Polo creativo

BROWN BEAR, WHAT DO YOU SEE?

En Educación Infantil de 5 anos estivemos traballando o libro "Brown Bear, Brown Bear, What do you see?" de Eric Carle. Escoitámosllo contar á profe de inglés, cantámolo, contámolo nós tamén, xogamos con el e preparamos un libriño para compartilo na casa coas nosas familias. Nos adxuntos atoparedes un audio coa nosa canción.

Neste link podedes acceder a materiais que usamos para este traballo. Agardamos que vos guste.

AS NOSAS MAMÁS TRABALLADORAS

Actividade feita polos nenos e nenas de 3 anos para conmemorar o 8 de marzo, o día da Muller.

APRENDEMOS A PROGRAMAR EN 6º DE E.I.

Aprendendo a traballar con DOC, o robot, ao tempo que traballamos imaxes do inverno.

Preme na imaxe para ver como facemos

CREATING AUDIO BOOKS

O alumnado de quinto de primaria gravou audios de libros de lectura en inglés para os máis pequenos. Os lectores poden acceder ao audio dende a súa casa grazas a un código QR pegado na portada do libro.

Distribuir contenido