Skip to Content

Animación á lectura

LECTURAS DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Premer na imaxe para acceder ao Blog da Biblioteca, aparecen as lecturas recomendadas para o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Selección de libros para o 25 de Novembro

23/11/2020 10:49
Europe/Madrid

No seguinte adxunto podes descargar un PDF cunha selección de libros elaborada dende a biblioteca con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

 

 

Suxestións de lecturas para o verán!

 

No adxunto desta páxina tedes unhas suxestións lectoras para este verán. Esperamos que vos gusten. Unha aperta a todas e todos!!!

Novo e interesante enlace no BLOG da biblioteca

04/06/2020 10:58
Europe/Madrid

Bo día!

No Blog da biblioteca temos unha nova publicación, moi interesante, que nos permite acceder a diversos enlaces con libros, contos e bibliotecas enteiras virtuais. Hai para todos os gustos e idades. Animádevos a curioseala!

PINCHA AQUÍ PARA IR AO BLOG

Un saúdo!

OS BOLECHAS CARVALHO CALERO

Tamén, Os Bolechas celebran as Letras Galegas e o seu autor, Pepe Carreiro dedica un novo volume da colección "As miñas primeiras Letras Galegas" a Ricardo Carvalho Calero, ofrecendo un entretido conto co que o lector ou lectora vai descubrindo quen é o personaxe de quen se fala ao tempo que goza dunha aventura típica desta divertida familia galega.  En atención á situación excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e ás especiais circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pono á nosa disposición no Portal da Lingua.

CONTO AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Premendo na imaxe podedes ver o conto de "As  pitas baixo a choiva" de Ricardo Carvalho Calero, escritor ao que se rinde homenaxe este ano no día das Letras Galegas.

Distribuir contido
<><><>


 
by Dr. Radut