Cóntoche un traxe con Montse Rivera

O vindeiro luns 19 de decembro, de 18,30 a 19,30 o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organiza a actividade “Cóntoche un traxe”, que terá lugar na Aula Polivalente do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.

Xénero: narración oral / charla
Destinatarios: toda a comunidade educativa
Ponente: Montse Rivera
Duración: 60 minutos

Dunha maneira sinxela, orixinal e dinámica faremos unha viaxe no tempo para ver como era o vestiario dos nosos antepasados. A narración irá acompañada de cantigas referidas ás pezas de roupa que os vestían,
poemas de grandes da literatura galega nos que se alude a pezas do vestiario decimonónico e proxeccións de imaxes de traxes tradicionais e materias cos que se fabricaban as teas. Por outra banda, manipularemos
estas pezas de roupa e catro asistentes acabarán a charla vestidos como os seus tatara-tatara- avós. O resto do público, para que poida levar un recordo da mesma, poderanse sacar unha foto colocados tras un panel cunha imaxe masculina e unha feminina vestidos ao xeito tradicional.

OBRADOIRO BAILE TRADICIONAL

A continuación, para o alumnado de 1ºGP e para os asistentes ao Obradoiro de Danza Galega do centro, haberá unha clase impartida por Montse Rivera, que terá lugar na aula 6 do CDAN, de 20 a 22h.