Skip to Content

Novas de interese

ADMISIÓN ALUMNADO

04/03/2024 16:03
Europe/Madrid

O prazo de presentación de solicitudes de admisión será desde o día 1 ata o 20 de marzo.

Poden consultar a información no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/PaxinaInicio.action

No caso de que non realicen a solicitude a través da aplicación, poden descargar a solicitude e presentala no centro. Asemade, no centro contamos coa solicitude impresa para todas aquelas persoas que o desexen.

INICIO CURSO ESCOLAR 2023-2024

31/07/2023 11:26
Europe/Madrid

As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria comezarán o día 11 de setembro de 2023.

SOLICITUDES COMEDOR ESCOLAR

Está aberto o prazo para solicitar o uso de comedor escolar e a colaboración por parte das familias para á atención ao alumnado neste servizo.

Xúntanse as solicitudes en documento adxunto.

As solicitudes teñen que ser presentadas na secretaría do centro durante o mes de xullo en horario de 10:00 a 12:30 horas.

SOLICITUDE DE MODIFICACIÓN DE ITINERARIO ESCOLAR

31/05/2023 08:55
Europe/Madrid

Está aberto o prazo desde hoxe e ata o día 7 de xullo para a solicitude de novas paradas de transporte escolar.

Con carácter xeral, non se autorizarán desviacións de itinerarios de transporte escolar nos que existan menos de 2 quilómetros de distancia da parada solicitada ao domicilio familiar.

Poden descargar o impreso que figura como documento adxunto.

A tramitación realizarase desde a secretaría do centro.

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO

11/04/2023 08:24
Europe/Madrid

Informamos de que poden consultar no centro as listaxes provisionais de admisión do alumnado para o vindeiro curso.

Todas as solicitudes foron admitidas.

PRAZO DE ADMISIÓN

16/03/2023 17:30
Europe/Madrid

Lembramos que o día 20 de marzo remata o prazo de admisión para o alumnado de nova incorporación.

Poden presentar a solicitude presencialmente no centro ou por vía electrónica no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

O prazo de formalización de matrícula para EI e EP será do 20/06/2023 ata 30/06/2023, para a ESO 23/06/2023 ao 10/07/2023

Plan Dixital

En documento adxunto pódese acceder ao Plan Dixital do centro educativo.

TÍTULOS ESO 2019

Informamos que xa están dispoñibles na secretaría do centro para a súa recollida os títulos do alumnado que rematou a ESO no 2019.

AUTORIZACIÓNS SAÍDA CENTRO E TRANSPORTE

En documento adxunto poden descargar as autorizacións para a recollida do alumnado no centro e para o que faga uso do transporte escolar. É necesario presentalas na secretaría do centro antes do comezo das clases.

AUTORIZACIÓN SAÍDA DO CENTRO DO ALUMNADO E TRANSPORTE ESCOLAR

En documento adxunto poden descargar a autorización de saída e persoas autorizadas para a recollida do alumnado no centro  e no transporte escolar.

Distribuir contido
<><><>


 
by Dr. Radut