Skip to Content

Escolares

COLLAGE #TodoVaiSaírBen

Mostrámosvos os collages cos arcos da vella que enviácheces. Mil grazas.

Animámosvos a que participedes todas/os para encher de cor e esperanza estes días de #QUEDANACASA.

Mándámosvos unha aperta moi forte a distancia.

#TodoVaiSaírBen#QuedaNaCasa#ProntoNosVeremos

ACTIVIDADE DE CENTRO #TODOVAISAIRBEN

Desde o Centro propoñemos a toda a comunidade educativa unirnos coa campaña #TODOVAISAIRBEN.

Faremos un debuxo dun arco da vella e escribiremos debaixo este lema. Invitámosvos a que os coloquedes nas fiestras das vosas casas. Todos/as os/as que queirades compartir o voso debuxo, podedes facelo a través do correo electrónico: infantil6cds@gmail.com e serán publicados nesta web.

Unha aperta a distancia.

#TODOVAISAIRBEN#EUQUEDONACASA#PRONTONOSVEREMOS

ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DURANTE A NON ASISTENCIA AO CENTRO POLA PANDEMIA

Debido á situación que estamos vivindo pola pandemia COVID-19, indicamos como pode acceder o alumnado para a realización das tarefas que o profesorado propón a través deste medio. Nestes momentos tócanos traballar a través de medios telemáticos, seguide as indicacións on-line.

Accederase no apartado da marxe dereita: ACTIVIDADES-ESCOLARES, atendendo a cada unha das etapas, niveis e materias.

Colgaranse tarefas todos os días, estade atentos/as ás modificacións que poidan ir aparecendo nos diferentes cursos.

Asemade, para calquera dúbida ou cuestión podedes escribirnos ao correo electrónico do centro cpi.camino.santiago@edu.xunta.es

Igualmente estamos a disposición de toda a comunidade educativa no tlf do centro 881 867 011 e no tlf 608 661 240 .

 Desexando poder voltar a desenvolver o noso traballo nas aulas o máis axiña posible.

 

PROGRAMA FESTIVAL DE NADAL EI e EP -VENRES 20 DE DECEMBRO

13/12/2019 11:45
Europe/Madrid

Distribuir contido
<><><>


 
by Dr. Radut