Normas do noso club

 



FAGAMOS UN TRATO:


1. Non se pode estar só "ás maduras", senón tamén "ás duras", é dicir: non hai que apuntarse ao club para "perder" clases, para participar das divertidas e ás veces suculentas actividades que facemos, para pasar algún recreo chuvioso ao quentiño...  POR ISO, entre TODOS os membros do club decidimos que hai un número máximo de faltas de asistencia ás reunións semanais. Só se poderá faltar UNHA VEZ POR MES (sen xustificar debidamente).


Quen non cumpra este requisito, será "borrado-a" do noso club, deixando a porta aberta para outros alumnos-as que se queiran apuntar (xustificadamente).


2. É necesario un compromiso e unha responsabilidade coa lectura. Non estamos no club porque DISFRUTAMOS LENDO? Só lendo todos poderemos participar, comentar, aprender, ensinar...


XA VEDES QUE  O TRATO É BEN FACILIÑO DE CUMPRIR!