformes. Foi un traballo moi entretido e que serviu para entender mellor a importancia da escritura no nacemento das primeiras civilizacións. 

Hoxe retomamos a actividade co alumnado de 1º ESO A. Durante a hora de ler realizaremos o obradoiro na aula de plástica.

PARA SABER MÁIS PREME AQUÍ (presentación coas imaxes das actividades realizadas polo alumnado de 1º de ESO)

Saída a Nigrán: das dunas de Gaifar á foz 4º A

O alumnado de 4º A asitíu a unha das visitas ofertada polo obradoiro de emprego do ValMiñor. Ruta Nigrán: das dunas de Gaifar chegamos á Foz.

Durante a saída disfrutamos dun medio natural (flora, fauna, valores paisaxísticos, ecosistemas, etc) que temos que conservar e preservar.

MeteoBaiona 4º ESO B DÍA MUNDIAL DO LIBRO 23 de abril

Os alumnos e alumnas de 4º B constituíron, na materia de Iniciación á actividade emprendedora, unha editorial "VAN Editores" e crearon distintos libros dixitais relacionados coa meteoroloxía, para conmemorar o Día Mundial do Libro.

BAIderefráns

Os animais e a meteoroloxía

Atlas das Nubes de Baiona: Paseo polas nubes

 

 BAIderelatos

BALTASAR MERINO ROMÁN. Día Meteorolóxico Mundial 23 marzo 2018

Con motivo do Día da Ciencia en Galicia (8/10) e tamén do Día Meteorolóxico Mundial (23/03), os alumnos/as de 4º B da materia de Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial, elaboraron unha presentación para dar a coñecer a figura de Baltasar Merino Román , un profesor, botánico, meteorólogo e divulgador científico de finais do século XIX e principios do XX que deixou unha forte pegada en Galicia, a través dos seus estudos de botánica, das borrascas atlánticas e do tempo atmosférico de A Guarda.

Ademais se lle atribúe a creación do primeiro Observatorio Meteorolóxico de Galicia e impulsou o emprego do barómetro aneroide nas embarcacións, para predicir borrascas, evitar afundimentos e salvar vidas.

Dende o seu punto de vista, a información meteorolóxica ten que servir os cidadáns, o que fixo que fose un dos promotores da creación da rede española de estacións pluviométricas.

PREME AQUÍ para acceder a presentación de Baltasar Merino.

 

Saída a Santiago de Compostela 2º ESO

Saída didáctica interdisciplinar organizada polos departamentos de Educación Física e Xeografía e Historia.

O venres, día 16 de marzo de 2018, o alumnado de 2º de ESO visitou distintos lugares de interese cultural na capital da C. A. e realizou dous obradoiros na Escola Galega de Consumo coa finalidade de impulsar e desenvolver a formación das persoas consumidoras.

 

Museo do pobo galego, catedral e centro histórico de Santiago de Compostela

Os alumnos e alumnas de 3º de ESO visitaron o Museo do pobo galego e realizaron unha das actividades autónomas: 123, Museo en test. Xogo tipo test que consiste en resolver en grupos un cuestionario percorrendo e observando o Museo para poder dar resposta ás preguntas que se formulan.

Tralo xantar percorreron o centro histórico de Santiago e visitaron a súa catedral, un dos mellores exemplos do románico peninsular e das igrexas de peregrinación, con planta de cruz latina e cabeceira con carola e absidiolas. Na catedral realizaron unha actividade autónoma para percibir "in situ" as características da arquitectura románica, os materiais construtivos e os elementos sustentantes (soportes) e sustentados (cuberta) que conforman o edificio.

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930