Club de lectura: Información

Non ten autorización para ver comentarios.

Ola: benvidos e benvidas ao marabilloso mundo das palabras!

                                                                                                                    O noso logotipo

Dende o curso 2008-2009,  o Club de lectura  Salicornia vén funcionando no noso cole con moito entusiasmos e ilusión. O nome que escollemos e o logo que nos identifica (feito por unha alumna, Miriam Anido, o primeiro ano) lévanos ás nosas marismas, lugar onde vive a que xa é a "nosa planta". Tamén temos un bonito ex-libris (feito por outra alumna: Fani Caveiro) co que "selamos" os libros do Club, no que -como non!- aparecen a salicornia e o mar:Despois desta breve introdución, aquí tedes unha información xeral:

Libros do club. Esta é a "nosa biblioteca salicorniana".

Membros. Este curso tamén somos un mogollón!!!

Lecturas para este curso.

Actividades. Aquí iremos "subindo" un resumo anual  e fotitos de todo o que facemos no noso club lector.

Normas mínimas: Se queredes "recibir"... tedes tamén que "dar".

Memorias do noso club: Por se queredes saber todo o que fixemos.

Blog: http://www.clubdelecturasalicornia.blogspot.com/  No noso blog, hai de todo: recomendacións sobre os nosos libros preferidos, comentarios, seguimento das lecturas, fotitos das actividades que imos facendo... Animádevos a escribir e comentar!