Biblioteca

RECITAL DE POESÍA E RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO DÍA DA PAZ

O martes 30 de xaneiro celebrouse na biblioteca o Día Escolar da Non Violencia e a Paz con un recital de poesía en varias linguas: castelán, francés, galego, inglés e italiano e unha exposición de lecturas recomendadas desta temática.

CONTACONTOS DE A APALPADORA

Polo Nadal contamos coa presenza de A Apalpadora no noso centro e nós na clase tamén fixemos unha debuxo que como vemos nós á Apalpadora. Ben bonito que nos quedou!!

 

LECTURA COAS FAMILIAS: MIMI E A XIRAFA AZUL

Esta semana acompañounos na nosa biblioteca,  Cristina, a mamá de Lara de 5º de Ed. Infantil. Para esta actividade, Lara escolleu este conto do que se fala da chegada á familia dun irmán cunha grave discapacidade. Polo tanto traballamos a diario os valores de respecto, inclusión, aceptación, axuda, colaboración, fomentando a comunicación, expresar e compartir sentimentos, e sobre todo transmitir unha visión positiva da discapacidade. Gustounos moito e vamos a traballalo na aula e xa veredes o resultado dentro dun días.

LECTURA COAS FAMILIAS: PEDRO E O LOBO

A semana pasada, veu a facer con nós a lectura en familias na aula de 5º Ed. Infantil, Crsitina a mamá de Diego. E para esta ocasión Diego elexiu para que a súa mamá nos lera o conto titulado: Pedro e o lobo. Deste conto aprendemos que non se poden dicir mentiras, porque cando che suceda algo de verdad, igual non tes quen che axude, por que non van a crer en ti.

Distribuir contenido