Polo creativo

EXPERIMENTAMOS CO SAL PARA CELEBRAR O DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 
A aula de 3 anos fixemos un experimento para celebrar o día da Nena e da Muller na Ciencia.  
Fomos á cociña buscar sal fina e sal grosa, e tocámola. Foi unha experiencia agradable e relaxante. 
Despois botamos auga nunha tina pequena e remexemos cun pincel. Saímos para o patio aproveitando que facía bo día e nunha cartolina negra fixemos folerpas de neve co pincel e deixamos secar mentras fomos xantar.  
Nós vimos como pintábamos e quedaba marcada a cartulina. Pero nada máis. 
A sorpresa veu, cando de volta á aula fomos ver as nosas obras de arte e vimos que as folerpas eran de cor branca. Quedamos  sorprendidos!!
Despois vimos e tocamos de novo o sal, pero xa na folerpa de neve da nosa cartolina. 
Nas próximas fotos podedes ver como o fixemos.
Gustounos moito e  vamos seguir experimentando para seguir aprendendo coa ciencia.

 

NEW ENGLISH PROJECT

Segundo proxecto da área de lingua inglesa en primeiro ciclo da  ESO.

Nesta ocasión  o alumnado de 1° de ESO nos abre as portas das súas casas e nos presenta ás súas mascotas.

Perfeccionamos  o uso e manexo da ferramenta dixital en deseño de carteis e pósters  resolvendo dúbidas  a través de formación  realizada polo propio alumnado  especialista e dirixida ó resto da clase. Superamos os medos no seu uso,familiarizámonos con esta ferramenta  e incrementamos o nivel de dificultade no deseño de carteis. 

Por outra banda reforzamos os distintos pasos á hora de enfrentarnos a un writing descriptivo e incorporamos novas estructuras e conectores  de máis  dificultade e nivel lingüístico. 

Aprender sobre proxectos en torno ós seus centros de interese estimula ó alumnado incrementando o seu disfrute e participación. 

Disfruten das súas adorables mascotas!

TRABALLAMOS CON ROD CAMPBELL

 

En 6º de EI fixemos unha unidade didáctica sobre o conto "Dear Zoo" de Rod Campbell. Aprendemos moito vocabulario e estruturas en inglés pero tamén reflexionamos sobre o coidado dos animais de compañía e sobre as súas necesidades, que deben prevalecer sobre os nosos caprichos. Utiliza o QR para escoitar o conto contado por nós! Preme no enlace para ver os materiais.

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicastroverde/aulavirtual/course/view.php?id=296

FANTASTIC ANIMALS

 
En 3º de primaria fixemos este animalario fantástico baseándonos no libro: "The Mixed-up Chameleon" de Eric Carle. Agora cada alumno ou alumna da clase leva o libro un día para casa e pode escoitalo coas nosas voces gracias ao código QR que aparece na parte de atrás da portada.
Esperemos que vos guste.

DÍA DOS ABRAZOS

On nenos e nenas da aula de 3 anos traballamos esta semana co conto O abrazo de  Eoin McLaughlin, para celebrar o día do abrazo, e despois fixemos esta actividade. Esperamos que vos guste!

Preme na imaxe para ver o vídeo.

Distribuir contenido