A lucense Alba Barral, visitará o CDAN os próximos días 20 e 21 para traballar co alumando da especialidade de Danza Contemporánea.

A bailarina conta cunha extraordinaria traxectoria no campo da interpretación e da coreografía, como o demostran as numerosas mencións e recoñecementos que leva labrado nos últimos anos, tal é o caso da XVIII edición dos Premios Max das artes escénicas, coa nominación como finalista á Mellor Bailarina Principal polo espectáculo "Brutal love poems"

 

O vindeiro luns 19 de decembro, de 18,30 a 19,30 o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organiza a actividade “Cóntoche un traxe”, que terá lugar na Aula Polivalente do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.

Xénero: narración oral / charla
Destinatarios: toda a comunidade educativa
Ponente: Montse Rivera
Duración: 60 minutos

Dunha maneira sinxela, orixinal e dinámica faremos unha viaxe no tempo para ver como era o vestiario dos nosos antepasados. A narración irá acompañada de cantigas referidas ás pezas de roupa que os vestían,
poemas de grandes da literatura galega nos que se alude a pezas do vestiario decimonónico e proxeccións de imaxes de traxes tradicionais e materias cos que se fabricaban as teas. Por outra banda, manipularemos
estas pezas de roupa e catro asistentes acabarán a charla vestidos como os seus tatara-tatara- avós. O resto do público, para que poida levar un recordo da mesma, poderanse sacar unha foto colocados tras un panel cunha imaxe masculina e unha feminina vestidos ao xeito tradicional.

OBRADOIRO BAILE TRADICIONAL

A continuación, para o alumnado de 1ºGP e para os asistentes ao Obradoiro de Danza Galega do centro, haberá unha clase impartida por Montse Rivera, que terá lugar na aula 6 do CDAN, de 20 a 22h.

  • O Auditorio Gustavo Freire de Lugo acollerá o xoves 15 de decembro, a partir das 20:30 horas, o VII Festival de Danza a favor de UNICEF

Festival Danza Lugo a favor de UNICEFA iniciativa, organizada pola Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, centro dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, conta coa colaboración do Concello de Lugo e de Ataquilla.com  

Nesta ocasión preséntase a obra Dentro de min, protagonizada polo alumnado de entre 9 e 12 anos do Conservatorio. Trátase dun percorrido polas emocións que alagan a nosa cabeza e que nos acompañan durante tódo-los momentos da nosa vida. 

As entradas pódense adquirir a un prezo de 6 euros,  a través de Ataquilla.com , no teléfono 902 504 500 ou nos despachos de billetes do Auditorio Gustavo Freire, o propio día do festival. Tamén haberá unha fila cero, para aqueles que queiran colaborar pero non poidan asistir ao festival.

O espectáculo está pensado para unir a música, a danza e o teatro cun só obxectivo: a solidariedade, en especial cos nenos.

Todos os fondos conseguidos con esta acción destinaranse a apoiar os nosos programas de cooperación e emerxencias coa infancia máis necesitada en máis de 150 países e territorios en desenvolvemento.

O Sábado 3 de Decembro terá lugar un Ballet Solidario "Polo dereito a unha educación digna das nenas e nenos de Honduras". O espectáculo, organizado pola ONG ACOES Galicia con Honduras, comezará ás 20.00 h. e no mesmo participarán a Escola Municipal de Danza de Oleiros, o Conservatorio Profesional de Danza da Diputación de A Coruña e o Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.

Os beneficios que se obteñan irán destinados ás tres escolas que ACOES mantén no extrarradio de Tegucigalpa.

A iniciativa conta coa colaboración dos centros participantes ademáis dos Concellos de A Coruña e Oleiros e da Diputación de A Coruña.

Unha fila cero para quen desexe colaborar e non teña oportunidade de ir

A organización puxo en marcha unha "Fila 0" na conta da ONG onde se poderán ingresar os donativos.

As Entradas, que están á venda no quiosko Municipal da Praza de Ourense (A Coruña), tamén se poderán adquirir na taquilla do Ágora o día do espectáculo.

Tamén están a disposición en Ticketea: https://www.ticketea.com/entradas-ballet-entradas-gala-de-ballet-solidaria-con-honduras/

Máis info en www.ACOES.org

Distribuir contido