Skip to Content

Promocionar á páxina principal

AS VELUTINAS

O pasado 21 de novembro, o alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria, disfrutou dunha clase diferente na que aprenderon moito sobre o tema das avispas velutinas.

Manolo Agraso trouxo ao centro un nido de velutinas,así coma unha variedade de trampas que se están a utilizar para acabar con elas.

Partindo destes obxectos foi contando unha chea de datos que ían deixando abraiados aos alumnos/as.

Sabiades que neste niño en concreto podían vivir en torno a 8.000 ou 10.000 avispas?

 

 

Fíxonos reflexionar, entre outras cousas, sobre a importancia de manter o equilibrio nos ecosistemas.

Algunhas das familias das nenas e nenos do noso Centro adícanse á apicultura, por iso moitos están sensibilizados co problema das avispas velutinas.Non paraban de facer preguntas!!!!!

Moitas grazas, Manolo, polo teu tempo e xenerosidade.

 

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO E O SAMAÍN

04/11/2018
Europe/Madrid

A pasada semana  celebramos o día do Magosto e do Samaín. Tivemos una estupenda exposición de arrepientes cabazas. Moitas grazas a todas as familias pola colaboración. 

Como sabedes, o proxecto da biblioteca deste ano trata sobre o Continente Africano. O alumnado da ESO desfrutou dunha actuación musical sobre danzas rituais cun grupo senegalés 

Nalgunhas clases de Educación Primaria decoraron máscaras funerarias típicas. Todo o alumnado de Educación infantil e primaria  desfrutou de xogos tradicionais. 

Para finalizar as alumnas e alumnos de todas as etapas, comeron xuntos as castañas no patio cuberto.

 

 

 

 

GRAZAS MARÍA JOSÉ!

25/09/2018
Europe/Madrid

Hoxe as familias do alumnado de 6ºB de Educación Infantil, despedímonos da profe María José.

ALBA, ALEX, AROA, CARLA, DANI, DAVID, ELÍAS, GABI, GRETA, IVÁN, JESSI, JUAN, MARTA, MARI CELIA, SABELA, SARA, VICTORIA, XIANA, XOEL, YAIZA E todos os teus compañeiros...

Desexámoste moita felicidade nesta nova etapa. Moitas grazas por todo o que fixeches polos  nosos nenos, nenas e por todos nós. 

 

 


 

 

 

 

 

DOCUMENTOS DO CENTRO: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

Nova actualización das NOFs con data de 11 de setembro de 2018, aprobadas en Claustro e Consello Escolar. As actualizacións aparecen suliñadas en amarelo na páxina 33 referidas ao agrupamento do alumnado en relación coa escolarización dos irmáns. 

No seguinte arquivo recóllese o documento xa actualizado.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut