A TOUR IN LONDON

Viaxamos nunha nova aventura co noso ENGLISH SQUARE descubrindo aqueles monumentos e símbolos máis característicos  dunha das cidades máis  atractivas e emblemáticas  do mundo, Londres.

Un paseo polo Thames river que nos amosa desde o impresionante LONDON EYE, a fascinante TATE modern , o milenario TOWER BRIDGE ou a grandiosidade das HOUSES OF PARLIAMENT, WESTMISTER ou BUCKINGHAN PALACE entre outros. 

O sentido lúdico e didáctico  secuenciou a actividade en varias etapas que foron dende o visionado dun vídeo-tour recollendo información e a asociación  de nomes cos símbolos e monumentos ata a descripción  dos mesmos para poder identificalos aplicando a inducción de ideas e a memoria.

Queda pendente a viaxe real co alumnado que non parou de insistir no desexo de descubrir e visitar esta maravillosa cidade cando a situación  sanitaria mundial no lo permita.Pero chegará,prometido!!

 

Nos vemos tomando un BRUNCH en CANDEM?Soñemos xuntas e xuntos mentras!!

SAÍDA A VILADONGA

O mércores 19 de xaneiro de 2022, o alumnado de 1º da ESO visitou o Castro e o Museo de Viladonga.
Guiado por unha técnico do Museo do Castro de Viladonga, o alumnado de 1º da ESO aprendeu como vivían os habitantes dun castro da época prerromana e romana. A través dunhas actividades moi prácticas, realizadas en grupos de 4 , puxéronse na pel dun arqueólogo ou arqueóloga, e investigaron diferentes aspectos dos restos das vivendas excavadas na croa do castro. Visitaron tamén o museo, onde a través da visualización dun vídeo e do percorrido polas diferentes salas do mesmo, aprenderon moitos aspectos interesantes da vida dos castrexos e castrexas.
Para quen teña curiosidade, está accesible na web, a visita virtual no seguinte enlace: 

https://viladonga.xunta.gal/es/museo/visita-virtual

400 ANOS DO NACEMENTO DE MOLIÈRE

O centro celebra os 400 años do nacemento de Molière, que foi unha figura fundamental do teatro francés na época do rei Sol en Francia. Para a ocasión, a biblioteca propón a lectura dunha banda deseñada que explica a vida de Jean-Baptiste Poquelin e presenta as súas obras máis importantes. O alumnado de francés de 4°ESO participou na exposición e completou un cuestionario de comprensión escrita.

MÁIS INNOVACIÓNS NAS CLASES DE FRANCÉS!

Parece que estamos nunha pelicula futurista!

As novas tecnoloxías abren as portas a novas estratexias pedagóxicas: o alumnado de francés e de latín practica as TICs de xeito transversal en clase cun teclado máxico !

 

O alumnado está a probar o teclado virtual: tecleamos directamente na mesa onde aparece o teclado en luz vermella! Ademais de funcionar, é sorprendente, versátil e divertido. Permite manter as normas Covid xa que facilita a limpeza entre cada uso. Agora hai voluntarios de sobra para escribir e corrixir!

Distribuir contenido