Polo creativo

ENGLISH,TIC, DIVERSIDADE E MULTICULTURALIDADE

O departamento de inglés  adica esta semana a traballar sobre a temática de nadal.

A nosa  auxiliar de conversa,Ritu Chopra deseñou un divertido kahoot donde o alumnado traballou vocabulario  e tradicións do nadal na cultura anglosaxona.

Con este tipo de actividades o alumnado manexa ferramentas dixitais dun xeito divertido ó tempo que fomentan a inclusión de alumnado con NEE ou NEAE e a solidaridade e cohesión do grupo.

Seguiremos esta semana con máis actividades navideñas.Estade ó tanto!!

1st ENGLISH-TIC PROJECT- ME AND MY PET

Un ano máis os proxectos de lingua inglesa decoran os taboleiros do noso centro.

O alumnado de 1° de ESO se nos presenta en secundaria ó empezar esta nova etapa á vez que nos amosan  as súas deliciosas mascotas.

Foi un traballo moi laborioso pero que foi tomando forma con moito esforzo.Nel reforzamos vocabulario e estructuras gramaticais cada vez mais complicadas e manexamos ferramentas dixitais na creación de pósters  online

Próximamente vos compartiremos outros proxectos.

ENCONTRO DIGITAL WEEK

O alumnado de 6º participou no Encontro Digital Week que se celebrou o 7 de novembro na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Alí viron novamente a algúns dos compañeiros da Digital Week que se celebrou en outubro no Centro de Inmersión Lingüística dos Peares.

Ademais asistiron á conferencia-coloquio de Deborah García Bello e Manuel Vicente. Un alumno do noso centro gañou un libro por facer a pregunta que máis lle gustou á conferenciante: "De que está feito o universo?"

Posteriormente tiveron un pequeno recreo con merenda e a continuación un taller de programación con Makey Makey que foi moi entretido.

Finalmente, no salón de actos, viron un vídeo no que os seus monitores e profesores do campamento dos Peares lles transmitiron moi bos desexos.

Pódese dicir que foi unha mañá intensa e ben aproveitada!

LEARN BY PLAYING: INDIAN TRADITIONS

Hoxe adicamos  parte da clase de inglés a coñecer máis  a fondo as tradicións e cultura India.

A nosa auxiliar de conversa deseñou un wordwall con preguntas  sobre unha presentación  que vimos previamente.

As dinámicas de xogos  facilitan a aprendizaxe e a inclusión ó ser altamente estimulantes e accesibles para todo o alumnado.

Na segunda parte da clase xogamos en parellas ó TIC,TAC,TOE reforzando estructuras que nos axudan a avanzar no uso da lingua inglesa e nas súas estructuras. 

Foi un bo comezo de semana.

Deixámosvos o enlace por si queredes xogar na casa.

See you!!

 

 

https://wordwall.net/resource/62960224

OUR ENGLISH EXPERTS IN TIC

O departamento de inglés pon en marcha os comités de expertos para formar a alumnado novo en diversas ferramentas tecnolóxicas que usarán ó longo da súa vida académica.

 A eficacia da aprendizaxe entre iguais é un feito científicamente  constatado,por esta razón  o departamento de inglés está a pór en marcha esta iniciativa neste curso.

Hoxe catro representantes de 2° de ESO acudiron á aula de 1°a formar a este alumnado nunha ferramenta dixital en deseño de pósters.O alumnado tomou notas dos diversos pasos e fixeron roldas de preguntas e dúbidas que surxían. 

Unha experiencia creativa para todas e todos e de grande responsabilidade para as relatoras e relatores Rocío,Paula,Pedro e Kimetz ós que lles agradecemos a súa axuda e ponencia.

 

Infinitas gracias!

Distribuir contenido