Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Luns Marzo 16, 2020 »
Lun
Start: 16/03/2020 11:19

Moi boas a todos e todas!

En Música de 3º de ESO xa tiñamos rematado de explicar a materia para esta avaliación tanto no grupo Bilingüe coma no non Bilingüe. Daquela, debedes darlle un repaso (suliñar, facer un esquema...) e facer os exercicios correspondentes, que xa foran marcados na clase. En concreto son os seguintes:

GRUPO BILINGÜE: Páxinas 9 e 10 da unidade. Exercicios do 1 ao 5

GRUPO NON BILINGÜE: Páxinas 9 e 10 da unidade. Exercicios do 1 ao 6

Ademáis, déixovos nos adxuntos de abaixo as audicións desta unidade correspondentes ao período do BARROCO, para que as vaiades escoitando e familiarizándovos con elas. Un pequeno comentario sobre elas, que tedes que ler, está na páxina 13 da unidade (TANTO NA DO GRUPO BILINGÜE COMA NA DO GRUPO NON BILINGÜE)

Se tedes algunha dúbida ou calquera cousa que querades preguntar, podedes mandar un correo a: musicaopino@gmail.com

Espero que tod@s estedes ben, e tamen os vosos familiares, amigos e amigas. Se vos bota de menos e espero que o máis axiña posible nos podamos ver de novo. Xa seeei que é na escola, pero vai ser moi boa sinal se iso sucede cedo.

Apertas moitas e moito ánimo!

Andrés

 

Distribuir contido
<><><>


 
by Dr. Radut