Biblioteca

TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA SOBRE CONCEPCIÓN ARENAL

Tras unha breve introducción da profesora  Nanda Suárez Méndez sobre  Concepción Arenal, fixemos unha tertulia dialóxica sobre un dos seus ensaios sobre a muller. Foi o 29 de novembro de 2018, xoves, no salón de actos do CPIP de Castroverde. Estivo dirixida á totalidade do alumnado de educación secundaria e e para todas as persoas adultas que quixeron asistir. A tertulia estivo coordinada pola profesora Cristina González Grandas. Houbo unha elevada participación, dialogando sobre as reflexións desta intelixente muller do século XIX, sobre os seus logros e  sobre a situación da muller nesa época e tamén sobre a discriminación que segue habendo na sociedade actual.

ACTIVIDADES PARA TODA A COMUNIDADE

Mércores, 28 de novembro de 2018

9:45 a 10:35- Actividade de divulgación científica consistente na proxección de documental sobre a Relatividade de Einstein e charla explicativa.

Xoves, 29 de novembro de 2018

15.25 a 16.15- Tertulia literaria dialóxica sobre  Concepción Arenal, coordinada por Cristina González Grandas, no salón de actos do CPI de Castroverde. 

Martes, 4 de decembro de 2018

12:35-13:25- Conferencia do profesor Carlos Pajares da USC titulada De que están feitas as cousas.

Carlos Pajares é Dr. pola Universidade Complutense, foi investigador nas Universidades de París-Sur, Washington en Seattle e profesor titular na Universidade Autónoma de Barcelona e catedrático na USC. Foi Rector da USC no período 1984-1990. No período 2008-2012 foi delegado científico de España no CERN (Centro europeo de Física de Partículas) período no que se detectou o famoso bosón de Higgs. É Doutor Honoris causa pola Universidade Técnica de Lisboa e pola Universidade de Sant Petersburgo. O seu campo é o de Física de partículas.

Mércores, 12 de decembro de 2018

15:25-16:15- Conferencia do profesor Pablo Vila Lameiro da USC sobre Dendrocronoloxía.

Mércores, 19 de decembro de 2018

9:45-10:35- Conferencia do arquitecto de Castroverde, Marcos Rubinos, sobre A Beleza na arquitectura.

TERTULIA DIALÓXICA SOBRE EMILIA PARDO BAZÁN

 
 

 

O 29   de outubro de 2018  realizouse unha  Tertulia Literaria Dialóxica organizada polo Departamento de Lingua Galega. Para a tertulia empregáronse textos e proxeccións cinematográficas en galego sobre a biografía da autora. Resultaron moi enriquecedoras as aportacións de profesores e alumnos na Tertulia sobre Dona Emilia Pardo Bazán. Os textos e secuencias presentadas permitíronnos coñecer mellor a época na que viviu a autora e a sociedade á  que tivo que enfrentarse, chea de prexuízos machistas. Algúns destes comportamentos persisten na nosa sociedade pero consideramos positivo o feito de identificalos como paso previo á súa eliminación.

DÍA DE ROSALÍA. GRAFISMO CREATIVO EN EI DE 3

Chegou o día de Rosalía de Castro e como non íamos facer algo de grafismo creativo coa nosa escritaora galega máis famosa. Mirade, mirade!!

TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA: O DIARIO DE ANA FRANK

O día 31 de xaneiro de 2019 tivo lugar unha Tertulia Dialóxica sobre unha selección de textos do diario de Ana Frank. A tertulia estivo coordinada pola profesora Nanda Suárez Méndez

Distribuir contenido