Biblioteca

Día da Poesía. Actividade realizada pola Biblioteca e o Club de Lectura

  

No CPIP de Castroverde, celebramos o Día da Poesía cun recital no que o alumnado da ESO leu poemas en varias linguas. Algunhas delas, linguas nativas como o árabe ou o romanés, xunto co galego e o castelán. Tamén poemas en francés e inglés e, mesmo se atreveron co portugués e o italiano. Tamén se escoitaron poemas musicados por diferentes artistas ( A Banda da Loba, Rosalía ou Los Suaves). 

DÍA DA MULLER NA BIBLIOTECA

Na biblioteca celebramos o Día da muller con murais feitos polo alumnado de infantil e primaria e pósters diseñados polo alumnado de secundaria. Ademáis, fixemos unha exposición de libros sobre a temática.

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Festexamos o Día da muller e a nena na ciencia cos traballos do alumnado de primaria e secundaria sobre mulleres importantes na historia. Asemade, fixemos unha exposición de libros sobre a temática.

O ENTROIDO NA BIBLIOTECA

Na biblioteca celebramos o Entroido seguindo os mandatos de Mou e propoñendo as seguintes recomendacións lectoras.

OH DEAR!

 


Tres alumnas de sexto de primaria contaron, en inglés, o conto "Oh Dear!" de Rod Campbell na aula de 5º EI. Conseguiron que a súa audiencia estivera moi atenta. Despois practicaron con eles os nomes dos animais do conto e xogaron un "memory" con tarxetas de debuxos da historia. Un momento moi productivo e divertido para todos!

 
 
Distribuir contenido