Comunidades de Aprendizaxe

TERTULIA DIALÓXICA SOBRE POEMAS DE WISTAWA SZYMBORSKA

Este curso imos tentar manter as nosas tertulias dialóxicas unha vez a o mes por Departamentos comenzando co Departamento de lingua castelá no que leremos poemas da escritora polaca Wistawa Szymborska, premio Nobel. A pesar de que os poemas son traducidos, asegúrovos que vale a pena lela. Por causa de covid imos facelas por webex na sala de Ana, co que con pinchar no enlace que se porá xa estaría. Esperamos que vos animedes a participar todos e todas: país, nais, alumnado, antigos alumnos, avós, avoas…a única condición ler os textos e querer compartir algún comentario con nós. Farémola ás seis da tarde para que todo o alumnado poida chegar tranquilamente as súas casas. Lembramos: 2 de novembro ás 6 da tarde. Duración unha hora máximo.  Nas aulas poñeranse copias dos textos e na sala de profes. Se alguén quere copias tamén mas pode pedir a min (Cristina GG) e lla fago chegar polos seus filos ou fillas.

Preme no arquivo adxunto para acceder aos poemas.

 

CHARLA SOBRE O UNIVERSO

23/10/2019 17:00

NO SALÓN DE ACTOS. PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

OLIMPÍADA TECNOLÓXICA

O 7 de maio de 2019 o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO do CPI Plurilingüe de Castroverde participou na XII Olímpíada Tecnolóxica en Meira. A experiencia interactiva de aprendizaxe de contidos de tecnoloxía foi un éxito. A xornada desenvolveuse nun clima de boa convivencia e ilusión. Agradecemos a todas as persoas voluntarias o seu traballo desinteresado.

Distribuir contenido