PROBAS DE ACCESO CURSO 2022 2023. NON QUEDES SEN A TÚA PRAZA!

  • Vacantes en todos os cursos de grao elemental e profesional
  • Inscricións as probas de acceso:
    • 1º Grao Elemental: do 2 ao 25 de maio de 2022

    • 1º Grao Profesional: do 2 ao 20 de maio de 2022

    • Outros Cursos de Grao Elemental e Grao Profesional: do 1 ao 16 de xuño de 2022

  • Publicación dos horarios das probas:
    • 1º Grao Elemental: xoves 26 de maio de 2022

    • 1º Grao Profesional: venres 20 de maio de 2022

    • Outros Cursos de Grao Elemental e Grao Profesional: venres 17 de xuño de 2022

  • Probas de acceso :
    • 1º Grao Elemental: 30 de maio
    • 1º Grao Profesional Danza Clásica: 25 de maio
    • 1º Grao Profesional Danza Contemporánea: 24 de maio
    • Outros cursos de Grao Elemental: 20 de xuño
    • Outros cursos de Grao Profesional Danza Clásica: 22 de xuño
    • Outros cursos de Grao Profesional Danza Contemporánea: 21 de xuño
  • Período de matrícula:
    • do 1 de xuño ao 1 de xullo de 2022

Procedemento de inscrición ás probas de acceso grao elemental.
  Enviar un correo electrónico a conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.gal co asunto “Inscrición probas de acceso” co impreso “SOLICITUDE PROBA DE ACCESO” cuberto (para a sinatura dixital recomendamos descargar o arquivo e abrilo cun lector pdf, non cun navegador) e ademais:

 Achegar DNI ou libro de familia e foto do alumno formato carné.

 Procedemento de inscrición ás probas de acceso a grao profesional
 Enviar un correo electrónico ao conservatorio a conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.gal co asunto “Inscrición probas de acceso” co impreso “SOLICITUDE PROBA DE ACCESO” cuberto e ademais:
- Achegar DNI ou libro de familia e foto do alumno formato carné.
- Achegar xustificante de pago de taxas (indicacións no documento “INFORMACIÓN PAGO DE TAXAS”).
 PREZOS PÚBLICOS PROBAS DE ACCESO GRAO PROFESIONAL
•    34 euros por proba
Excepción:
•    Familias numerosas:
•    R. xeral: 50 % bonificación: 17 euros
•    R. especial: 100% bonificación: gratuíta
Documentación a aportar xunto co pago de taxas por correo electrónico: título de familia numerosa.

En caso de dúbida chame ao teléfono de atención administrativa do centro 982809642 ou escriba ao e.mail  conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.gal

PERÍODO DE MATRÍCULA

Todos os cursos: do 1 de xuño ao 1 de xullo de 2022

INSTRUCIÓNS PARA A MATRÍCULA

Para formalizar a matrícula toda a documentación será enviada ao correo electrónico do centro conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.gal

En caso de dúbida chame ao teléfono de atención administrativa 982809642 (de 9 a 14h) ou escriba ao correo electrónico do centro conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.gal

DOCUMENTACIÓN:

o   FOLLA DE MATRÍCULA (ver no adxunto) 

o    IMPRESO DE AUTOLIQUIDACIÓN (ver instrucións pago taxas matrícula CDAN LUGO 2022 2023) OU XUSTIFICANTE DE SOLICITUDE DE BOLSA

E ADEMAIS:

Alumnado que se matricula por primeira vez:

o    Fotocopia da tarxeta sanitaria

o    Fotocopia do título de familia numerosa actualizado (se é o caso)

o    Copia da resolución da patria potestade (no caso de separación legal dos pais)

o    Certificado de matrícula gratuíta (se é o caso)

o    Os estudantes procedentes doutros conservatorios: xustificante de solicitude do traslado de expediente

Alumnado do centro:

o    Fotocopia do título de familia numerosa actualizado (se é o caso)

o    Certificado de matrícula gratuíta (se é o caso)

o    Achegarase a información pertinente cando existan cambios dende a primeira matrícula (cambio de tarxeta sanitaria, datos de contacto….)

Os país/nais/titores legais ou o alumnado maior de idade poden achegar información complementaria á requirida se o estiman necesario

Esta semana teremos un obradoiro de danza contemporánea coa bailarina e codirectora de Colectivo Glovo, Esther Latorre. Será o mércores 4 de maio co alumnado de 5º e 6ºGP

Distribuir contido