Cova Queda Na Casa: O mural xa está listo!

Estimada comunidade educativa,

Dende o equipo de Convivencia puxemos en marcha a actividade "Cova queda na casa" para poder vervos e seguir con vós preto na distancia. Coas fotografías recibidas mantivemos o "contacto na distancia" e puidemos compartir os momentos de estudo, de xogo, de saída á natureza, de lectura, o cariño pola lingua galega e os momentos en familia dos cales dan testemuña o mural exposto no centro e que nos lembra todo o esforzo e responsabilidade por parte de todos neste período.

Noraboa polo voso compromiso e colaboración durante todo este período de actividade non presencial.

Protocolo para entrega de boletíns de cualificacións, recollida e entrega de material e entrega de documentación para a formalización de matrícula 2020/2021

Estimadas familias,

Achégase o fin de curso e quedan aínda moitos trámites por realizar: recollida de material e entrega do que aínda está no centro, devolución de libros de texto e equipos informáticos de empréstito, recollida do boletín de cualificacións, recollida dos impresos para a formalización da matrícula e asignación de cita e formalización da matrícula (1 ao 10 xullo).

Para poder realizar todas estas xestións coa maior fluidez posible e a maior garantía de seguridade deseñamos un protocolo para o cal precisamos a súa colaboración.

Terán que vir ao centro en dúas ocasións. Primeiramente o día asignado segundo o curso co material a devolver (libros de texto, libros da Biblioteca ou do Club de lectura, equipos de empréstito do centro, mochilas viaxeiras,...) e recoller o material propio. Na conserxería do centro entregarase o boletín de cualificacións, documentación para a formalización da matrícula e asignarase cita para entregala.

16 xuño Novo ingreso   22 xuño 1º-3º Primaria
17 xuño 4º Ed.Infantil   23 xuño 2º-4º Primaria
18 xuño 5º-6º Infantil   25 xuño 2º-4º Secundaria
19 xuño 5º-6º Primaria   26 xuño 1º-3º Secundaria

Terán que voltar o día e hora asignado (entre o 1 e o 10 de xullo) para formalizar a matrícula: entregar os impresos cubertos e a documentación solicitada, e entregaráselle a axenda escolar do centro coa que este ano agasallamos a todo o alumnado.

Teñen máis detalle nos documentos adxuntos:

Non dubiden en consultar con nós calquera dúbida nos teléfonos 886120001 e 886120002 ou no correo electrónico cpi.cova.baiona@edu.xunta.es

Traballando de cara ao fin de curso, Informacións 3º Trimestre

Estimado alumnado e estimadas familias,

Sabemos do esforzo que toda a comunidade educativa está a realizar para que o alumnado continúe coa súa formación: alumnado, profesorado e familias.

Estes días ponse de relevo o importante que é a Educación e que só coa formación adecuada poderán ser uns profesionais de futuro que asuman difíciles retos coma os que estamos a vivir, dende a honestidade no traballo e a capacidade para afrontar, de xeito autónomo, escenarios nunca vividos.

Hoxe estamos a un mes do remate do curso, un curso atípico que nos está exixindo moito esforzo e colaboración por parte de todos e todas. E este esforzo debe manterse ata o fin de curso, o 19 de xuño. Temos que aproveitar este derradeiro mes para seguir aprendendo e afianzando coñecementos que nos permitan afrontar con maior garantía de éxito o vindeiro curso.

Animámosvos a seguir traballando diariamente e agardamos vervos moi pronto.

Aproveitamos para trasladarvos a seguinte información de interese:

  • Adaptacións Programacións Didácticas: na páxina web do centro 

  • Solicitude Fondo Solidario de Libros de Texto: 20/maio ao 19/xuño

  • Matrícula curso 2020/2021: 1 ao 10 de xullo

O cova queda na casa, pero seguimos pendentes de vós

“O Cova queda na casa” .

No CPI de Cova Terreña estamos a traballar arreo para que o noso alumnado poida continuar formándose coa calidade que merece. Estamos á disposición das familias, facilitando libros, material escolar funxible e material informático ao alumnado que así o precise.

Atendemos as peticións das familias nos teléfonos do centro (886120001-886120006- 886120004) en horario de 8:30h a 14:00h, e tamén no correo electrónico do centro: cpi.cova.baiona@edu.xunta.es

Contamos, tamén, coa colaboración do Concello de Baiona e dos servizos de Protección Civil, aos cales lles agradecemos a entrega dos paquetes que preparamos estes días para o alumnado de 1°Ed. Primaria cos cadernos de traballo e material necesario para seguir as clases dende as súas casas e salvagardando aos nenos e ás súas familias, evitando así numerosos desprazamentos.

Facédenos saber calquera necesidade escolar na que vos poidamos axudar ou poñédevos en contacto coa Concellería de Servizos Sociais no 986385926.

Sodes o noso motor e xuntos formamos unha gran familia. Queremos ver eses sorrisos pronto e seguir medrando con vos!!!

Unha gran aperta.

 Orientacións provisionais da Consellería de Educación

 

Convivencia: Cova queda na casa, mándanos as túas fotos

Estimada comunidade educativa,

A nosa separación vaise alongar un tempo, un pouco máis do previsto inicialmente e moito máis do que nos gostaría pois... xa vos botamos de menos!

Gustaríanos tanto saber de vós! Chamaríamosvos a todos por teléfono pero é imposible, fixádevos que paradoxo, non teríamos tempo abondo!!!

Pero... e se nos mandades unha fotografía do moito que estades desfrutando en familia e traballando decotío??

Instrucións: 

  • As fotografías remitiranse por correo electrónico a covaquedanacasa@gmail.com ou por WhatsApp ao teléfono móbil do centro 604070366.
  • As persoas que remitan e aparezan nas fotografías aceptan co seu envío que as mesmas sexan publicadas na páxina web do centro e nun mural que estará situado no centro e que todos poderemos ver á volta da normalidade.
  • O venres publicarase na web unha montaxe coas imaxes recibidas a disposición de toda a comunidade.
  • Esta actividade parte dunha idea do equipo de Convivencia para manternos "Preto na distancia".

Axudas para realizar actividades formativas STEM en lingua inglesa

Convocadas as axudas para realizar actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2020.

Destinatarios: alumnado que curse 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria.

Lugar da actividade: CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, O Burgo-Acea de Ama s/n, Culleredo, 15670) en réxime de internado de domingo a sábado seguinte.

Quendas, lugar de realización, datas, número de alumnos/as e cursos a que van destinadas as actividades:

Máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200313_stemweek.pdf

BECAS EUROLINGUA 2020

Convocadas as Becas Eurolingua 2020

Prazo de solicitude: ata as 23.59 horas do 8 de abril de 2020

Máis información: https://www.becaseurolingua.com/

Admisión 2020/2021

Aberto prazo de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro dende o 01 ao 20 de marzo de 2020. Debido ao peche dos centros, o prazo pecharase unha semana despois do inicio das sesións lectivas.

Recoméndase facer a solicitude a través da Aplicación Admisionalumnado:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Cursarase unha única solicitude, na que se pode por ata 6 centros por orde de preferencia.

Documentación:

  • Solicitude en caso de presentación física (ver documentos anexos).
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • DNI e/ou libro de familia.
  • Certificado oficial do expediente académico, no seu caso.
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, no seu caso.

Tamén pode presentar a súa solicitude por correo electrónico en cpi.cova.baiona@edu.xunta.es ou no buzón do centro educativo empregando a documentación anexa.

Organización do centro durante o peche dos centros educativos desde o luns 16 marzo

Estimadas familias,

Agardamos que todos vos, alumnado, profesorado e familias esteades ben neste momento.

Dende o centro faremos todo o posible para que o noso alumnado siga formándose. Para iso podedes atopar as indicacións das actividades a realizar no apartado Alumnado da nosa páxina Web:   http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicovaterrena/    así como o correo electrónico do profesorado para poder contactar con el. Segundo vaiamos publicando as actividades avisaremos a través da aplicación Abalar Móbil.

Ademais, no apartado Alumnado->Xeral iremos colgando outros recursos adicionais para ir atendendo ao distinto ritmo e preferencias do alumnado que vos poden resultar de interese.

Pola seguridade de todos o centro estará pechado ao público pero non detemos o noso traballo nin vos deixamos sós. Podedes poñervos en contacto con nós no teléfono 886120001 e no correo electrónico cpi.cova.baiona@edu.xunta.es

Estaremos en contacto con todos/as a través da web do centro, de Abalar Móbil e das canles que vos facilitamos.

Xuntos podemos superar isto, só nos piden quedar na casa, e nós estaremos tamén con vós. Moita saúde a todos/as.


Unha aperta do equipo humano do CPI de Cova Terreña.

 

Obra de Teatro "I won the talent show"

O pasado mércores 22, o alumnado de 1º e 2º da ESO desprazouse ata o teatro Salesianos para asistir á representación de "I won the talent show", un espectáculo de teatro en inglés interpretado por unha compañía formada por británicos. Esta comedia participativa está ambientada nun concurso de talentos.

25-NOV, Ed.Infantil fai a súa cadea humana contra a Violencia de Xénero

Os nosos pequenos tamén se sumaron á cadea humana contra a Violencia de Xénero. No patio do centro e coas súas titoras escenificaron a nosa unión contra esta lacra social.

 

Obradoiro "Redes sociais Mátrix"

Hoxe, o noso alumnado de 4º da ESO converteuse, sen sabelo, en testemuña dunha escena simulada de violencia de xénero. Aínda que ao principio non souberon como reaccionar, foron quen de debater sobre o tema e, xuntos, atopar diferentes formas de axudar a unha vítima nunha situación real. Alén diso, concienciáronse das distintas fases polas que pasan as vítimas antes de chegar á violencia física (celos, control, illamento, perda de auto-estima, dependencia...). Non só iso, senón que tamén os alumnos e alumnas protagonizaron varias escenas improvisadas de relacións tóxicas entre adolescentes. Da man de dous grandes profesionais, esta experiencia supuxo un enfoque totalmente distinto a esta lacra social.

Reforma integral do centro: Visita da Conselleira de Educación

O 22 de agosto recibimos a visita da Conselleira de Educación, Universidade e FP, Dona Carmen Pomar, o secretario xeral, Don Jesús Oitavén, o xefe territorial, Don César Ares e o xefe da Unidade técnica de Pontevedra, Don Rafael Bouzas. Acompañados do Alcalde de Baiona, Don Carlos Gómez, do Concelleiro de Educación, Don Óscar Carreño, e membros da corporación municipal foron guiados polo centro por membros do equipo directivo para comprobar o desenvolvemento das obras de renovación integral do centro que levan un retraso respecto dos tempos iniciais fixados dende a Consellería de Educación.

A tan desexada reforma do centro vai continuar co curso xa iniciado, manifestando a nosa preocupación e recibindo como resposta o compromiso de tódolos axentes implicados para que a mesma descorra interferindo o menos posible na actividade académica.

Sabemos que esta situación pode provocar inconvenientes pero agardamos que, coa colaboración e comprensión de toda a comunidade educativa, o noso alumnado poida gozar canto antes dun centro totalmente reformado, mais eficiente enerxéticamente e confortable para todos.

 

Nova en Atlántico Diario

Nova da Consellería de Educación, Universidade e FP

Nova en Valmiñor TV

Nova en Telemariñas

A meteoroloxía na Idade Antiga

No marco do Plan Proxecta "Meteoescolas", coordinado no centro pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía, Ana Penas Facorro, o alumnado de Cultura Clásica de 3º ESO "B" participou mediante a realización dunha curtametraxe sobre algunhas divindades gregas relacionadas coa meteoroloxía, concretamente os deuses de vento, Eolo, Noto, Céfiro, Eúro e Boréas.

Nos documentos adxuntos pódese consultar o proceso de creación e elaboración da curtametraxe, que se está a gravar nestes últimos días do curso, así como o guión da mesma.

2º B no Plan Meteoescolas

Na aula de 2ºB traballamos o tempo atmosférico grazas ao Plan Proxecta!

Cada día que viñemos ao cole observamos o tempo que ía na vila de Baiona, onde está ubicado o noso centro educativo. Ademáis, fixemos un rexistro do mesmo tendo en conta o estado do ceo e do aire.

 

A temperatura exterior a medimos a través dun termómetro con forma de rá.

Unha vez tiñamos os datos do mes, tratábamos a información recollida e confeccionábamos as gráficas correspondentes.

 

Ademais do rexistro diario, levamos a cabo o proxecto "Envólvenos!". Este proxecto de aula, inclúese na materia de Ciencias Sociais. Traballamos contidos como: Vocabulario, conceptos básicos,visita á estación metereolóxica do centro...

 

 

Podes ver máis imaxes nos adxuntos!

CELEBRACIÓN. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

             
             
     

 

ANTÓN FRAGUAS 

 

     
             
             
     

   

     
     

O día 21 de Maio no CPI Cova Terreña celebramos o Día das Letras Galegas, este ano 2019, adicado a Antón Fraguas Fraguas, entre outras actividades, reunímonos no patio do centro para facer lectura da biografía do autor, regueifas e coplas escritas polo alumnado da ESO, exposición de dous Maios feitos polos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria, entrega dos premios do Concurso Fotográfico do Proxecto “Somos Auga”, interpretación de cancións e do Himno Galego polo Coro e Conxunto Instrumental do centro e tamén desfrutamos da actuación do Grupo de gaitas e pandeiretas  Ardelume do Centro Cultural de Baíña.

 

     
     

 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega ( EDLG) déixavos a continuación unhas imaxes desta  destacada actividade

     
     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   
     

 

     
     

  

     
             
             

Visita ao noso centro da Conselleira de Educación, Dona Carmen Pomar

O día 15-05-19 puidemos contar coa visita da Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Dona Carmen Pomar Tojo , acompañada do  Delegado da Xunta en Vigo, Don Ignacio López-Chaves, do xefe territorial de Educación de Pontevedra , Don Cesar Pérez Ares, do Alcalde de Baiona, Don Ángel Manuel Rodal , do Concelleiro de Educación, Don Policarpo Vidal, do Concelleiro de Urbanismo, don José Ángel Bahamonde, do noso inspector, Don Xoan Ferreiro , así como dos arquitectos e técnicos da Unidade Técnica que levarán a dirección das obras de rehabilitación integral e mellora da eficiencia enerxética cunha inversión por parte da Consellería de Educación de 1,2 millóns de euros.

No seu percorrido polas distintas instalacións do centro, a Conselleira puido constatar de primeira man as necesidades de rehabilitación do edificio. Asemade, recibiu de parte da Directora do noso centro, Dona Isabel Martínez Cabaleiro, unha serie de dossiers informativos cos proxectos que se están a levar a cabo : Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE); Contratos-programa: Reforzo, orientación e apoio (PROA); a de mellora da competencia matemática e a destinada á mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros; E-dixital, iniciacion á Robotica; Seccións bilingües e Programa CUALE ; Plan Proxecta ; Aliméntate ben; MeteoEscolas, Aprendemos programando e o Proxecto Terra, entre outros.

Nota de prensa no portal da Consellería de Educación, Universidade e FP

Nova en Atlántico diario

Nova en Valmiñor TV

Apadriñamento Lector 2018/2019

O martes 30 de abril a meteoroloxía permitiunos realizar a actividade de lectura compartida co gallo da celebración do Día do Libro.

Todo o alumnado do centro participou na actividade.

Primeiramene, no patio sur, entergáronse os premios de creación literaria sendo as gañadoras:

  • Itziar Misa da Cuña
  • Celia Durán Muro
  • Ana Cabreira Cedeira

Posteriormente entregouse o premio do Concurso de Ortografía sorteando entre os participantes un e-book que lle correspondeu a Carla Varela Silva.

Finalmente, o alumnado distribuíuse por todo o patio para gozar da lectura compartida.

A exposición "Construíndo novas miradas", no Museo do Mar de Galicia

A exposición “Construíndo novas miradas” está actualmente no Museo do Mar de Vigo, recoñecendo o seu valor didáctico e de concienciación medioambiental. Esta mostra foi realizada polo alumnado do CPI Cova Terreña de Baiona dentro do Proxecto Terra no curso 2016/2017. Consistiu na elaboración de animais mariños con materiais de refugallo recollidos nas praias da vila, nas saídas que fixeron aos areais de Os Frades e A Concheira.

Para saber máis ... 

 

A exposición pódese visitar ata finais do mes de febreiro.

SAMAÍN

 

               
       

 

S A M A Í N  2018

 

       
       

  SAMAÍN chegou, e polo cole apareceron: bruxas, demos, monstruos, vampiros e vampiras, momias e todo tipo de seres terroríficos. 

Aquí van unhas imaxes das actividades propostas dende  o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

     
       

C T I V I D A D E S

    I N T E R A C T I V A S

       
       

 

PREMA NAS IMAXES

 

       
       

     

 

    

 

 

 

 

 

Unidade didáctica para Infantil e 1º ciclo Primaria

Unidade didáctica "Historia do Samaín"

 

 MÁIS ACTIVIDADES NO BLOGUE

http://lapicerosdecolores1.blogspot.com/

 

 

 

       
Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30