Skip to Content

Pedagoxía terapéutica

NOTIFICACIÓN PROFESORA DE PT

Ola familias, antes de nada gustaríame mandarvos moitos ánimos e moita forza para levar da mellor maneira posible estes difíciles momentos que nos está tocando vivir.

Dende aquí quero dirixirme especialmente ás familias daquelas alumnas e alumnos que acoden a aula de PT, para dalgunha forma poder continuar co proceso de ensinanza-aprendizaxe que estabamos a levar a cabo.

Para iso facilito o seguinte correo electrónico: anaptopino@gmail.com, para que vos podades poñer en contacto comigo, e deste xeito resolver as dúbidas que teñades ou facilitarvos actividades para as vosas fillas e fillos.

O traballo que facemos tanto na aula de PT é un traballo individualizado, centrado nas características e potencialidades de cada nena e neno, polo que non ten moito sentido que colgue na web do centro actividades xerais. Por iso creo que é máis axeitado que de forma individual vos poñades en contacto comigo para facilitarvos os materiais que precisedes.

Espero poder vervos moi pronto. Moita forza

Distribuir contido
<><><>


 
by Dr. Radut