Xornada na praia de Santa Marta

Ola a todos e todas:

Como  conclusión ao curso, todo o alumnado de ESO e 6º de Primaria acudiu á praia de Santa Marta a pasar a mañá. Todo o grupo, agás os alumnos de Belesar, desprazáronse a pé desde o centro escolar ata a praia.

Na procura da inclusión de todos os participantes ofreceuse un amplo abano de xogos.

O bar da praia, tras a súa solicitude, permaneceu aberto a disposición do centro.

Estas foron as actividades propostas:

Actividades tranquilas: cartas, xogos de mesa e petanca.

Actividades dinámicas na area: rugby tag, kinball, voleibol, brilé, ultimate, fútbol, béisbol, pas e spikeball.

Actividades na auga: paddle surf, kayac e nado libre.

O propio alumnado, baixo a supervisión do profesorado, encargouse da organización e xestión dos xogos. Eles mesmos decidían o grao de participación, o tipo de actividade e o tempo de xogo.

A participación foi masiva. O alumnado estivo realizando actividade física durante toda a mañá. O número de conflitos durante os xogos foi practicamente nulo.

Esta actividade forma parte do PVAD (Proxecto de vida activa e deportiva), EduSaúde, Inclue-T, Iguala-T e Convive-T

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930