Comunidades de Aprendizaxe

APADRIÑAMENTO LECTOR 2013/2014

 

As lecturas compartidas nos diferentes soportes: libro dixital, ordennadores abalar e libro en papel foi unha experiencia moi interesante para os nenos e nenas maiores (padriños e madriñas) e para os nenos e nenas máis pequenos (afillados e afilladas).

TERTULIA DIALÓXICA

17/03/2014 16:25
17/03/2014 17:25

O 17 de marzo de 2014, na biblioteca escolar do CPI de Castroverde, terá lugar unha tertulia dialóxica sobre o artigo " Socialización preventiva de la violencia de género" que se achega neste enlace.

MESA REDONDA "A MULLER NO RURAL"

17/03/2014 15:25
17/03/2014 16:25

Exploraranse as posibilidades profesionais no século XXI, na agricultura e gandería dos Concellos  da nosa comarca, desde o punto de vista das mulleres que desenvolven as súas profesións en relación directa co agro. Esta mesa redonda desenvolverase no salón de actos do CPI de Castroverde e asistirán os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO e todas aquelas persoas que o desexen. As mulleres participantes na mesa son as seguintes:
1. Estrella Ramos González- Gandeira e axente de substitución. 
2. Pilar Díaz Fernández- Veterinaria
3. Manuela Vázquez Queizán- Enxeñeira Técnica Agrícola.

 


COORDINACIÓN CO IES LUCUS AUGUSTI

13/03/2014 17:25
13/03/2014 19:25

O Sr. director do IES Lucus Augusti, D. Rafael Coro López, estará no CPI de Castroverde dentro dunha sesión do Plan de Formación Permanente do Profesorado. Esta sesión de coordinación forma parte das actuacións que a comunidade está realizando para transformar o contexto educativo do noso alumnado nun espazo de altas expectativas.

Agradecemos ó Sr. director e ós departamentos didácticos do IES Lucus Augusti o trato recibido e o tempo e traballo que nos dedicaron.

Videoconferencia de Eva Sancho, directora do IPI Sansomendi

13/02/2014 16:40
13/02/2014 18:40

Videoconferencia de Eva Sancho na que explicará o proxecto de apadriñamentos (lectores, de laboratorio, etc.) que están levando á práctica no IPI Sansomendi.

Distribuir contenido