Biblioteca

GRAFISMO CREATIVO CON CORRE, CORRE CABACIÑA

 

O alumnado de 3 anos, da aula das curuxas, estamos a traballar o grafismo creativo, case dende que empezamos no cole.

Cada xoves, vamos á biblioteca do centro e escollemos un libro para levar todo o fin de semana, pero tamén usamos os da nosa bilbioteca de aula, para traballar o grafismo.

Empezamos no Samaín co libro titulado Corre, corre cabaciña.  Con el traballamos o círculo. E este é o resultado.

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Os nenos e as nenas de 3 anos celebramos o día da auga, da mellor maneira posible, regando os nosos xeranios.

E para celebrar o día da árbore, os nenos e nenas de 3 anos, traballamos o grafismo con este libro: Wangari y los árboles de la paz. Encantounos este conto. E sobre todo, mirade que bonitos quedaron as nosas árbores!!!

SEMANA INTERNACIONAL DA FRANCOFONÍA

Esta semana a nosa super biblioteca tamén celebra a semana Internacional da Francofonía! 

Para a ocasión, además da xa tradicional proposta de lectura ( por certo, agora tamén poden levar DVDs en francés para casa!), a profesora da materia preparou unha actividade cultural lúdica: para comezar fixo unha selección de fotos de monumentos emblematicos e de persoas famosas de Francia. A continuación  transformou as fotos en espirais como se fosen discos, xa que o título da exposición é "Si la France était une chanson". 

O alumnado tivo que observar, buscar e emparellar as espirais coas fotos reais e facer unha búsqueda na rede para identificar cada persoa e cada lugar. 

 

Ademais de pasalo ben con ese orixinal desafio, souberon organizarse, colaboraron, descubriron cancións & moitas outras cousas  e conseguiron identificar a gran maioría das fotos. Parabéns para eles!

BROWN BEAR, WHAT DO YOU SEE?

En Educación Infantil de 5 anos estivemos traballando o libro "Brown Bear, Brown Bear, What do you see?" de Eric Carle. Escoitámosllo contar á profe de inglés, cantámolo, contámolo nós tamén, xogamos con el e preparamos un libriño para compartilo na casa coas nosas familias. Nos adxuntos atoparedes un audio coa nosa canción.

Neste link podedes acceder a materiais que usamos para este traballo. Agardamos que vos guste.

CELEBRACIÓNS DO MES DE MARZO

Este mes de marzo na biblioteca celebramos :

- o Día Mundial da Vida Silvestre

- o Día Mundial da Auga

- o Día Mundial da Meteoroloxía

- o Día Mundial do Clima

Voltamos a  pensar en verde!

O alumnado de PC e de valores visita a biblioteca do CPIP de Castroverde coa profesora de francés para descubrir a exposición do debuxante "El Roto". Comezan un ciclo de traballo sobre o medioambiente. É Unha boa forma de reflexionar sobre os ODS para desenvolver a creatividade nas actividades artisticas posteriores.

Distribuir contenido