APROVEITAMENTO SOSTIBLE DO MONTE
O 2 de maio Mario Outeiro falounos sobre o aproveitamento sostible do monte.
RECITAL DE POEMAS NA TORRE DA HOMENAXE
O venres 29 de abril vivimos un momento medieval recitando poemas de Jorge Msnrique na Torre da Homenaxe. Un momento con moita maxia!
APRENDO FRANCÉS XOGANDO
O alumnado de 4 ESO de francés organizou con maestría varios xogos de pistas en francés para os seus compañeiros de 3° ESO.
Os maiores practicaron a expresión escrita e os máis pequenos a comprensión escrita.
Deste xeito, o alumnado de 3°ESO interpretou por equipos as pistas en francés e grazas a elas, subiron e baixaron escaleiras, contaron pasos e barrotes, agacháronse e miraron debaixo dos bancos, das cadeiras e das mesas, buscaron columnas, buscaron detrás de carteis, correron e a hora da clase pasóuselles voando!
Xa sabedes que aquí poucas veces nos aburrimos!
TERTULIA DE LINGUA GALEGA SECUNDARIA
O Departamento de Lingua Galega e Literatura organiza unha Tertulia literaria que se celebrará o día 9 de maio para 3º e 4º ESO e o 10 de maio para 1º e 2º ESO.
O tema tratado é : "O mundo da aldea". Comentaranse textos poéticos de diversos autores do século XIX e, sobre todo XX, e mesmo XXI, que describen o mundo tradicional galego , e textos dos medios de comunicación, basicamente noticias e reportaxes que reflicten o mundo rural actual con temáticas como a agricultura ecolóxica, os parques eólicos, o abandono do rural...
A tertulia será nos Salón de Actos do CPIP de Castroverde.
Os textos da tertulia están nos arquivos adxuntos.